Dereitos, liberdades e garantías, quen as paga?

Por Jose Vieira

Moito se ten falado, sobre os dereitos e liberdades dos cidadáns, sexa en que país sexa, sexa en que réxime sexa. É un tema tan vello, como a existencia do home, desde que o seu estado se tornou gregario. Non podemos por en dúbida, que tal cuestión, xurdiu o primeiro día en que se encontraron os dous primeiros, nosos avoas. Esta necesidade de esclarecemento e definición, se encontra nas diversas Cartas Constitucionais dos países actuais.

En moitos dos países do noso entorno, inclusive nas Asembleas Representativas, se constituían comisións, que se dedicaban a discutir na especialidade, aquilo que debería conter o non, os chamados Dereitos, Garantías e Liberdades dos respectivos cidadáns, reformar actualizar o completar, o que facía falta para unha sociedade contemporánea e civilizada.

Nestes casos se partía dunha certa democracia, e o que se facía era unha adecuación da súa lei fundamental aos tempos en curso.

Noutros países que chegaban à democracia, se constituían en principio Asembleas Constitucionais, que despois de elaboraren a respectiva lei básica de funcionamento, dando, por iniciado, todo o proceso de democratización, de acordo con esa lei fundamental. Se estabelecía un sistema de convivencia democrática, desde as bases, conformando así, as ganas da cidadanía.

Soamente despois deste paso fundacional e fundamental, se estabelecía novas eleccións, que segundo o clausulados na Lei Constitucional aprobada e elaborada democraticamente, se puña en marcha un poder executivo, que saia desas eleccións. Todo o máis estaba regulado fundamentalmente na lei Constitucional e, que serviría de Guión esencial, para a actuación do Goberno electo.

A pesar desta, ser a forma de elaboración dunha Constitución democrática, no entanto, nalgúns países democráticos, moi poucos, utilizaron procesos oblicuos e elitistas, para elaborar as súas as chamadas Cartas Constitucionais.

Estas excepcións, que optaron por un grupo de expertos (non sabemos de qué), para crearon unha lei básica, de acordo coas orientacións dunha elite vinculada a antigos réximes, non democráticos, se ficou a deber a que eses grupos elitistas non querían permitir, vir a perder, as súas prerrogativas de clase.

Volvendo ás formas democráticas de elaborar a lei fundamental, estas foron consensuadas por unha cámara constituída para esa finalidade (as chamadas Asembleas Constituíntes). A constitución destas foi o resultado dunha elección de representantes da respectiva poboación, a través dunha previa elección nacional, entre os distinguidos partidos políticos.

Estes podían, desde xa existir ou se configuraron en tempo e se constituíron, para participaren, teren voz e protagonismo, nesa lei que determinaría a forma de implantación do réxime democrático.  Así o traballo desas Asembleas Constituíntes, estaba no só lexitimado debidamente, a través, do proceso electoral dunha democracia, realmente representativa.

O outro proceso, como enriba referimos, se trataba dun gravame dun determinado goberno, que facía reunir uns cantos elementos, que consideraba de súa confianza e os encargaba de facer unha determinada Carta Constitucional.

Este caso, non pasa por un proceso democrático, pero si, autocrático pois se outorgaban a eses señores, que irían facer unha determinada Constitución, a potestade de facer algo para a cal só os “ceos” os orientaban e limitaban.

 Serían como que a voz de algo para a cal non foran escollidos nin mandatados polo pobo que, se tería a favor ou contra as súas ganas, que rexer por ese documento.

Naturalmente, “a posterior”, se daba a regularización, do que non se podía regularizar, a través de vehículo chamado referendo. A certa farsa ou engano, dun engano hai poboación a través dunha tal farsa. Era a forma de dar ao mundo, a idea de que se facía a lexitimación dun sistema político, que non era máis, do que a continuidade garantida polas forzas da continuidade.

As diferenzas son abismais, entre os dous procesos referidos pois, un segue a liña dunha democracia participativa e representativa, onde se estabelece unha relación directa de participación, entre os cidadáns e os seus representantes, así como, a libre discusión entre as diversas posicións políticas, asumidas desde pronto, pola respectiva cidadanía.

