![]()
Nesas universidades privadas, se manipulaban as mentes dos alumnos, na dirección que interesaban aos beneméritos protectores desas institucións, a quen previamente, dunha forma “xenerosa” subvencionaban cos seus diñeiros.
Por Jose Vieira | 16/05/2025
Sempre consideramos as universidades, como sendo a cúpula natural do ensino profesional.
Por esa razón, en noso modesto entender, sempre deberían os seus profesores e de máis investigadores ela adscritos, gozar da máxima liberdade de acción, sen a intervención ou mellor, sen a imposición dunha política que dalgunha maneira conceptuais e, “contra natura” viñesen a impor criterios ou corsés orientativos e, como non podía deixar de ser, limitadores da independencia da investigación e do ensino.
Soamente, cunha investigación e ensino libre de restricións limitativas da súa independencia, se poderá formar persoas que poidan transmitir os coñecementos adquiridos, así como as ideas claras e innovadoras, que lles foron transmitidas e, trasladadas neses centros de coñecemento, a toda a poboación que non tivo a posibilidade de usufrutuar da posibilidade poder máis alén da formación máis básica.
Desde tempos bastante antigos, as universidades foron centros en que o coñecemento, nas súas máis variadas áreas, fluía sen seren limitadas por intromisións dos políticos de entón.
Tampouco podemos esquecer que a maioría das universidades eran entidades independentes e, que funcionaban como entes públicos, en que os seus órganos reitores eran elixidos dentro dos propios elementos que compuñan os cadros da mesma.
Queremos recordar, que as universidades, incluso entre os seus órganos reitores, tiñan tamén lugar de representación e decisión, representación dos seus alumnos. Como que eran entes en que de certo modo, funcionaban cunha correcta democracia, pois, esta era unha herdanza das propias democracias gregas.
O que ten ocorrido é que o ensino superior (chamado universitario), se tornou máis esixente, no recrutamento dos alumnos, (chamada proba de acceso a unha carreira), ou por dificultade dentro de cada carreira, estas se tornaron máis difíciles, ou sexa, máis esixentes en sus probas internas, o que foi acontecendo coa universidade pública.
Estes acesos, como estabamos a dicir, pasaran a ser moito máis selectivo no acceso ao banzo máis perfeccionado dos respectivos e distinguidos coñecementos, mais tamén con vista a unha maior operacionalidade, ou sexa, dar as ferramentas en cada especialidade (léase carreira), para que cada un poida a posterior, se ir formando complementariamente, en continúo, durante a súa vida.
É como limitar a vida do eterno estudante presencial, por toda una vida dentro da universidade, mas poder recorrer a esta, sempre que o necesite, mas xa non como alumno residente.
Esta dificultade, que referimos da necesidade de que os alumnos partan dunha base de coñecemento básico para poder acceder con máis facilidade aos coñecementos que lle son ministrados, é a que chamamos a mínimo necesaria, en termos da busca de excelência no ensino.
Non obstante, algúns empresarios, inversores e interesados políticos, levados por súas ambicións particulares e privadas de dominio e de poder tivesen os seus ollos postos en crear universidades en que os que tiñan diñeiro, puidesen acceder a unha careira académica, sen as canseiras propios dunha intensiva carreira de eficacia e esforzo de estudo, como lles era esixido nas universidades públicas de sempre.
Más, nesas universidades privadas, se manipulaban as mentes dos alumnos, na dirección que interesaban aos beneméritos protectores desas institucións, a quen previamente, dunha forma “xenerosa” subvencionaban cos seus diñeiros.
Estaba descuberto un negocio, de moito valor. As chamadas universidades privadas.
Como non podía deixar de ser, os primeiros ou case primeiros a se imporen neste novo negocio, foron os “donos das relixións “, sexa de que “Fe” sexa, pois, agora o que era importante era influenciar espíritos en determinadas liñas de actuación no futuro e, sobre todo o máis, gañar diñeiro co ensino e, moi máis importante, crear unha masa de técnicos dociles e moldeados segundo as necesidades desa oligarquía de poderosos multimillonarios.
Este negocio, pasou a ter dous gañadores, as propias universidades privadas, que non pasaron de ter como obxectivo a obtención do maior beneficio posíbel e, por outro lado, estas institucións, incluíron en sus estatutos (en xeral so a forma de fundacións), e, como tal, conseguir que unha pléiade de “ricos” e de empresas faceren as súas doazóns de vultuosas contías e, como tal, obteren dous beneficios; un de exencións fiscais e o outro, o de poderen influír na creación de formados cos perfís que lles eran útiles.
