Por Jose Vieira
Falar de Bolsas de Valores, é un campo tan extenso, como ao mesmo tempo, moi retirado da literatura xeral periodistica e, por esa razón, deu orixe a unha cantidade de órganos especializados en divulgación de temas de economía e que, normalmente, inclúen unhas cantas rúbricas dedicadas aos movementos da Bolsa.
Tamén é oportuno dicir que, cando se fala de bolsa, o común das persoas confesan que nada saben desa actividade, e o porqué non comprenden o que aí pasa, ou non queren comprender.
Imos dar un pequeno recorrido histórico sobre as Bolsas de Valores e, como apareceron no “horizonte dos homes do comercio” en súa altura.
Así, ten habido desde sempre, a tentación de se buscar a orixe histórica das bolsas, nas fundacións das maiores conxéneres actuais. Ese camiño, se trata dun erro, moi común, que se comete en moitos e diversos ámbitos de estudo, sempre que se buscan as orixes das institucións.
Cando se busca de verdade, no escuro dos tempos pasados, encontramos unha data e unha localización, para esta actividade.
Así, no caso presente, o ano de 1602 é o que máis consensualmente é considerado como sendo o ano da aparición da primeira bolsa, xa con carácter oficial de valores, debidamente asentado, nun lugar físico.
Cabe resaltar, que unha cousa é a aparición dunha bolsa oficial, coas características e as condicións para a actividade referida, outra cousa é a aparición das transaccións, que se integrarán, como obxecto de súa acción. O negocio de comprar ou vender, partes de empresas ou actividades comerciais, é tan antiga como a propia creación de agrupacións de persoas para proseguiren unha determinada actividade, con fins lucrativos. A entrada ou saída de persoas, desas actividades, sempre tivo un prezo e, como tal, ese foi sempre o inicio do que hoxe chamamos valores. Comezou por ser unha boca a boca, para aos poucos se tornar máis do dominio público, e aparecer en encontros nas feiras medievais, xa con algunha importancia e aos poucos con formas contractuais. Estes movementos, foron notábeis abrigo na Flandres, os séculos XV e XVI.
Volvendo á data referida enriba 1602, téñense como sendo a ese ano, coa fundación da primeira bolsa do mundo, que se situou na cidade de Amsterdam, nos Países Baixos. Como todos sabemos, a Holanda foi sempre un país, que tivo como obxectivo principal e privilexiado, as transaccións comerciais, sen fronteiras.
Se poñen entón, unha cuestión fundamental, que as podemos situar a dous niveis; quen a fundou e, o porqué?
Antes de responder a esa pregunta, queremos engadir que nos albores dos séculos XVI e XVII, se constituíron dúas compañías maxestáticas, con tal poder que ambas eran máis importantes que os seus propios países de orixe, e como tal dos seus gobernantes (reis).
Xorde entón a resposta á primeira cuestión: Estas mesmas ditaban as regras aos seus reis. Se trataban, fundamentalmente, de dúas grandes institucións: a Compañía das Indias Inglesas e, naturalmente, aquela que nos interesa neste caso, a fundadora da primeira Bolsa Oficial de Valores de Amsterdam, que foi a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Esta compañía, era de tal maneira poderosa, que se estendeu por todo o oriente e dominou integralmente o comercio holandés e, como tal, o propio país.
Esta bolsa creada pola Compañía das Indias Orientais, foi realmente quen controlou a venda de accións das varias compañías e dos préstamos aos diversos reinos occidentais. Estaba, por tanto, desencadeada a estrutura, que se viría a expandir un pouco por todos os países occidentais, coloniais ou non.
Porque crearon a respectiva bolsa en cuestión, pois a resposta é naturalmente porque así sería posíbel controlar, e desenvolver as necesarias operacións de capitais, necesarias ao mantemento desas compañías, así como facilitar as súas emerxentes especulacións de carácter financeiro.
Nos aparece agora a necesidade conceptualizar o que se debe entender por unha bolsa de valores.
Esta é unha organización, que pode ser pública ou privada, que ofrece a posibilidade, necesarias e suficientes, para que un conxunto de titulares operadores destas institucións, poderen satisfacer as peticións de seus clientes ( demandantes), que a través da emisión de súas ordes, poidan levar a efecto a compravenda de valores (estes poden ser, accións de empresas ou compañías anónimas, bonos públicos ou privados, certificados de valores, títulos de participación, e unha infinidade de valores representativos). Esta nosa definición é máis ou menos universalmente aceptada e, por iso, a adoptamos como punto de partida.
Claro que co desenvolvemento de cada un dos países, se foron popularizando a constitución de institucións, que facilitaban o pleno acceso ás operacións necesarias ao desenvolvemento do mundo das relacións inter-compañías, e naturalmente entre países. Así, se foron estabelecendo por todo o lado e até varias por cada país, as chamadas bolsas nacionais.
Co desenvolvemento do mundo en que vivimos, verificamos, que algunhas se tornaron tan grandes e importantes, que son máis abrangentes e potentes, en termos de movemento de capitais, do que os países que as conteñen.
Dando un salto o tempo, podemos dar unha orde de grandeza e, como tal de importancia, no mundo dos valores transacionados, das principais bolsas do mundo na actualidade (segue esa clasificación por valor transacionado):
1-Bolsa de Nova Yorque – Estados Unidos da América
2-NSDAQ – Estados Unidos da América
3-Bolsa de Tokío – Xapón
4-Bolsa de Londres
5-Bolsa de Hong Kong
6-Bolsa de Shanghai – China
7-Bolsa de Toronto – Canadá
8-Bolsa Alemana (Deutsche Bõrse) Alemaña
9-Australian Securities Exchange- Australia
10-Bombay Stock Exchange- Índia
Cabe deixar constancia que a bolsa de Nova Yorque se desdobra, á súa vez, en:
American Stock Exchange, Nyse Arca Equites, Nyse Arca Options, Nyse Amex Options, Nyse Bonds, Nyse National
Como é fácil entender, a importancia da bolsa de Nova Yorque, realmente non ten par, entre as súas conxéneres dado o seu desmedido tamaño e como tal, poder.
