Europa será a forza militar dos EEUU, por delegación

Tratase unicamente dunha forma de vender armas e, manter o dominio sobre os seus socios como enriba afirmamos, pois non ten sentido o estado de tensión dunha guerra no horizonte, pois, o que é desexábel é unha paz duradeira

Por Jose Vieira

Xa desde as películas americanas, que trataban de conflitos entre bandas de mafiosos, se verificaba que os xefes de calquera das bandas, raramente eran executores dos inimigos, mais si tiñan os seus equipos, en quen delegaban esas tarefas.

Se recuarmos un pouco máis o tempo, e se nos situarmos nas películas do West (normalmente chamadas de cowboys), igualmente os grandes rancheiros, non facían de executores, tiñan os seus pistoleiros para executaren os que se opuñan aos seus intereses.

Realmente os tempos non paran, os motivos das cuestións entre entidades cada vez maiores, chegando naturalmente ao dominio de países, se tornan moitas das veces extraordinariamente complexas, mais, os métodos, eses se resisten, non cambiando moito as súas formas de actuar.

Con isto o que queremos dicir, que as leccións do pasado, unhas máis recentes outras máis antigas, persisten na memoria dos políticos, indiferentemente se son do partido republicano ou do democrático.

Como podemos ler, estamos a referir aos EEUU, pois, parece que os dirixentes deste país, teñen ben fondo aprendida a lección e, desde sempre, procuraron non estender os seus conflitos ao seu territorio e, cada vez máis, van utilizando terceiros países como “carne de canón” para resolver ou polo menos o intentar, en territorios afastados do seu e, sobre todo, non utilizando as súas forzas, só en último recurso.

Realmente este país, ten aprendido algo, pois a última intervención exitosa que tiveron o século pasado, hai sido na Segunda gran Guerra Mundial, de feito un conflito moi distinguido dos que axiña se involucrou, directamente ou a través de utilización de forzas aliadas.

Estamos a recordar as directas, como a invasión da Corea ou do Vietnam.

Posta esta introdución parece que estamos nun preliminar ou introdución dunha nova intervención armada, proposta e imposta polos USA, a seus aliados, na sociedade de malfeitores, designada por OTAN.

Non nos equivocamos cando afirmamos que se trata dunha sociedade de malfeitores, pois, como todos sabemos, estes socios, foron arregimentados por imposición do “AMO”, ou sexa, polos USA, pois, era unha forma francamente exitosa de mantelos debaixo da súa “pata protectora” (esta organización foi creada para contrabalancear o “Pacto de Varsovia”, que se extinguiu, co final da URSS.

Tratase unicamente dunha forma de vender armas e, manter o dominio sobre os seus socios como enriba afirmamos, pois non ten sentido o estado de tensión dunha guerra no horizonte, pois, o que é desexábel é unha paz duradeira.

Hai un vello aforismo que reza como unhas ESCRITURAS, “unha persoa mesmo despois de morta, son necesarias polo menos catro persoas para o retirar de súa casa”. Pois, este aforismo popular, é descoñecido dos estrategas americanos e seus presidentes, pois, sempre cometen o mesmo erro e, como tal, teñen saído das varias contendas, por eles comezadas e mantidas, até teren que saír, derrotados e, co rabo entre as pernas, como se di en noso entorno.

Parece un pouco estraño que sempre que actúa cos seus habituais instintos bélicos, os USA, non claman aos ceos as inxustizas ou atropelos aos dereitos dos seres que sofren as súas represalias.

Con isto, o que queremos dicir é que o mundo en que vivimos, nos impón un sistema con medidas completamente opostas, conforme estas completamente subxugada ao dominio belicista e terrorista dos USA, ou estás máis fóra da súa esfera de chantaxe económica, militar e política “estrito sensu”.

Recuperando unha observación sobre un pasado que moitos aínda se recordan, durante os idos pasados, cada país, defendía os seus intereses particulares, como o foi o caso dos países coloniais.

Pois, os USA, coa súa larga visión belicista e sobre todo, interesados en protexer as súas industrias de morte (pode lerse como de produción de instrumentos bélicos), impuxeron na maioría dos tratados en que interviran a cláusula da defensa colectiva, a través da organización, imposta polos USA, a que sería máis lexítimo chamarlle sociedade (é un colectivo imposto polos USA), que será o mercado, coa dimensión que as súas industrias en cada momento impoñan.

Con isto o que queremos deixar claro, é que a militarización da Europa, debaixo das “patas protectoras” do ditador de políticas, tamén designado por USA, non é nin nunca foi unha prioridade dos países europeos, mais si, unha consecuencia de satisfacer os intereses das industrias americanas de armamento.

Case que estariamos tentados a dicir que dunha forma sibilina os USA, adormeceron os europeos, para aos poucos os militarizar.

Mais hai máis, de tanto finxir e, de mentir, recordemos a noticia falsa das armas de destrución masiva do Iraq, corroborada polo presidente do goberno de España na altura, o señor José Maria Aznar, que pensamos ser un dos ideólogos de Vox e non só, perderon a vergoña e agora, como promoveron a invasión da Ucraína pola Rusia (recordemos que o señor Zelensky está no poder, por un golpe de estado en Kiev, extraordinariamente sanguento, perpetrado polos USA, coa súa secretaría xeral en funcións como organizadora, no ano de 2014.

A guerra en Ucraína xa ven desde 2014.

Máis, xa estaba a Rusia desde entón, a tentar acabar coas persecucións da poboación rusa, polo goberno do antecesor de Zelensky e, sobre todo por este, coas súas leis racistas, máis estritas aínda que as do seu ídolo Hitler, contra os xudeus.

Claro que esta situación, está chea de contradicións ou talvez non, pois, os mesmos USA, defenden, unhas veces en público un alto de fogo na Palestina, mais por debaixo da man apoian e fornecen armas e apoian as mesmas leis de xenocidio, dunha poboación, agora a palestina.

Cremos sinceramente que se Henry Truman, o presidente americano que entrou na Segunda gran Guerra Mundial, do século pasado, volvese ao mundo, dimitiría e se sentiría avergoñado dos seus sucesores, fascizantes como son Joe Biden e Donald Trump.

Por iso, os “nosos amigos e protectores americanos”, están a impor aos europeos que se militarizen, contra as ganas das súas poboacións, mais coa total ou case total cobertura dos gobernos dos integrantes da Unión Europea, que non son máis do que puntas de lanzas, instrumentalizados polo estado antidemocrático que son os USA.

Non debemos esquecer que a democracia, tamén debe ser algo que exista entre os países e na ONU, non existe unha democracia plena pois, en 2024, continúa a ser a lei dos Estados Unidos da América do Norte que impón as regras e que define o que é o non o camiño a seguir.

E isto non é democracia é unha ditadura.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.