Estado Español
Galicia en Común-Anova Mareas insta a Feijóo a poñer a saúde pública e a vida da cidadanía no centro da loita contra a pandemia do coronavirus
O voceiro da formación, Antón Gómez Reino, defendeu este luns o paquete de medidas aprobadas polo Consello de Ministros, e instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a manter a unidade das forzas políticas en torno a idea de que “a saúde pública e a vida das cidadás están por riba de calquera outro interese”.
Antón Sánchez: «Feijóo debe aclarar se vai intervir a sanidade privada para reforzar a pública na loita contra o coronavirus»
O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas no Parlamento galego, Antón Sánchez reclamou que o presidente da Xunta dé conta das xestións, se as houbera, para poñer a disposición do interese xeral todos os recursos e medios das entidades privadas, tal e como permite o Real Decreto que regula o Estado de Alarma.