A outra opción non ten nada a ver cunha Carta Constitucional, formalmente democrática. Pois como vimos dicindo, é encargado a un conxunto de cidadáns, unicamente da confianza duns cantos gobernantes e intereses en xogo, que van dar forma a un gravame, dos seus clientes (o goberno que os tiña encargado ou os señores que nel mandaban), dando o perfil que a ese mesmo demandante lles impuxo, “amarrado e ben amarrado” os seus intereses.

Unha primeira conclusión, é que o primeiro modelo será perfectamente democrático mentres que o segundo, non o é, e máis, a súa aprobación por referendo, non pode nin lle dá carácter democrático.

Así as Cartas Constitucionais, contén tamén en si mesmas, títulos en que se abordan os chamados dereitos e deberes dos seus cidadáns.

Comezando pola Carta Constitución dun país cuxa súa lei fundamental, foi elaborada de forma democrática, os chamados dereitos e deberes fundamentais, son expresados na PARTE I DEREITOS E DEBERES FUNDAMENTAIS, TÍTULO I PRINCIPIOS XERAIS, LOGO É SEGUINDO NO TÍTULO II. DEREITOS, LIBERDADES E GARANTÍAS E, NO SEU CAPÍTULO I. DEREITOS, LIBERDADES E GARANTÍAS PERSOAIS.

Como podemos ver, a seguir a estrutura doutra Carta constitucional, de distinta elaboración ten un figurino algo distinto.

No caso dunha Lei Fundamental, a través dunha encomenda a uns cantos “expertos”, por exemplo a Constitución Española, é patente que na súa elaboración, foi seguida por unha orde e principios distintos, a pesar de reflectir as ganas, de introducir elementos que desen a entender, que se copiaban figurinos do tipo europeo (noblesse oblige)

Así esta fala no seu Título I. DOS DEREITOS E DEBERES FUNDAMENTAISES, logo no seu Capítulo II. DEREITOS E LIBERDADES, no Capítulo III. DE LOS PRINCIPIOS REITORES DA POLITICA SOCIAL E ECONÓMICA no Capítulo IV. DAS GARANTÍAS DAS LIBERDADES E DEREITOS FUNDAMENTAIS para pronto, no Capítulo V. DA SUSPENSIÓN DOS DEREITOS E LIBERDADES

Vemos que, non segue a mesma estrutura, no entanto, parece que os facedores da referida Lei fundamental, non se quixeron afastar moito do figurino común na Europa (conforme enriba referimos). Outra cousa será a súa aplicación e a súa consonancia coas leis regulamentadoras.

Partindo desde esta base e, admitindo que o “camiño se fai andando”, podemos dicir que dunha forma ou doutra o figurino Constitución española, conteñen dalgunha forma os mínimos para que se poda dicir que existen preservados dereitos, algunhas garantías destes e igualmente unha liberdade de figurino volátil.

No entanto, as accións e as respectivas tomadas de consciencia das limitacións e da realidade consentida, se caída con debía ou non as usar!

Nesta altura, nos xorde unha pregunta que nos gustaría propor e, que ao mesmo tempo, imos procurar responder e xustificar.

A pregunta é:

SAN OS DEREITOS, AS LIBERDADES E, AS SÚAS GARANTÍAS, DOS CIDADÁNS GRATUÍTAS?

Xa vimos enriba, de como e onde se consubstancian, agora imos intentar mostrar como as cousas, neste tema se articulan.

O asunto en cuestión, comeza cunha polémica que alimentan os continuístas (non os queremos chamar “negacionistas capitalistas”… e xa veremos, porqué dadas as súas contradicións).

Neste momento, pomos máis unha cuestión que é elemental para o tema

Que tipo de dereitos existen?

Moitas veces se escriben e se defenden, dereitos positivos e dereitos negativos. A isto, se procura asociar a idea de que uns corresponden a unha actuación (chamada por acción) mentres os negativos, defenden que existen por falta de acción (podendo esta ser voluntaria o por omisión).

Case sempre os “ilustres capitalistas neoliberais”, din nas súas comunicacións de propaganda e intoxicación da poboación, a través da súa comunicación, que temos demasiado Estado, e que este non sabe xeirir.

