Por Jose Vieira
Nos teñen dito, máis dun, que os seus soños non ten sido nin calmos nin tranquilos, desde que leron ou ouviron falar nos millóns que parece que veñen da U. E., no sentido de dar vida, a todos nós que estabamos na UCI, na expectativa de saber e ver cal o tipo de NORMALIDADE, se nos viña, proximamente encima.
Pois de verdade, cremos que que existe unha multitude de consellos e todos ou case todos moi distintos nos medios e moi próximos nos fins da tal apoio (parece a terra prometida dos textos sagrados).
Resumindo:
COMO SE DESFARÁ, O MAL SOÑO?
Parece, polo menos na Unión Europea, despois desta crise ampliada pola pandemia hasta os límites que todos os días sufrimos, algo non volverá a ser como antes.
Como serán as distinguidas políticas, no futuro, serán incógnitas, que desde xa, nos preocupan dunha forma intensa.
Non poderemos ter medidas espalladas como até aquí, onde a improvisación se mantivo como principal instrumento de actuación.
Como será a política ambiental?
Como será a reconstrución real dos 27 e do seu entorno? Serán contestacións a seren esclarecidas, paso a paso, pois os programas de actuación estabelecidos e regulamentados pola U.E., estarán dependentes “do enxeño e da arte” de cada un dos países en cuestión.
No entanto, o que poderemos desde xa arriscar, é que nada poderá ser exitoso se non hai unha nova política de endebedamento.
Recordemos un recurso rexeitado, polo Tribunal Constitucional Federal da Alemaña, que fora pedido de urxencia polo ultra direitista e fundador do partido BfD e, seu expresidente, o señor Bernard Lucke, contra a constitución do Fondo de Reconstrución, á razón da pandemia que afectou a Unión Económica.
Para este señor e seus apaniguados, arautos da austeridade teutónica, non querían perder a oportunidade, a través da pandemia, de conseguir o que Hitler non conseguiu a través das armas.
Por outro lado, o Tribunal Constitucional Federal, conseguiu lavar a cara á señora Merkel, ao seu ministro da economía e á Alemaña en xeral, a vergoña de se oporen a recuperación da Europa.
Para que conste, é necesario dicir que “os señores xuíces do Tribunal Constitucional Federal, non son economistas”, máis, como non podía ser doutra forma, imperou o bo senso común.
Por veces, a memoria colectiva é demasiada curta ou os cambios de orientación son demasiado rápidos, non nos deixando opcións para nos fixarmos, do que nos comunican, en distinguidos momentos, os señores políticos.
Así queremos recordar unhas palabras recentes da señora Angela Merkel, que afirmaba textualmente, sobre os eurobonos (prestamos para a reconstrución europea), xuraba que “só por cima do seu cadáver”. Unha vez máis era a austeridade protestante, a desexar imporse aos seus socios europeos do sur. Ou entón xa estaba a prever a súa saída da dirección do goberno da toda poderosa Alemaña.
Cremos que as ganas dos homes están feita para que ninguén repare demasiado nos cambios bruscos de opinión, en especial dos políticos de quenda e, que como case sempre, non son explicados. Nin falta que o fan.
No entanto, estes fondos, xa están a piques de seren facilitados, como todos xa sabemos e, os respectivos gobernos, nos ten anunciado con gaitas e bombos. Outra cousa será como serán aplicados.
Como tal, deixamos unha pregunta aínda que inxenua, é necesaria:
Canto deses fondos, chegaron realmente ao cidadán da rúa?
No entanto, esta situación de débeda, para a cal responderán conxuntamente todos os países membros da Unión Europea, é nada máis nada menos, do que de 750.000 millóns de euros.
Esperemos que os planos aprobados pola Comisión Europea, se cumpran e sexan realmente ben encamiñados. Que este noso texto, sexa alarmista, por instigar demasiadamente á perspicacia dos cidadáns, pedimos as nosas desculpas, mais non deixamos de pensar, que é necesario estar moitísimo atentos.
Reparemos, que no outro lado do muro, os mercados internacionais, estarán de brazos abertos, agardando a chegada destes bonos aos mercados financeiros.
