Entrevistamos a Semente de Berrar: «Na vida somos o que facemos, non o que dicimos nin o que din de nós.»

En Nueva Revolución entrevistamos a Semente de Berrar, un proxecto documental que pretende reflexar, en notas máis ou menos afinadas, parte da contracultura na Galiza nos últimos corenta anos.

Como xorde a idea de realizar un documental acerca da contracultura galega ao longo do últimos corenta anos?

A idea xorde da propia necesidade: a necesidade de documentar algo que nos parece moi importante, que nos dignifica como povo e que pon de valor manifestacións de antiarte que non están recollidas no global. E merecen estalo.

Hai anos que quería facer un libro sobre o que se vai documentar, este ano dende un par de editoriais se incidiu na idea pero, despois de múltiples intentos, decateime que simplemente non sei facelo. Non quería facer un glosario de bandas (con todo o meritazo que ten eso) e fíar nunha historia todo o material que hai érame moi complicado. Decidín trasladar a palabras aos protagonistas, que o conten eles e elas. E a ver como vai.

Que factor primou como nexo de unión á hora de seleccionar as bandas e o distinto material que formará parte deste proxecto?

Moi complicado porque Galiza foi unha potencia en bandas, en concettos, en faznines, en conflictividade, en droga, en tribus urbanas, en mozos e mozas do rural metendo ruido e berrándolle aos malos. A decisión foron os centros de interese que saen no cartaz do documental e intentar ter representantes de cada un deles, de distntas xeracións e de todo o País.

Quen conforma o equipo de Semente de Berrar e que os une á contracultura da Galiza?

Iago dirixe o asunto e Bruno e Xulio lle botan unha (ou mil) mans para sacalo adiante. Bruno nas redes, crowfounding e marqueting (eu nin as entendo, nin as interpreto nin me fan ben) e Xulio en todo o que en que ver co arte e merch. Ambos MÁQUINAS. É un traballo obviamente militante e desinteresado se entendemos interese dende a perspectiva puramente mercantilista. E nos rouba (ou da) moitas horas. Mellor non contalas.

Na parte técnica contratouse a No Major Films de Lalín na realización e producción e Alba Gallego na edición e montaxe, que, nas axudas precias de como enfocalo se están portando de luxo e teñen unha experiencia de sobras acreditada para facer algo chulo.

O “faino ti mesmo”, a autoedición, foi un soporte vital para a contracultura no noso país ao longo do tempo, supuxo esta especie de “tradición” un factor decisivo á hora de escolher o micromecenazgo como vía de financiamento ou simplemente a falta de apoio institucional segue a suponher unha condea neste sentido?

En efecto. Había formas de facelo e ao mellor temos que recurrir a elas. A edición privada sería a vía B e moi agradecidos de que no caso de ser preciso se puidese levar a cabo, pero case é un exercicio de testeo e de País. Non somos capaces de sacar adiante un proxecto de tod@s entre tod@s? Entón mal vamos. Ha achegas dende cinco euros e sería un exemplo poder facelo así.
Na vida somos o que facemos, non o que dicimos nin o que din de nós.
Todos escoitamos falar da Movida madrilenha ou o Rock Radical Vasco, pero quizais as nosas propias creacións culturais máis recentes resúltannos en certo modo desconhecidas, cústanos reconhecer e ponher en valor a contracultura local?
Acertas outra vez. O RRV é algo para estudar nos libros porque é o berro dunah xeración: un movemento de masas que foi á vez vangarda e popular. O soño de calquer movemento cultural que se considere «rebelde».
En Galiza, polo que fóra, non foi tal, pero nin moito menos a pasividade que moitas veces nos queren vender. Houbo selos,  bandas, zines, okupas, tendas de discos, un circuito onde tocar tanto alternativo como comercial (persoalmente penso que ambos son necesarios) e todos os elementos para poder ter sido algo máis, no sentido de chegar a máis xente.
é certo que aquí si somos moi cafres, e non a banda. Eu escoitei chamarlle a Skarmento españois por cantar un tema en castelán, a Siniestro Total pijos por ir a Madrid ou gilipolleces así. O nivel de exixencia por según que xente é tope de gama….esa xente hoxe nin está nin se lle espera e moi poucas veces foron exemplo de algo que non fose soltar bilis ola boca ou tomar as cousas como un pasatempo persoal. Destruir por destruir. Os Keltoi! teñen un último tema moi bó que se pode aplicar ao que conto «xuízos de barra».

Pode chegar a suponher Semente de Berrar unha plataforma desde a que reactivar a longo prazo a contracultura galega? Como definiriades o estado da nosa contracultura na actualidade?
Non. Se esto sae adiante cun resultado que consideremos bo ás que perdemos (ou gañamos) tempo, esforzo e cartos é suficiente. Polo menos pola miña banda.
A actualidade…eu levo unha vida un pouco ao marxe da escena e non che podería dicir…case entre bambalinas….O do Covide fai difícil unha valoración nese aspecto. Pero ben, non a vexo, non.

Que salas, grupos ou festivais resultan imprescindibles cando un pretende comezar a conhecer un pouco a cultura galega máis rebelde?
O meu grupo fetiche son Soak, a miña sala favorita o Anoeta de Vigo, festivais o Freixo pero por sorte calquera persoa podería decirche outros tres e serían igual de bos.
Ten a contracultura en Galiza un claro selo proletario e un resaibo a rebelión?
Mmm…difícil….e creo que a miña opinión nesto inflúe moi pouco….No de rebelión sen dúbida…o caso é que para moita xente Silvia Super Star puido ser moi rebelde pola estética tan pouco convencional que levaba, Siniestro Total por vacilar aos Ayatollahs e Skacha por chamar a greve xeral. Para min as tres cousas son rebeldes e non son quen para establecer o que é máis ou menos importante, aínda que si teño prioridades. Mais a miña mirada neste proxecto non importa.

Sobre cultura proletaria…houbo de todo e sería moi difícil de definir e volvo o mesmo…Manolo Rivas ou La Naval son ou non proletarios? É unha discusión que non me interesa, o que me interesa é que Rivas é unha figura clave en Galiza.

Por que os nosos lectores deberían colaborar para sacar adiante “ Semente de Berrrar?

Porque somos nós, porque é de tod@s, porque dignifica e porque imos facer un traballo da hostia!

Let´s go!

E para reamatar, que banda sonora debe acompanhar a esta entrevista?

Repito por fan: Soak porque Aquí non se rinde ninguén!

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.