Esta bolsa tivo a súa institucionalización, como tal, en 8 de marzo de 1817. É a maior do mundo por número de empresas inscritas, a maior do mundo como volume de negocios, e a maior do mundo como mercado de valores. No entanto, en volume de accións, foi superada pola NASDAQ (igualmente americana), a partir do ano de 1990. No entanto, non podemos deixar de referir, que o valor das compañías que pertencen ao NYSE é máis o cinco veces maior menos do que ao Nasdaq.
Neste momento, cabe saber quen son os donos das bolsas de valores. Comezaremos pola de Nova Yorque e pasaremos a designar, como é coñecida no mundo da finanza por WALL STREET.
Pois o seu propietario é unha empresa que leva a designación de International Exchange Group, operando en dólares americanos.
Pasaremos axiña ao panorama da Europa. E aquí, como non podemos deixar de sentir, como somos pequenos, se excluírmos a de Londres e a da Alemaña, diriamos que estamos no escalón máis pequeno, aínda que visíbel.
Así, de calquera forma imos centrar a nosa análise nos detentores, vulgarmente coñecidos por propietarios das respectivas bolsas, pois hoxe, por hoxe, ten máis sentido seren vistas, a través do seu propietario e súa importancia global, do que cada unha por si só.
Na Europa, se sitúan dúas grandes empresas propietarias de bolsas de valores, que reparten entre si o respectivo mercado e, común tal, os beneficios das súas actividades.
Se trata da Euronext e da Six Group A. G.
Imos agora describir o que deteñen dentro das súas “barrigas” estes dous xigantes dos servizos financeiros.
Comezando pola Euronext, esta resulta da fusión de varias bolsas europeas, téndose constituído en 22 de setembro de 2000, tendo como socios fundadores a Bolsa de París, Amsterdam e Bruxelas. A súa sede social se encontra acollida na cidade de Amsterdam, nos Países Baixos.
Se encontra amplamente representada, como non podía deixar de ser, nos seguintes países, Bélxica, Francia, Países Baixos, Portugal, Eire, Noruega e Reino Unido.
Posteriormente en 2002 entrou para este complexo a Bolsa de Valores de Lisboa e Porto (BVLP), de Portugal, así como a (LIFE) London International Financial Future and Options Exchange, posteriormente en 2018, se xuntou a Irish Stock Exchange (ISE), con sede en Dublin e en 19 de xuño de 2019, a Bolsa de Oslo, da Noruega. Este conglomerado se trata do primeiro mercado integrado de negociacións de accións, bonos e derivados europeo. Esta gran empresa xestiona os índices seguintes:
Nome | Nacionalidade | Símbolo | Moeda |
Euronext | N 100 | Euros |
AEX Holanda | AEX | “ |
BEL 20 Bélgica | BEL 20 | “ |
CAC 40 França | PX 1 | “ |
ISE Q 20 Eire | ISE Q 20 | “ |
PSI 20 Portugal | PSI 20 | “ |
OEX 25 Noruega | OBX | Coroas norueguesas |
OEX 25 Noruega | OBX | Coroas norueguesas |
Este é Stéphane Boujnah, CEO, da referida empresa, a ten dirixido con extraordinaria seguranza, CEO da Euronext e eficiencia, tendo permitindo manter en cada país, aínda que suxeitas ao centralismo da empresa, elementos nacionais, en cada bolsa anexada. Os criterios, son o da eficiencia, e das economías de escala, así como a maximización dos beneficios.
Pasemos ao outro grupo de integración de bolsas nacionais, referímonola SIX Group A. G.
Esta empresa de fundación máis recente, data de 2008, cuxo nome de SIX significa Swiss Infrastructure and Exchange. Este é un conglomerado de empresas financeiras con sede na cidade suiza de Zurich. Tal como a anterior, o seu obxectivo empresarial é a xestión de mercados financeiros (o grupo alberga un conxunto de empresas de servizos financeiros e de información de máis de 180 unidades empresariais).
Esta empresa, ten como principais socios e fundadores os dous bancos de referencia suízos, o Credit Suiss e a Unión de Bancos Suízos. No entanto, o número de asociados desta empresa rolda os 120.
Cabe agora referir, que en xuño de 2020, esta empresa, adquiriu a Bolsa e Mercados Españois (BME), que era o operador de todas as bolsas españolas (Madrid, Barcelona, Valencia e Bilbao).
O Ceo e cabeza visíbel de todas estas fusións hai sido o holandés Jos Dijsselhof.
Aparentemente este grupo parece ser menos importante, no entanto, está xa representado nun vintena de países, sendo 16 na Europa e catro extra europeos, o sexa, o Xapón, os Estados Unidos da América, Singapur e Marrocos.
Entre as súas particularidades, se conta que os seus índices son os que primeiro foron automatizados enteiramente en todo o mundo. Talvez se poida ter en conta, a formación básica do CEO Dijsselhof, ser de base informático.
Volvendo á OPA amigábel sobre a BME, en xuño de 2020, se tratou dunha operación que envolveu cerca de 2.850 millóns de euros.
Con estes apuntes podemos quedar coa idea máis precisa de como van as cousas nas bolsas de valores e a quen elas prestan a vasalaxe, isto é, quen é quen, nos mercados financeiros.
Se el primero en comentar