![]()
Non podemos esquecer que o gran obxectivo do señor Trump e é iso que transmite internamente a seus socios republicanos e até aos demócratas, é de que todo o que está a facer é para dominar o mundo de tal forma que China sexa máis unha colonia dos USA
Por Jose Vieira | 14/03/2026
Estamos completamente nun mundo que se asemella dunha forma infelizmente a un Estado Salvaxe.
Os Estados Unidos da América do Norte (USA), lanzan nunha invasión militar, dun país que non o tiña atacado, nin ás súas bases nin a seu territorio.
E máis, sen unha declaración de guerra do seu Congreso, que puidese lexitimar esta acción. Mais hai máis, igualmente no respecto a Carta das Nacións Unidas e, como tal o Dereito Internacional.
Esta actitude salvaxe dos USA, está acompañada coa parceria na invasión, coa saña de sangue que preside ao Estado de Israel, que é na actualidade, o réxime militar e de ideoloxía o máis próxima posíbel ao réxime nazi, de que tanto debían querer esquecer.
Vemos que o primeiro ministro de Israel, é a encarnación de Donald Trump no próximo oriente.
Ambos son a lei, ambos non se someten ás regras ditadas pola Carta das Nacións Unidas, ambos proceden como se estivesen sos no mundo e por dereito divino, o seu destino era de oprimir destruír e eliminar a face do planeta, todos os pobos, que non lle gustase (por razoes de pel, de memoria de ollos ou de raza), porque os ollasen de fronte en vez de para o solo cando os señores les dirixisen a palabra.
Temos estado a ver case en simultáneo pola televisión os ataques salvaxes, da coalición de malfeitores, constituída polo señor Trump e Netanyahu, ou sexa, polos USA e os Israelitas.
Xa se contan por miles as vítimas dos ataques de ambos, os notorios socios, co apoio covarde e hipócrita dos países da Unión Europea e, ao mesmo tempo, dos países do próximo e medio oriente, que igualmente como o Irán, teñen poboacións maioritariamente islámicas.
Logo nos primeiros bombardeos, caeron unha gran parte dos máximos dirixentes do réxime iraniano e, entre eles a súa autoridade suprema, o Ayatollah Jamenei.
Pero este pobo, a pesar deste espantoso golpe, non se entregou e, está a responder, cos medios de que dispón, atacando bases militares, onde están as tropas americanas, que controlan a zona, defendendo os seus intereses, a maioría das veces ilexítimos.
É evidente que os iranianos coas súas respostas militares aos ataques americanos/israelís, tamén causan mortes, vítimas da ambición de ambos os delincuentes Trump/Netanyahu.
Non podemos continuar, sen referir as declaracións descoloridas e covardes, a dar o apoio a actuación dos USA/Israel, na invasión, masacre e, aniquilamento do Irán, pola señora Ursula Von Leyen, de Kaja Kallas, e do secretario xeral da OTAN, o empregado do señor Trump, Mark Rutte, todos defendendo e xustificado a violación do Dereito Internacional.
Como mínimo é incomprensíbel, para non dicir que revelan unha postura de funcionarios de Trump e, que non podía facer outra cousa que non fose ser a “VOZ DO DONO”.
Hai unha clara e imposíbel razón, para dicir unha vez máis, que os USA e os Israelitas, usan de mala fe e de métodos perfectamente incorrectos, para non dicir con premeditación terroristas, pois, como todos sabemos, estaban a decorrer negociacións na Suíza, parecendo que estaban a ser ben sucedidas, dado que a delegación do Irán estaba a practicamente aceptar as medidas de control da Comisión de Control da Enerxía Atómica.
Gustaríanos deixar aquí as palabras do ministro de relacións exteriores do Estado de Oman, Badr Albusaidi, que afirmou que nas negociacións da Suíza, ambas as partes mostraron “unha abertura sen precedentes”, o que significa, conforme afirmamos enriba, que as discusións estaban a mostrar unha flexibilidade total, nos límites máis complexos das nucleares e, como tal anunciando un alivio para ambas as partes.
Isto revelaba que Teherán, comprendera as pretensións dos USA, mesmo nos temas máis polémicos que serían os dos misiles balísticos.
Foron presentados, por parte dos iranianos, xestos debidamente preparados e deseñados, para permitir que Donaldo Trump, puidese quedar satisfeito, dado que ese camiño era moitísimo ventaxoso, sendo até moi máis que o acordo de 2015 (recordar que os USA, se afastou deste último o ano de 2018).
Mas os USA, estaban soamente a distraer as atencións e covardemente atacaron o país de forma salvaxemente coa colaboración de sempre dos sanguinarios israelitas.
Mas realmente iso non, é nin era o pretendido polos socios invasores (USA/Israel), pois, o seu único interese era e é, o dominio das súas reservas de petróleo e co seu dominio sobre estas, poder estrangular o desenvolvemento da China, dado que esta depende en cerca de 14,4% do petróleo do Irán.
Non podemos esquecer que o gran obxectivo do señor Trump e é iso que transmite internamente a seus socios republicanos e até aos demócratas, é de que todo o que está a facer é para dominar o mundo de tal forma que China sexa máis unha colonia dos USA e, só se mova polos camiños que os USA, lle permita seguir.
Quere os israelitas, quere o señor Donald Trump, se están completamente á marxe nin teñen o mínimo interese nas desigualdades sociais do Irán, e moi menos llas mulleres son o non un instrumento que utilizan como sendo un obxecto.
Os Israelitas non queren saber se estas se visten segundo as leis o máis ortodoxas do islamismo o non.
Para os socios do mal, o que lles interesa é dominar toda a zona e se faceren coas reservas de petróleo e gaz e así poderen conseguir ambos dominar, sen límites nin de máis mínima contestación o mundo en que todos estamos confinados.
Se el primero en comentar