É que, grazas a entrada dos bonos da débeda conxunta da U.E. nos mercados financeiros, aparece pola primeira vez un competente real e respectábel, para os bonos da débeda dos Estados Unidos da América do Norte.
É que até aquí, os mercados financeiros tocaban a súa música e só bailaba a débeda soberana dos Estados Unidos da América. Estes ditaban as regras e os respectivos prezos.
E claro, que isto significa outra cousa moitísimo importante, é que finalmente a U. E. poderá respirar un pouco máis consciente, de que é soberana e, non só deberá estar axenlloada aos pés de Washington.
Se colocan outras preguntas, que decorren das intervencións a seren levadas a efecto. Unha desas intervencións, ten a ver co cambio climático. No que toca a esta prioridade mundial, non parece que se poda considerar, como esgotábel, a responsabilidade das medidas a tomar, co plano de recuperación e reconstrución agora, en vías de se desenvolver de forma plena. Se ten programado moitas medidas de apoio, como por exemplo o pagamento de subsidios aos mineiros do carbón. Se resolverá, aparentemente un problema puntual.
No entanto, os problemas que se nos presentan, non se resolven con políticas puntuais, terán que haber políticas globais, ou sexa, actuacións de conxunto de toda a Unión Europea, se non se perderán os esforzos e, peor, os efectos beneficiosos. As asimetrías funcionarán en contra.
Máis, neste contexto e, despois da saída do señor Trump, de mala memoria, para que se consigan resultados minimamente capaces para o cambio climático e para a mudanza programática que se nos espera, é necesario no só a implicación de toda a U.E., mesmo para alén das súas fronteiras, non se debe escamotear os seus veciños fronteirizos, así como a implicación total da China, da India e, como é natural, dos Estados Unidos da América do Norte.
Claro que existen os chamados fiscais do templo, todos señores xa dalgunha idade, e como non, de experiencias, case todas más e, que a pesar diso, non deixan de ser os instrumentos que os países máis poderosos utilizan, a seu belo pracer e proveito.
Falamos da OCDE (que é o club dos países das economías máis poderosas, no entanto, nese club o músculo está na América do Norte e nos seus aliados de efecto variável e de momento), do Banco Mundial e como non do FMI (Fondo Monetario Internacional).
Volvemos aquí a unha característica, destes entes, a que chamamos de “ferramentas de intervención económica” e, que teñen desenvolvido en case todos os seus momentos de existencia – austeridade e, como non, eliminar a posibilidade dalgunha ovella saia do redil.
Mais volvamos aos nosos países, e tamén neste entorno, é necesario que os seus gobernos teñan a consciencia de que ten que mobilizar fondos e, salvo mellor opinión, só existe unha forma do facer, é distribuír dunha forma máis sustentábel os impostos, de conseguir consensos para evitar as evasións de impostos sexan de particulares ou empresas, e aplicar medidas de que as desigualdades sociais, se amorticen debidamente e coa maior brevidade posíbel.
Non debemos esquecer de ningunha maneira que os Estados Unidos da América do Norte non son ningún exemplo do comunismo, de que tanto falou a señora Ayuso, Presidenta da Autonomía de Madrid, no entanto a expresidente da Reserva Federal da América do Norte e hoxe secretaría do Tesouro dos Estados Unidos, pediu máis un imposto global sobre os beneficios das grandes empresas.
Por iso, o que está en cuestión é toda unha nova forma de xestionar este Mundo de idiosincrasias, que van ao sabor deses señores que impoñen a austeridade, a restrición ao desenvolvemento dos países en vías de desenvolvemento.
O que non queren é pagar impostos, polos beneficios que obteñen, a través dunha explotación desmedida aos cidadáns que escravizan, á praza e ao cumprido do Mundo. Que non haxa máis Estado, do que o suficiente para os protexer dos explotados e, como todas as liberdades son garantidas polos Gobernos, que paguen eses custos os explotados.
No entanto, o principal instrumento para a solución, está à vista e, solucionaría a maioría dos problemas, se chama á creación e institucionalización dunha Renda Básica Universal e Incondicional.
Nota:
O Presidente da Autonomía Galega, entregou o seguimento, fiscalización e atribución dos fondos comunitarios a su banco a “Banca” do Venezolano Escotet
Se el primero en comentar