Os Estados Unidos da América do Norte, que son os gañadores, da crise das medidas de illamento da Europa, ou mellor dos seus socios na OTAN, contra as compras normais de produtos e materias primas da Rusia de que a Euro zona é dependente.
Por Jose Vieira
Imos comezar este texto por unha definición, máis distinguida, mais tamén máis académica, deste fenómeno da economía.
Tomemos unha letra do alfabeto grego π (que se pi), como sendo o valor da taxa de variación porcentual, do nivel xeral de prezos, nun determinado período de tempo (que en xeral acostuma ser o ano).
Así podemos desde agora definir inflación: como sendo un aumento xeral dos prezos, continúo ese tempo e, causado por un conxunto de circunstancias, normalmente autoalimentado, o que significa que, estes aumentos de prezos, xeran novos aumentos.
Algunhas das características deste fenómeno, extraense da propia definición como debe de ser.
Así, tratase dun crecemento constante, continuo e xeral dos prezos.
Está xerada por un conxunto de circunstancias (tamén chamadas causas).
Que os propios axentes económicos poden propagar ou xerar novos aumentos dos prezos, o que está dependente das súas actitudes con respecto ao fenómeno.
Como podemos ler, desde a nosa definición se pode deducir estas caraterísticas.
Imos agora, indicar algunhas das principais medidas, para determinar a inflación. Así indicaremos tres índices e prezos, que adiante describiremos: o deflator do PIB; o IPC que é o índice de prezos ao consumidor e o IPSEBRNE, que se utiliza para medir a inflación subxacente.
Axiña imos falar do deflator, no caso o do PIB, que recorre o prezo de todos os bens e servizos, producidos dentro dunha economía (recordemos que este non recorre os prezos dos produtos importados).
Así un deflator (vocábulo que vén do latim déflatáre, que significa desinflar, ou limpar soprando), se trata dun índice usado para resolver un problema económico, relacionado con certas magnitudes económicas (elementos respigados da internet).
Este deflator, se calcula a través dun índice de “Paache”, o que significa que as ponderacións de cada ben, no respectivo índice son variabades e de acordo, cos bens que compoñen o PIB. Así o respectivo deflator do PIB, resulta ser o cociente seguinte
PIB nominal
Deflator do PIB =——————– x 100
PIB real
___________________
Por exemplo: ∑Qano X Pano
Deflator do PIB de xullo =—————————-x 100
∑Qanox Pano base
Nota: ∑ se chama somatório
Tomas estas fórmulas, pasamos a avanzar, como se calcula a taxa de inflación, como variación porcentual do deflator do PIB, entre dous anos consecutivos.
Por exemplo do ano de 2022
Deflator PIB 2022 – Deflator PIB 2021
Taxa de inflación = —————————————————-x 100
de 2022 deflator PIB Deflator PIB 2021
Todas estas fórmulas, serven para quen queira, dunha forma máis estudosa, poder comprender como se obteñen os respectivos índices ou ir de máis na interpretación deste fenómeno da inflación.
Nos concentraremos axiña no Índice de Prezos ao Consumidor -IPC, que parte da dun proceso que determinará a cesta de compra e súa estrutura, o que se obtén a partir da información da Encosta Continua de Presupostos Familiares – ECPF (no caso de España).
∑ q ano anterior X P2020
IPCmes2020 = ———————————- X 100
∑ q ano2019 X P 2019
Tamén é habitual calcular a variación da taxa dun ano para outro anterior ou dun mes en relación a outro mes anterior, así como a interanual:
IPC2020 – IPC2019
Inflación media anual =—————————-X 100
IPC 2019
___________________
IPC maio2020 – IPC abril2020
Inflación mensual =—————————————-X 100
IPC abril 2020
____________________________
IPC maio 2020 – IPC maio 2019
Inflación interanula = —————————————-X 100
IPC maio 2019
Finalmente o IPSEBENE, este recorre os prezos dos bens de consumo, mais eliminando os prezos dos produtos enerxéticos importados e os alimentos sen elaborar. Sería entón:
IPSEBENE=IPC – prezo de produtos enerxéticos importados – Prezo de alimentos sen procesar
Postos estes esclarecementos, sobre todo para quen desexe afondar, como se obteñen os respectivos índices e o que significan cada un destes, continuaremos o esencial deste texto.
Retomaremos, indicando os índices inflacionistas máis grandes, do mundo, para que poidamos ver, a pesar de todo que é un fenómeno devorador das economías, só servindo a uns cantos, os chamados especuladores, que o fan sen calquera tipo de escrúpulos.
