O índice de Gini considerase como un dos mellores medidores da desigualdade social, e como tal, ten sido utilizado por case todos os autores, que a este problema da desigualdade dedican a súa atención.
Por Jose Vieira
A desigualdade social, ten sido sempre unha das nosas preocupacións desde sempre, tendo mesmo, merecido un apartado a parte dunha das nosas obras “A Nova orde”.
Non foi por acaso que na capa figurou unha imaxe dun cadro do índice de Gini.
Até ao momento, considerase como un dos mellores medidores da desigualdade social, e como tal, ten sido utilizado á praza dos tempos (tras as súas primeiras utilizacións), por case todos os autores, que a este problema dedican a súa atención.
Por esa razón imosnos servir para este noso texto dun traballo levado a cabo pola Unión de Bancos Suízos, no seu estudo sobre este tema, e para un conxunto moi amplo de países. Este cadro que expomos no fin deste texto, recibiu o nome de:
WEALTH INEQUALITY
Este estudo analizou a través do índice de Gini, a 29 países distribuídos por todos os continentes.
Así este traballo distribúe as barras do seu gráfico de máis desigualdade a menos desigualdade (en inglés: more equal at lese equal), sendo o índice da maior desigualdade estudada de 82 e o de menor desigualdade de 46 (VER CADRO).
Para se poder interpretar este índice, basta ter en atención, que considerando a máxima desigualdade, representada polo número 100 (cen), que significa que un único individuo dispon de toda a riqueza existente, e que a máxima distribución da riqueza igualitaria, entre toda a poboación, sería o índice igual a 0 (cero). Estes serían os índices límite que infelizmente non foron nunca atinxidos.
O gráfico que presentamos, se refire ao estudo sinalado e, baseáronse nos datos de Gini elaborados entre 2008 e 2023.
Como por veces os gráficos son máis difíciles de interpretar, imos dar o gráfico so a forma dun cadro (será un pouco grande, mais pensamos ser máis fácil a súa lectura).
Este comezará polo país de menor desigualdade, até ao de País de maior desigualdade estudado:
PAÍS ESTUDADO | VALOR DO ÍNDICE DE GINI | |
Bélxica | 46 | |
Qatar | 48 | |
Australia | 54 | |
Xapón | 54 | |
España | 57 | |
Corea do sur | 57 | |
Italia | 57 | |
Francia | 57 | |
China | 59 | |
Taiwan | 60 | |
Reino Unido | 61 | |
Dinamarca | 62 | |
Hong Kong | 63 | |
Israel | 64 | |
Finlandia | 64 | |
Países Baixos | 64 | |
Austria | 65 | |
Suiza | 67 | |
Alemaña | 68 | |
Indonesia | 68 | |
Singapur | 70 | |
México | 72 | |
India | 73 | |
America do norte | 75 | |
Suecia | 75 | |
Arabia Saudita | 77 | |
Emiratos Árabes | 77 | |
Brasil | 81 | |
Sudáfrica | 82 |
Imos interpretar os principais índices que nos saltan a nosa vista.
Así o país de maior desigualdade, Sudáfrica, podemos dicir que cerca de 10% da poboación dispón de más ou 80% menos da riqueza do país.
Isto é algo que nos parece perfectamente inmoral, o que significa que a pesar da riqueza do seu subsolo, esta non ten sido repartida dunha forma minimamente igualitaria.
Para que comprendamos mellor esta situación, Sudáfrica, na actualidade (2023) a taxa de paro, oscilaba entre 30 e os 33%, mentres tres anos antes (2020), era de cerca dos 20 a 22 %. Unha caída de máis ou 10% menos.
En termos de porcentaxe en Sudáfrica, a desigualdade creceu entre o ano de base de 2008, creceu cerca de 17, 8%.
Non podemos deixar de referir o Brasil, que é un caso impresionante do crecemento desorbitado do número de multimillonarios, que só un ano (entre 2023 e este primeiro semestre), pasou de 51 a 64.
Posta en porcentaxes, a desigualdade no Brasil aumentou en 16,8 % desde o ano de partida do estudo, ou sexa, desde 2008.
Por outro lado, é moi exemplificativo, o caso dos Estados Unidos da América do Norte, que é un dos 6 peores en termos de desigualdade, pois, como sabemos, mais que queremos sempre considerar a América como o “súper zume da batata” parecendo que o que de alí vén é o mellor do mundo.
Igualmente é sorprendente o caso da Suecia que aínda está en posición, mas, má do que os Estados Unidos no quinto peor lugar en termos de desigualdade.
Non podemos deixar de nos congratularmos, pois, a España ocupa o quinto lugar dos países en que as desigualdades están máis diluídas presentando un índice de Gini de 57 (sempre tomando como base o ano de partida de 2008). No entanto hai un senón, pois o ano de partida España estaba menos desigual, pois o índice de entón, era de 47. Isto é unha caída da riqueza distribuída de cerca de entre 19 e os 20%.
Non podemos deixar de dicir que esta quebra en España ten moi a ver co aumento de riqueza dese extracto de grandes fortunas, do país, que en número non representan máis do que pouco máis do 1% da poboación.
Diremos despois de encomiar a posición da España, que o preocupante, é a acentuada perda de igualdade desde entón. Esta perda, veu a ser só superada por países como a Finlandia cunha perda de 21 % e de Singapur con cerca de 23%.
Resta dicir que segundo estes estudos, o país máis brillantemente en cabeza a lista dos menos desiguais é a Bélxica, co índice como deixamos no cadro de 46, pronto seguida do Qatar con 48, do Xapón e da Australia ambos co índice de 54.
Se el primero en comentar