Extrema dereita á vista

Máis na Alemaña hai más, a señora xefe do partido de extrema-dereita AfD, Alice Weidel non para de subir nas enquisas das próximas eleccións alemanas e, é unha destacada nazi, pois, até en recentes declaracións consideraba Hitler como un socialista.

Por Jose Vieira | 22/02/2025

Non podemos descansar un minuto, perante os avances da extrema-dereita na Europa en que vivimos e a maioría acabará por se quedar o seu espectro.

Temos de concordar, que as nosas preocupacións, en xeral, non incomodan ós máis mozos e, o máis estraño é que tamén parece non causar calquera aprehensión, aos que hoxe se encontran entre os vinte e tantos e os 65 anos, ou sexa, a chamada poboación activa, que son a masa produtiva por excelencia.

En primeiro lugar, non conseguimos entender como os recortes sociais, que se están deseñando nos horizontes, como os recortes na sanidade publica, a diminución drástica na educación pública, a diminución sistemática da calidade dos servizos públicos, a drástica diminución do estado de benestar, que tanto custou a gañar, aos seus maiores.

Estamos a ver, a sistemática traizón das nosas xeracións ás xeracións dos nosos ancestrais, nos referimos aos nosos bisavós.

Parece inclusive, que consideramos que as guerras que aqueles trabaron para a obtención da calidade de vida que aínda hoxe imos disfrutando, non nos importa, para nada.

Máis, pensamos que os recortes sobre a calidade de vida e dos dereitos sociais debemos posuír, non son nin graves nin sequera importantes. Para a maioría son froito dos tempos.

Vivimos nun período en que a sociedade anestesiada, non ten interese en participar, na vida cidadanía, pois pensan que son moi participativos e por iso están exentos de maior implicación, pois, até votan de tempos a tempos e, con iso, participan nos destinos comúns.

Somos unha xeración de vagos de autistas sociais e, como non de irresponsábeis connosco propios e sobre todo coas novas xeracións.

Vexamos un pouco o panorama político no noso país e miremos o que se está deseñando nos diversos horizontes que nos cercan.

Dentro de casa, vemos que non se fai política minimamente entre os dous maiores partidos, pois, o Partido Popular, resolveu especialmente despois da toma de posesión do actual presidente Nuñez Feijóo, facer non unha oposición consciente e, de interese civilizado, para a consolidación dos dereitos democráticos das poboacións e, en vez diso, o que está a facer, é antipolítica, cravada de insultos e de ataques persoais, como se tratase dunha pugna dun bando de mafiosos, que queren o pastel da gobernación, sexa a que custo sexa (creando mentiras, sendo alborotadores, inconsecuentes e irresponsábeis cos seus votantes) e, sobre todo con ataques as familia dos políticos adversarios, como facían os partidos nazis.

Segue realmente a liña, que é a tónica de toda a extrema-dereita, que se xulgaba extinguida desde a segunda gran Guerra Mundial do século pasado.

Recordamos que este regreso da extrema-dereita, avanza desde a chegada ao poder no Reino Unido por, Margareth Thacher e na América do Norte de Ronald Reagan. Despois, dun interregno temporal, se instala esa mesma liña, agora, non soa en relación ao económico/financeiro, mais en todos os cuadrantes da vida das poboacións, coa chegada e repetida, de Donald Trump, nos Estados Unidos da América do Norte.

Este e mesmo xa o anterior presidente do mesmo país e demócrata Joe Biden, creou as condicións para escravizar toda a Unión Europea, de tal forma que Trump, non encontra unha oposición a esa subalternidade dunha Unión acovardada perante ese déspota fascista.

Parecenos que o adianto da extrema-dereita, ditatorial como sempre é, colleu nos Estados Unidos da América do Norte, os dous partidos demócratas e republicanos, practicamente sen diferenzas notorias, sobre o que entendían e, sobre o dominio que teñan de facer do mundo, que tiñan a seus pés.

Non imos falar dos ataques terroristas do anterior goberno democrático, como, por exemplo, mandaren dinamitar o gasoduto de en o mar Báltico, para así imporen o seu petróleo e outras materias-primas, agora americanas moi máis caras aos europeos, eliminando e sancionando a Rusia, que as vendía moito, mais baratas e con menos dificultades, ou sexa de rapidez de entrega.

Máis, non se cohibiran de mandar dinamitar ese gasoduto, onde era socio e gran investidor a Alemaña.

Os beneméritos americanos, roubando a Alemaña e vendendo os produtos moi máis caros, levaron a Europa a unha crise económica, para recuperar a economía americana.

Aínda más, impuxeron un gasto militar de loucos, a todos os seus socios da OTAN, para que as súas industrias de armamento, traballasen en pleno rendemento, como se estivésemos nun conflito global.

Este novo presidente dos estados Unidos da América, esta a proceder coa poboacións de emigrantes e coas súas xentes delitivas (non nos esquezamos que tamén o presidente está condenado por delitos que implicarían arresto), como procedeu o nazi Hitler. As semellanzas son máis que moitas.

No entanto, como estamos a ver o día a días dos partidos, como o Partido Popular, e como o seu asociado e mentor ideolóxico Vox, os americanos e as depuracións de emigrantes e de presos de delitos comúns, deben ser eliminados como facía Hitler.

Mais hai más, o Partido Popular, que sempre di que non se pode romper a unidade de España, se está a unir cun dos partidos máis independentistas da Cataluña, JUNTS.

Esta é unha deriva para eles esencial.

Por outro lado, o Partido Popular, apoia os americanos na chamada “limpeza” de cidadáns delincuentes e se esquece dos seus grandes dirixentes imputados en inmensos delitos.

O que se está a pasar na Europa?

Unha a señora Ursula Van-Leyen, que se une a Meloni, persoa que apoia os movementos fascista de resurximento das ideas de Mussolini, que apoia a presidencia do demandante do partido CDU Friedrich Merz, que xa declarou aos catro ventos, que hai que expulsar ós emigrantes e, ter man dura, cos que están xa debidamente legalizados.

Este (Friedrich Merz) adopta posturas de extrema-dereita, que foron as defendidas na reunión do grupo fascizante Patriots, recentemente reunidos en Madrid (por certo coa bendición empeñada da señora Isabel Diaz Ayuso, membro destacado do Partido Popular).

Máis na Alemaña hai más, a señora xefe do partido de extrema-dereita AfD, Alice Weidel non para de subir nas enquisas das próximas eleccións alemanas e, é unha destacada nazi, pois, até en recentes declaracións consideraba Hitler como un socialista.

Esperemos que o partido Social democrático alemán de Olaf Scholz sexa capaz de remontar e nos sacar a todos da hecatombe que está no horizonte.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.