Por Daniel Seijo
Parece-me triste ver as melhores mentes da minha xeración con medo…
perdidas entre o parasitismo do sistema e a crueldade da vida,
xuventude atrapada nas drogas como rápida autopista a depresión e a ansiedade
sustancias que tentan facer desaparecer o desamor o paro ou a precariedade.
Somos a estraga do capitalismo
os perdedores do melhor dos mundos
falamos de amor libre sendo escravos dun mundo líquido, dun sexo vacío
queremos rebeldía e rebelión pero pasamos os días entre raves e resacas,
non temos futuro e por iso continuamente anhoramos o noso pasado
filhos dun mundo obreiro derrotado, netos dos fusilados
e un mal reflexo dos nosos melhores sonhos de infancia.
Nenos e nenas perdidos nun impasse de eterna adolescencia
adictos a tecnoloxía
a psiquiatría
e o mínimo esforzo.
Parece-me triste ver as melhores mentes da minha xeración xa sin creatividade
sen sonhos
sen amor
sen esperanza…
sen vida.
Se el primero en comentar