Desigualdade social (II)

Aumentar os impostos sobre os beneficios, ou os dos lugares, non aumenta o prezo do traballo, para o empregador, permitindo financiar dunha maneira moi eficaz, as transferencias sociais.

Por Jose Vieira | 31/12/2024

Partimos dunha pregunta:

Será posíbel a substitución entre o capital e o traballo, sen límites?

O primeiro que se nos ocorre, é que esta posibilidade non está limitada pura e simplemente por un proceso meramente tecnolóxico, ou mellor dicindo por unha cuestión de oportunidade tecnolóxica.

Se estamos dentro dunha economía de mercado, serán os empresarios, dito no singular, quen determinará o número de traballadores a contratar, sempre e cando o custo deste desembolso, sexa inferior, a outro calquera custo de inversión en capital, sempre como dicimos, lles aporte máis ganancias.

Así podemos dicir, que sempre que a produtividade marxinal do traballo, sexa superior ao respectivo prezo, do que custe adicionar máis traballadores (non deben ser excluídos os gasto adicionais que arrastran consigo a contratación de más unidades de traballo, físico).

Temos en evidencia, un exemplo que todos coñecemos, de primeira man, a industria de restauración, en que é máis que evidente esta cuestión de custos de produción.

Estamos perante unha industria intensiva en traballo e que, por tanto, onde se ve facilmente a maior facilidade en aumentar a produción aumentando o número de traballadores.

Por outro lado, en empresas onde o capital é máis intensivo, tornase moi difícil, mentres en empresas como a enumerado enriba en que o prezo do traballador adicional en xeral é débil a situación é máis fácil.

Posta esta primeira cuestión, podemos avanzar que a situación debese a unha relación de reparto entre os prezos do capital e do traballo e, dos permanentes axustes que se van operando a nivel da estrutura da produción no mercado.

Esta noción de marxinalidade, foi unha introdución na economía polos chamados marxinalistas, en oposición a los clásicos como David Ricardo ou mesmo Karl Marx.

Esta co frontalidade, manifestase dunha forma extremadamente forte, especialmente entre os anos de 1950 e 1960, entre os economistas de Cambridge en Inglaterra e os seus semellantes de Cambridge no estado de Massachusetts, nos Estados Unidos da América do Norte (USA), con Robert Solow, sobre a chamada “función de produción agregada”, que non era nada máis do que unha sintética representación das distintas posibilidades de substitución, entre o capital e o traballo, mais agora a nivel global da economía.

Estivemos a abordar, aínda que de forma moito simplificada o concepto da substitución do capital/traballo.

Agora, imos entrar na cuestión de se facer a redistribución directa ou a redistribución fiscal.

Como podemos ir imaxinando, estamos no camiño non só da desigualdade, mais naturalmente dos instrumentos que ou a determinan ou a atenúan.

A dualidade redistribución directa ou redistribución fiscal.

Temos que procurar saber cales as consecuencias da aplicación de cada unha destas alternativas, no sentido a seguir no camiño a percorrer para a eliminación das desigualdades sociais.

Como vimos a ensaiar, a redistribución directa, pon en evidencia a implicación das empresas contribuíren de forma directa, por exemplo, aumentando os salarios dos traballadores.

Teriamos unha redistribución completamente a custa dos empresarios e, que non se aumentasen os prezos finais dos seus produtos, unha perda de ganancias, como primeira consecuencia.

Por outro lado, a redistribución fiscal, esta sería efectuada a través de impostos sobre os beneficios das empresas, só dependendo do nivel deste.

Unha vantaxe considerábel, da redistribución fiscal, é que permite, dunha forma evidente, separar os prezos do traballo pagado polas empresas aos respectivos traballadores.

E deste xeito, ficaría exime o preservada a asignación dos prezos e, ao mesmo tempo, que se fai a redistribución das rendas.

Convén desde xa unha primeira conclusión, sexa cal sexa, o tipo de distribución que se queira facer, a redistribución fiscal será sempre superior (nos supomos nunha economía de mercado).

É por de máis evidente que en redistribucións directas, algunhas poden ser mellores do que outras, mais xamais podemos esquecer que en economía de mercado, irían ter fortes consecuencias no volume de traballadores, pois, elevación de salarios, induce normalmente unha retracción dos empresarios en aumentaren os seus contratados.

Temos aínda de ver que tamén se ten que ter en atención, non só os casos illados de empresas ou mesmo sectores, pois, é un problema global da economía.

Mas unha cousa é correcta, que aumentar os impostos sobre os beneficios, ou os dos lugares, non aumenta o prezo do traballo, para o empregador, permitindo financiar dunha maneira moi eficaz, as transferencias sociais (as cargas sociais).

A noso ver, queremos dicir que lla financia cunha transferencia social compensatoria, se fai por un problema de xustiza social e, non, por unha ineficacia do mercado, a redistribución se debía facer, a través de impostos sobre os beneficios das empresas e, xamais por manipulación de prezos.

É sempre mellor ofrecer un encaixe extra a un traballador de salarios baixos ou débeis e, con esa política el pode afrontar prezos máis altos, do que practicar unha baixada de prezos.

Non podemos esquecer que en xeral o control de prezos leva en moitos casos ao abandono da produción de determinados bens que foron rebaixados, levando ao racionamento a quebra de oferta no mercado.

Claro que temos falado en substitución entre capital e traballo, e antes de que sigamos, debemos introducir máis unha base de raciocinio, que a noción de elasticidade entre ambos.

Así esta grandeza económica, mide a capacidade de substitución entre estas dúas grandezas.

É con esta grandeza que as empresas poden concluír se desexan baixar a cantidade de capital e subir a cantidade de traballadores. E viceversa.

Naturalmente, que o conxunto destas actitudes, traen consecuencias quere a nivel microeconómico como no macroeconómico.

Así unha elasticidade alta, significa para o conxunto da economía, que será fácil meter máis traballadores por unidade de saída de capital.

Queremos terminar este texto, dicindo que lla elasticidade de substitución de capital por traballo, é maior que a unidade, entón o aumento, por exemplo do 1% dos salarios, traería como consecuencia unha perda de traballo de traballadores superior a ese 1%.

Continuaremos este texto sobre a desigualdade social.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.