Cuarta xornada de folga no metal pontevedrés con seguimento practicamente total e protestas masivas

Milleiros de traballadores/as do sector manifestáronse en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía tras percorrer os principais polígonos industriais

Por Avantar / CIG

A cuarta xornada de folga para reclamar un convenio provincial digno no metal de Pontevedra rexistrou novamente un seguimento practicamente total, con milleiros de traballadores/as percorrendo dende primeira hora os principais polígonos industriais e visitando as empresas máis belixerantes co seu persoal. Posteriormente as rúas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía acolleron marchas multitudinarias que transcorreron sen incidentes a pesar do forte dispositivo policial despregado unha vez máis por unha Delegación do Goberno español máis preocupada por defender os intereses da patronal que por garantir o dereito de folga e de manifestación.

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.