No entanto, o que non é verdade pois, o que queren dicir, pero non din, é que queren é fornecer   os servizos públicos que presta o Estado de forma gratuíta, a través dos seus monopolios particulares, obtendo así à custa dos cidadáns enormes lucros.

Basta reparar, na saña dos gobernos de Felipe González, Aznar, Rajoy e compañía, que privatizaron case todo o que realmente interesaba ao grande capital (electricidade, teléfonos, redes eléctricas, concesións de autopistas, abastecemento de auga, xestión de residuos de todas as especies, entrega de bancos despois de sanear co diñeiro de todos os españois, etc.).

Actualmente queren tamén as forzas armadas os corpos policiais, para baleirar o sentido de Estado.

Como se garanten os dereitos de vivir en paz os cidadáns de España ou doutro calquera país? Naturalmente, a través da creación dun conxunto de regras de convivencia, que son fiscalizadas e garantidas pola existencia de forzas da orde.

Quen as pagada?

Naturalmente os impostos que o Goberno ingresa todos os anos, e que resultan das obrigas de cada cidadán.

No entanto, os señores defensores do neoliberalismo caníbal, como a señora Ayuso, en Madrid, e o señor Casado desde Xénova (o dono do PP), promete máis liberdade e abaixamento de impostos aos ricos. Como é posíbel dar máis garantías de liberdade sen diñeiro para as pagar?

Como é posíbel sustentar unha eficiente rede de saúde para os cidadáns, sen a contratación de máis medios, para satisfacer o aumento das necesidades?

No entanto, os ricos e poderosos, queren menos gasto do Estado, queren por iso menos Goberno, e que se lles dea todos os servizos para eles aínda se faceren máis ricos e poderosos.

Mais, para que iso poida acontecer, queren que o Estado lles garantise a seguridade de súas persoas e de seus bens. E para que tal aconteza, non podemos deixar de referir que o dereito de propiedade é asegurado aos tales señores saúde, educación, de atención a discapacitados, lares de terceira idade, por un gasto do Estado. Así como, a súa seguranza é asegurada polo Estado.

Entón como estes señores non queren pagar impostos pois, os poucos que pagan, o fan en paraísos fiscais, pretenden e están a impor, que quen pague o mantemento do Estado sexan os máis necesitados, que para iso terán que pasar, dunha forma definitiva, a escravos, deixando de ser individuos, para pasar a artefactos de propiedade dos ricos e poderosos.

 Finalmente, xa o conseguiron en Madrid, co PP, usando un discurso fascizante de Ayuso, manipulando non só unha faixa de electores en estado débil, QUE DEBIAN SER SUS OPOSITORES NATURALES, máis os conquista, manipulándoos con soños dunha liberdade, que non deron canta, de que os estaban a adormecendo, e os destinando, para seren o exército de dispoñíbeis, pagados a calquera prezo, para que sexan auténticos escravos e, equiparados a cousas e, aínda por riba voluntarios.

Son estes votantes das zonas máis operarías e máis febles de Madrid, quen iran pagar os dereitos, as garantías e as liberdades, non as súas, mais si a de os que os van explotar até os deixar sen camisa… pois, son desde xa, as novas propiedades dos ricos e poderosos, así como dos dirixentes, ao servizo, como a señora Ayuso.

Finalizando, todos os dereitos son activos e, non hai dereitos realmente pasivos (pois a inacción, está previamente pagada polos cidadáns, mais unicamente cos que os seus impostos, que lles son sacados desde os seus salarios dunha forma anticipada), pois, os ricos e poderosos e, os seus empregados ou representantes, nos diversos gobernos (os políticos), sexan de que cor sexan, os eximen do pagamento de impostos, de forma escandalosa, e máis, os premian, por defraudar o fisco, ou sexa, a todos nós, con cuantiosas subvencións.

Como podemos ver, os dereitos, de cada un de nós son pagados coa suor do noso rostro, mentres os que debían pagar, se encontran a untar o corpo con caros unguentos, debaixo do sol do Caribe e sen pagar un duro.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.