Por Telmo Comesaña
Hai días nos que os momentos que se viven saen da rutina diaria. O caso do día 24 de xullo 2020 é un deles. Na derradeira páxina do Faro de Vigo pódese ler a entrevista que lle fan ao xesuíta Pedro Armada Díaz de Rivera -sacerdote.
– Investigó la matanza de jesuitas de El Salvador.
O titular faime pensar máis aló do que esperaba esta véspera do Apóstolo. (Día festeiro e de lecer en Galicia).
–El padre Ellacuría era subversivo por ponerse al lado de pobres y víctimas.
El dolor causado por un crimen no se resuelve con el olvido, sino con el reconocimiento dela verdad, el arrepentimiento y la dignificación de las víctimas, asegura.
Toda unha declaración de humanidade; penso eu.
A entrevista feita polo xornalista Tino Pertierra, debese a que o xuízo polo asasinato do xesuíta Ignacio Ellacuría e outros catro relixiosos españois en El Salvador no 1989, arrancou o ía 8 no mes no que andamos, na Audiencia Nacional (España). No banquiño dos acusados, o excoronel e antigo viceministro de Seguridade Pública salvadoreña Inocente Orlando Montano, e René Yushsy Mendoza, tenente do Exército. Para a Fiscalía, ámbolos dous “participaron na decisión, deseño ou execución” dos asasinatos o 16 de novembro do 1989. (…).
O xornalista vai formulando preguntas cuxas respostas son moi claras; unha delas é:
-¿Qué es el perdón para Ud?
-Lo veo como un paso necesario previo a la Reflexión. Muchas veces hablamos de un camino que sería “verdad-justicia-perdón-reconciliación” . Conocer la verdad de lo que pasó en este y otros casos será un bien para El salvador, contribuirá a la justicia para las víctimas, constituirá un paso trascendental en el proceso de la reconciliación, (…)
Reflexión
Este xesuíta déixanos as “claves” para a Reconciliación. Está claro que non pode haber reconciliación sen os principios fundamentais que argumenta ese sacerdote. Nacións Unidas recrimínalle ao Estado Español a desidia para resolver o que eles chaman “El caso español” (condenar a ditadura, recoñecer ás vítimas, anular os xuízos sumarios, rescatalos restos das fosas comúns e entregalos ós seus familiares, etc). Moito máis queda por mencionar, por exemplo: represión en cárceres e campos de concentración, traballos forzados, exilio, nenos roubados, incautación de bens, etc.
-Por qué en España vivimos nesta situación tan dolorosa para centos de miles de cidadáns e cidadás españois e temos que soportar desprezos, insultos e abusos de poder?
-Por qué tanta insensibilidade na sociedade diante dun problema que avergoña ao Estado español e á cidadanía en xeral?
-Pódese admitir que algún presidente do goberno de España se permita ofendernos publicamente e non pase nada?
Buscando en Vigo
Familiares de asasinados-paseados e fusilados despois de xuízos sumarios- seguen buscando en Vigo os seus restos. Adicámoslle tempo a esta tarefa, pero é enormemente gratificante cando lle dis a algún deles que si, que está en Lavadores ou na fosa común de Pereiró, ou no osario xeral. As familias con posibilidades económicas veñen ó sitio: abrázanse, choran, e só pensan en rescatalos para xuntalos cos da avoa. Ninguén fala de odio, pero mostran a profunda dor.
Nun deses encontros, cando xa íamos saíndo do cemiterio unha señora que viu coa familia dende o Mediterráneo, cos ollos cheos de bágoas, dicíame: -¿Por qué nos desprecian, señor? ¿Por qué nos odian?. Llevamos años buscando en pueblos, en iglesias, en ayuntamientos y nadie nos contesta. Estaba preocupada por morirme sin saber dónde podía estar enterrado mi padre. Ahora siento el mismo dolor, pero ya puedo decir que llegué a su lado.
-Casos semellantes como este podo dar fe deles. Logo nace unha achega de agradecemento e simpatía que emociona.
Resumo
Dos desprezos e insultos a miña persoa tamén os teño sufrido; de moitos políticos aos que non teño forma de achegarme, noutros casos directamente e en “cartas ao director” na prensa diaria e, outras veces un bacío que insulta sen palabras.
E todo isto acontece nunha España que presume de democrática cando incumpre sistematicamente o artigo10.2 da Constitución.
Remato coa contestación que o Papa Francisco lle deu ao xornalista Jordi Ébole cando lle preguntou qué pensaba que en España seguía habendo fosas común. A resposta moi diplomática foi: una nación que esconde a sus muertos no puede sonreir.
Telmo Comesaña é Presidente de la Asociación Viguesa pola Memoria Histórica
Se el primero en comentar