Así a lista de países coa inflación máis elevada do mundo son, referidas ao ano de 2021:
1 – Venezuela segundo o país 686,4% (segundo o FMI 1.588,5%
2 – Sudán 359,1 %
3 – Zimbabwe 98,5 %
4 – Iemen 63,8 %
5 – Suriname 59,1 %
6 – Arxentina 48,4 %
7 – Irán 40,1 %
8 – Etiopía 26,8 %
9 – Angola 25,8 %
Estas son, como dicimos, taxas na actualidade, no entanto, non podemos deixar de referir, que na Alemaña o tempo da República de Weimar, que durou, entre os anos de 1918 e 1933, pasou por un período de hiperinflación, durante os anos de 1921 e 1923. Para que se poidamos dar canta, do dramático que foi ese período, podemos dar os seguintes exemplos: un selo de correos de 4 marcos en 1918, custaba en 1923 50.000 millóns de marcos; que un billete de metro, en 1918 custaba, 10 céntimo, pasou a custar en 1923 150.000 millóns de marcos. Ss persoas chegaron a vender as estelas funerarias dos cemiterios para poder comprar algo de comida (ler a descrición destes éxitos, na excepcional novela “o obelisco negro” de Eric Marie-Remarque).
Cremos que non son necesarios máis exemplos para indicar, o dramático da situación e, como non, a herdanza xamais esquecida, polos alemáns e seus descendentes do perigo da inflación. De aí que estes herdaron a austeridade, como único sistema, antes de todo o máis e, o impoñan ao resto da Europa.
Mais continuemos e, como temos escrito por varias veces en textos anteriores, as taxas de referencia dos distinguidos bancos centrais e no caso de España e restantes países da zona do euro, son obxecto estatutario do Banco Central Europeo (que para adiante se refire unicamente por BCE), así como a súa función esencial, é o mantemento do estado europeo, cun índice de prezos estábeis e por debaixo dos 2% de inflación.
Como temos igualmente avanzado, en especial no último texto en que indicabamos as respectivas taxas de inflación, vemos a necesidade destes organismos tomaren en súas mans o proceso inflacionista, por forma do poderen controlar.
A medida que se lles ve practicar, é unha medida monetarista, ou sexa a diminución do volume de medios monetarios e o control da circulación fiduciaria, a través dun aumento das taxas de referencia, ou sexa, o proceso de que o diñeiro pase a ser máis caro e ao mesmo tempo non permitir a expansión dos déficits dos países.
Tamén está a ser máis que evidente que este proceso ten sido interpretados polos distinguidos bancos centrais, de modo non homoxéneo, queremos pensar debidamente estudado, no caso de que a caso, pois, as situacións de orixe próximas, da inflación son complexas e distinguidas.
Esta observación vén a capítulo, porque igualmente os países involucrados nesta situación, fixeron as súas intervencións “terapéuticas”, en distinguidos momentos da enfermidade inflación. Así mentres uns, xa están nunha fase máis adiantada do tratamento, saíndo da Unidade de Coidados Intensivos, outros aínda se encontran ligados a máquina para poderen respirar, ou sexan aínda teñen diagnósticos moi complicados.
Así, mentres na zona do euro, esperamos que a dose de tratamento da taxa de xuros, de referencia do BCE, está pouco por enriba de cero, agardamos que o próximo mes de setembro.
Isto quere dicir que no próximo consello de gobernador sexa imposta unha taxa, de referencia máis elevada.
Antes de dicir que outros países, como é o caso dos Estados Unidos da América do Norte, que son os gañadores, da crise das medidas de illamento da Europa, ou mellor dos seus socios na OTAN, contra as compras normais de produtos e materias primas da Rusia de que a Euro zona é dependente.
E porque?
Pois, todos debiamos saber, que as restricións nos irían caer encima e o certo perdedor non sería a Rusia, de inmediato, mais si toda a Europa. Cálculo non inocente da América do Norte.
Basta ver que neste momento o rublo está máis forte do que nunca, que os saldos da Balanza de pagamentos da Rusia, están cun dos valores máis positivo de sempre e, en contrapartida a Europa, por forza das medidas impostas pola América do Norte, entrou nunha recesión.
Quen está a gañar con estas medidas, son os Estados Unidos da América do Norte, que se está a substituír como fornecedor dos produtos antes fornecidos pola Rusia, só que, a prezos que chegan a ser 5 a 8 veces máis caros, do que antes a Rusia fornecía á Europa.
Por esa razón, os Estados Unidos da América do Norte, están xa a inverter o sentido da súa economía, que estaba nunha fase de estagnação, para comezar a ver a súa economía a descolar e entrar nunha fase de crecemento manifesto. Recordemos que é á custa da “desgraza” dos seus “queridos socios” europeos.
Finalmente a propia FED (Reserva Federal – o banco central dos referidos Estados Unidos), a través do seu presidente, Jerome Powell xa encara poder anticipar, que en vez de subir os seus tipos de xuros de referencia, os poder baixar e liberar as restricións xa no próximo primeiro trimestre de 2023.
Continuamos na Europa, a defender que temos que ser obedientes escravos do imperialismo americano…
Paz a alma da Europa
Se el primero en comentar