De homes, cans e porcos (reseña de «Dhogs»)

Por Angelo Nero

Dhogs é unha mestura de dous termos ingleses: Dogs, cans, animais sumisos e obedientes, e Hogs, porcos, animais sucios e perversos, un título ben axeitado para esta primeira longametraxe do Andrés Goteira, unha verdadeira animalada, cabería dicir, unha desas cintas que te encollen as tripas e as retorcen, que te meten nun calexón escuro coas peores intencións, cara esa zona de sombra da que non podes saír indemne. Na liña de grandes mestres do desacougo como Michael Haneke, David Lynch o Lars von Trier, pero cun discurso propio, o director galego debúxanos unha paisaxe realmente desoladora, na que o fío condutor é unha muller, interpretada por Melania Cruz, unha actriz consolidada no mundo do teatro e habitual das series da TVG. Melania da vida a unha muller libre, que seduce a un descoñecido, un home de negocios interpretado por Carlos Blanco (magnifico ó dialogo do bar, coa ollada atenta do camareiro e da clientela), e que, despois deste encontro, vese inmersa nunha espiral de violencia irracional e gratuíta, puramente animal, na que as palabras xa non atopan sentido, e deixan lugar a unha linguaxe de brutalidade, de suciedade e de pesadelo, cunha sucesión de personaxes que semellan saídos da American Redneck, como os de “Eden Lake” de James Watkins, ou “I  Spit on Your Grave”, de Steven R. Monroe, aínda que nin a historia nin o tratamento estético da mesma teñan moito que ver. Porque, realmente, Andrés Goteiro ten unha ollada moi persoal e ofrécenos o seu particular descenso ós infernos, na que nos pon fronte a ese animal que podemos atopar á saída dun bar, nunha gasolineira, ou na beira dunha carreteira secundaria.

Crítica de Dhogs: La esperanza del cine español

Xunto a Melania Cruz e Carlos Blanco, o reparto de Dhogs ten unha boa representación dos mellores actores e actrices galegas, con Antonio Durán “Morris”, no papel dun hierático taxista; coa sobresaínte María Costas, unha sorte de leona enxaulada, que agarda a súa presa entre grolo e grolo de whiski; Iván Marcos interpretando a un despiadado sicópata, coa ollada dun can rabioso; e o maxistral Miguel de Lira, dando vida a ese ermitaño que semella saído da América profunda, ou das retorcidas historias dos franceses Pascal Laugier ou Quentin Dupieux, un deses animais cos que non quixeras atoparte nin en soños. Todos estas personaxes son arrastradas por unha tormenta de desexos primitivos, dunha violencia que obriga ó espectador, dentro e fora da pantalla, a desexar que remate a historia, aínda sabendo que aquí non atoparemos un happy end, para que nos libere desta atmosfera angustiosa, entre o western e o thriller, que nos envolve ó longo de todo o metraxe do filme.

Outro dos acertos de Dhogs é unha das contribucións esenciais para lograr esa atmosfera, e a banda sonora creada por Óscar Trigo e Germán Díaz, e a fotografía de Lucía C. Pan, claves para redondear este proxecto que, partindo dunha financiación de crowdfunding, logrou 13 galardóns nos premios Mestre Mateo, converténdose na cinta máis premiada na historia dos premios. Tamén recibiu recoñecementos no Festival Internacional de Cine Fantástico Nocturna, de Madrid, e foi a gran vencedora do  Festival Internacional de Cine de Almería, no ano seguínte ó seu estreno, no prestixioso Festival de Cinema Fantàstic de Sitges, recorrendo outros certaméns internacionais en Croacia, Arxentina e Inglaterra.

Crítica de Dhogs: La esperanza del cine español

En Doghs hai unha violencia primitiva e hipnótica, como a dun mal viaxe lixérsico ou como a dun pesadelo febril, onde as persoaxes se cruzan no fio do abismo e lle ven ós ollos ó demo, mestres o público, dende as súas cadeiras do teatro ou do cine, mesmo da súa casa, seleccionando as opcións de sufrimento, como nun videoxogo, asiste sen inmutarse a este puzzle diabólico, no que eu sinalaba algúns referentes, aínda que o propio director ten algúns máis:

“Clint Eastwood, Holy Motors de Leos Carax, Tarantino, os Coen, Gaspar Noé, Jarmusch, David Lynch, Funny Games de Haneke… Na pintura Jack Vettriano, na literatura Haruki Murakami. Ainda que non son un grande cinéfilo, nin lector, nin admirador de pintura, quedome con as sensacións que me transmiten todos eles, ou cos detalles, gustame a búsqueda e utilizala ó meu favor.”

E realmente Andrés Goteira sabe aproveitar a trama, os escenarios e as persoaxes, para contarnos unha historia que nos deixa arfando, coma un peixe sobre a pedra dun peirao, aínda sorprendindo do anzól que leva prendido na boca, ollando con desconcerto a ese home que, nun intre, vai a partirlle o espiñazo.

Direción: Andrés Goteira / Guión: Andrés Goteira / Produción: Gaitafilmes, Pixel Films / Música: Germán Díaz / Fotografía: Lucía C. Pan / Montaxe: Juan Galiñanes, Andrés Goteira / Reparto: Melania Cruz, Miguel de Lira, Antonio Durán ‘Morris’, Carlos Blanco, Iván Marcos, Roi Gantes, María Costas, Xosé López, Alejandro Carro.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.