A razón pola cal escollemos esta segunda data para a propor como o “Día Nacional do Odio”, debese a que unha personaxe de opereta bufa, captou toda esa lexitimidade representativa, antes e despois.
Por Jose Vieira
Estamos no día 26 de setembro de 2023
Cremos é unha excelente data para ser elixida como o día do ODIO NACIONAL.
Que desculpen o mal xeito, pois, estabamos nunha situación de case indiferenza, coa data da tentativa de sedición (frustrada “in extremis”), preconizada polo elemento que está por cima do ben e o mal e, que se trata dun expresidente dun goberno do PP e, que se autoproclama, como o dono dos principios éticos e morais de todos os españois, como se todos fosen subnormais.
“AUGA BENTA E PRESUNCIÓN CADA UN TOMA A QUE NECESITA”
A razón pola cal escollemos esta segunda data para a propor como o “Día Nacional do Odio”, debese a que unha personaxe de opereta bufa, captou toda esa lexitimidade representativa, antes e despois.
Queremos pedir desculpas aos outros propagandistas do odio avulso, tocado por un sol de transición outonal, que realmente non merecía ser utilizado para tal espectáculo de pena.
Realmente o que se pode dicir, é que o actor que hoxe desfilou, completamente parado, no hemiciclo do Congreso dos Deputados de España, máis nos pareceu estar a tentar bater a marca do discurso máis longo, pensamos que estaba a intentar bater as marcas do falecido Presidente da República de Cuba, Fidel Castro.
Debo anunciar ao orador de servizo dos “patróns do PP”, que o seu campión perdeu por goleada. Pensamos que por falta de preparación, non como político, mais si como atleta.
Este parece que durou máis ou menos unha hora e media. Non sabemos con exactitude, pois, esperamos ler a respectiva peza de literatura, hai até quen lle chama “libreto”, dado que parece que había intención do ser para unha opera.
Non gustamos de nos repetir, e por iso deixamos a clasificación do respectivo xénero aos seus protagonistas, no caso presente no “Teatro de la Comedia de Xénova”.
Temos que dicir, sinceramente, que gustamos bastante da organización coreográfica da bancada do PP, pois, salvo os señores deputados xa cansados de bater palmas e probabelmente, por se teren esquecidos das cremas para amenizar as molestias e a fatiga, estiveron bastante ben e poucos e só en momentos de maior cansazo, cumpriron o mandado polos anteriores expresidentes do goberno do PP.
Así, desde aquí, os nosos parabéns, non dicimos sinceros, pois, temos medo de ofender algún dos que se parou por fatiga.
Nesta altura, se acostuma dicir, nos melodramas que o fogo do deber, aproximou os corpos dos actores en a boca de escena, e se extinguiron sen deixar chama algunha.
Como diría o poeta, é lume que ilumina sen chama…
E, como non podía deixar de ser, non quece quen realmente desexa algo serio e para todos.
Como espectadores de boas pezas de Opera, de Música, de Teatro, e demais manifestacións culturais, gustábanos dar os parabéns ao equipo que escribiu o texto, pois, non hai a menor dúbida de que conseguiron, presentar unha peza que ficará para sempre nos anais da memoria tráxica/cómica.
Non resta, por iso, a menor dúbida, de como sendo algo, que non tiña nin xeito nin contido, para o acto en cuestión, a non ser como un testemuño, perfecto, claro e inequívoco, de que é un escrito, en que só se pode retirar unha única ilusión: tratouse dun escrito de odio primario e visceral, dunha dereita que está tentando a todo o pano, reimplantar o réxime dos seus antepasados, ou sexa, o franquismo, na súa versión máis pura e elitista.
É de tal maneira evidente, que os tales señores que son compañeiros do monologuista tentaram e até conseguiron, que uns cantos brigadistas cheos de reumático mental (que foron membros disidentes do PSOE, como o son os seus socios de Vox), viñesen publicamente, “por trinta diñeiros” se tornaren indignos de seren designados como homes políticos, mais si como se dicía, de Judas.
Claro que o espectáculo non acaba aquí, segue por episodios ou dito doutras maneiras, por unhas cantas máis entregas, pois, aínda falta a actuación sempre indispensábel das carpideiras.
A súa presenza, fará as delicias dos parentes que se encontraron de “noxo” e coas súas lágrimas se sentirán amplamente vencedores, dentro da súa “moral”, digna dun nacional/socialismo, da súa adorada Alemaña, dese tempo.
Para non falar do resurximento das falanxes, aglomeradas nunha división azul.
Non ha a menor dúbida de que o tal PP, non ten feito outra cousa, desde a designación de Felipe de convidar o señor Feijóo, para formar un goberno para a Nación e, este actor teatral, fixo perder dous meses na vida de máis de 46 millóns de españois e, durante ese tempo, se entretivo a sementar o odio, entre os cidadáns, a non presentar unha alternativa de programa de goberno credíbel (o que presentou en seu discurso de investidura, é un chiste de moi mao gosto).
Este é un tremendo paso polo vale de bágoas que a poboación tenderá que pasar, se infelizmente ese tal actor Feijóo, asume o goberno do estado, agora ou nun futuro próximo.
SERÍAN DÉCADAS DE RETROCESO NOS DEREITOS LIBERDADES E GARANTÍAS DOS CIDADÁNS ESPAÑOIS.
Se el primero en comentar