Critica de Hamas ao plan de Trump para parar o Xenocidio de Israel do pobo palestino

Hamas resaltou que estaba autorizada a negociar o alto de fogo con Israel, mais que non tiña calquera poder outorgado, para negociar no futuro calquera cuestión sobre a autodeterminación e goberno, así como as condicións sobre o futuro Estado Palestino

Por Jose Vieira | 19/10/2025

Este texto, pretende mostrar, como é visto por dentro de Hamas, este “Plan de Paz”.

O seu promotor, Donald Trump, presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), o utilizou para disfrazar o seu empeño, por obter un espazo para os seus emprendimentos inmobiliarios.

Por outro lado, tamén se serviu deste recurso, para se presentar a candidatura ao “premio Nobel da Paz”, o que a noso ver é un auténtico desaforo aos anteriores galardoados con ese premio.

Nos servimos das declaracións, do coñecido líder de Hamas, Mousa Abu Marzouk, para o periódico Drop Site News, entrevista efectuada por Jeremy Scahill, e publicada o pasado 6 de outubro.

Quen é Mousa Abu Marzouk?

É un político de alto rango palestino, que foi xefe do despacho político de Hamas, entre 1992 e 1996 e seu vice presidente entre 1997 xaneiro e 2013 en abril.

Unha primeira reflexión que nos xorde de termos acceso a súa entrevista, é como podemos asistir a un xenocidio dun pobo, retransmitido en simultáneo por televisión. Isto é non só inconcibíbel, como moralmente incomprensíbel.

Nos leva a non ter dúbidas reais, sobre a falta de humanidade do señor Donald Trump.

Pois, este individuo, se podemos o cognominar entre os seres que pertencen a noso concepto de Humanidade. Como pode asistir e premiar o pobo israelita, conducido por uns cantos criminais de guerra, xa declarados internacionalmente, como tales e, mercé da protección de Trump, a xustiza mundial, a pesar de estaren en busca e captura, os deixan andar impunemente, por todo o mundo e que prosigan este xenocidio.

Estes dirixentes co señor Benjamin Netanyahu, maten indiscriminadamente, xente inocente e, que só único crime, é seren cidadáns palestinos.

A pesar deste dirixente de Hamas, ter as súas dúbidas acerca do cumprimento por parte de Israel, do plano de paz proposto en 20 puntos por Tump, este agradece a Trump e, transcribimos as súas palabras:

“Grazas polos seus esforzos e pola promesa de parar a guerra e liberar os prisioneiros. Estamos comprometidos con el. Só deteña a guerra”

Recordamos a propósito de prisioneiros, Hamas tén vivos 20 prisioneiros, e 48 cadáveres doutros que morreron en prisións.

Mentres Israel, ten 1.700 arrestados sen xuízo nin causa á vista e a 250, condenados a prisión perpetúa.

Non podemos esquecer que o número de mortos palestinos, están por determinar, e o número que se manexa xa supera os 70.000 (entre nenos, mulleres e civís indefensos). O número de desaparecidos xa supera os 300.000.

Estará a destrución da Palestina salvaguardada?

Pois, non nos parece, así que o propio Netanyahu, afirmou que “as tropas israelitas, permanecerán atrincheiradas en Gaza, indefinidamente”.

Corre a sospeita de Hamas de que Israel despois, deste alto de fogo e dos trocos de prisioneiros, volva de novo as armas e, continúe o xenocidio.

Pois, o primeiro ministro israelita e seus socios de goberno, non son persoas ni credíveis, nin honrados.

Non debemos esquecer o grande negocio de que fala Trump de crear unha Riviera no Mediterráneo oriental, transformando en patio de inversións, altamente rentabeis para o empresario inmobiliario, chamado Donald Trump e de Jared Kushner, xenro do presidente e amigo persoal de Netanyahu.

No fondo, segundo Marzouk, Hamas estaba perante a espada e a parede, non podía crer en calqueira acordo de cese o fogo con Netanyahu, fose unha garantía de poder a ser por el respectado, entón a única hipótese mais respectábel sería a de crer en Donald Trump.

Este hai sido o drama, non tendo Hamas outra alternativa.

En noso entender, o equilibrio do texto, vai en detrimento de Hamas, dado que este irá renunciar a calquera poder na Franxa de Gaza.

No entanto, Hamas resaltou que estaba autorizada a negociar o alto de fogo con Israel, mais que non tiña calquera poder outorgado, para negociar no futuro calquera cuestión sobre a autodeterminación e goberno, así como as condicións sobre o futuro Estado Palestino.

Segundo Abu Marzouk, cando lles foi presentado o documento de 20 puntos, nas reunións cos mediadores, a súa contestación, foi de que Hamas estaba autorizado a poder aceptar eses vinte puntos, para se declarar e respectar o cesar fogo.

No entanto, non estaban autorizados a decidir sobre o futuro do pobo palestino. Engadindo “esta estratexia se desenvolveu para nos permitir unir a patria palestina, de modo que poda decidir o futuro de Gaza”. Tendo sobre este punto Abu Marzouk engadido, “todo se debe discutir, porque pertence a todos os palestinos e non só a Hamas.

Trump, contestou a estas declaracións cun entusiasmo, pouco de crer, mais o traxe é declarou na publicación Truth Social “baseandome na declaración que acaba de emitir Hamas, creo que están prontos para unha Paz duradeira. Israel debe deter inmediatamente o bombardeiro sobre Gaza.”

O que nos parece é que o señor Donald Trump, ou é unha caixa de sorpresas, un consagrado actor de teatro ou ambas as cousas ao mesmo tempo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.