Antes de avanzarmos nas razoes que nos levaron a facer este, imos falar un pouco de historia da universidade e como tal, da súa independencia sobre o poder político e económico, na actualidade.
Así, desde as orixes das universidades, como forma de xustificar a independencia destas, estas institucións sempre procuraron un afastamento estratéxico como forma de defensa das súas autonomías propias.
Mas, mesmo así, os poderes políticos e, ao mesmo tempo da intervención do diñeiro dos multimillonarios, que como contrapartida das súas liberalidades financeiras, estes buscaron anular en gran medida, esa súa independencia, para imprimiren as orientacións que lles iría ben aos seus intereses.
Dunha maneira xeral as universidades, non foron implantadas como institucións de educación superior, polo menos, dunha forma inicial desde a súa creación.
Nos seus principios, estas xurdiron na Idade Media, como sendo o resultando de centros de ensino, que se foron creando á sombra de catedrais ou mosteiros e, como tal dependentes da igrexa católica.
O proprio corpo docente (o conxunto de profesores), que leccionaban as distinguidas disciplinas, eran en xeral membros dos cadros da respectiva organización católica.
Esta forma de aparición e desenvolvemento destas organizacións de ensino, como referimos, xorden en especial entre os séculos XII e XIII. Habitualmente considerada como sendo a primeira, que se teñen constancia factual é a de BOLONIA.
Como característica a ter en #relevancia, desde o seu inicio, quere os profesores quere os alumnos, se organizaban en auténticas organizacións corporativas, como sendo unha forma de protección e, quere se queira ou non, cun correcto toque elitista.
Como curiosidade, as primeiras clases que foron ensinadas, versaron esencialmente na TEOLOXÍA e no DEREITO, para pronto se ir diversificando para o estudo da xeometría e varias outras materias, como por exemplo, a astronomía a matemática e, naturalmente coa FILOSOFÍA.
A pesar de todo estas institucións de ensino superior, gozaban dunha correcta autonomía administrativa, política e, como non podía deixar de ser, académica.
Había tamén diferenzas entre o que eran escolas e o que eran universidades, as primeiras eran de ensino moi máis locais e limitadas no en ámbito de ensino, mentres as universidades albergaban estudantes, que buscaban un coñecemento moi máis complexo, en suma, un ensino superior, eran bastante menos dirixidas a zonas limitadas, pois, eran frecuentadas por estudantes doutras rexións e, até doutros países.
Poderiamos concluír, dicindo que as universidades, eran organizacións, autónomas que gozaban de privilexios sociais, eran organizacións corporativas, entre outras diversas características.
As máis antigas, que se recoñecen como tal son:
UNIVERSIDADE Fundación
– BOLONIA …………………………………………1088
– OXFORD………………………..CERCA DE….1096
-CAMBRIDGE………………………………………1209
– PARÍS………………………………………………1215
– PALENCIA………………………………………..1212
– SALAMANCA…………………………………….1219
Non podemos deixar de referir, que estas se desenvolveron e se multiplicaron un pouco por todo o lado a partir do pre renacemento e, especialmente con este.
Posta esta breve introdución, non podemos deixar de entrar na autentica tentativa de manipulación das universidades, sobre todo os seus corpos docentes, como forma de orientación corporativa dos políticos de momento, rexidos polos intereses dos multimilionários.
Isto está a acontecer un pouco por todo o mundo, en relación às universidades públicas, a pesar da forte resistencia dos seus mellores docentes.
No entanto, as universidades privadas, se así se poden chamar, pois, moitas destas non son máis do que “chiringuitos”, destinados a obter os funcionarios coas orientacións necesarias a esta ou outra actividade e, como vehículo para obter as subvencións fiscais inherentes aos seus accionistas.
Pois, o que está a acontecer é que as privadas crecen como auténticos cogomelos en terreo súper fértil e, no entanto, salvo raras excepcións son auténticos timos en termos de calidade de ensino.
Parece, que felizmente se está a preparar lexislación, polo menos en España, para dar algunha seriedade nesas empresas que venden cursos a metro e sen a debida formación e sen docentes debidamente preparados para ensinar.
Mas unha das principais razoes deste texto vén finalmente a luz e, trata da inaceptábel pretensión de total control por parte do presidente dos Estados Unidos da América do Norte, o señor Trump, suspender as subvencións ás universidades que non se suxeiten as súas orientacións.
O que realmente queremos afirmar sen calquera dúbida é que ningún goberno sexa de que partido sexa, ten o dereito de interferir ou ditar o que as universidades, sexan públicas ou privadas, poden ou non ensinar, a quen deben contratar para a respectiva docencia, quere nas áreas de investigación ou no ensino.
A primeira a ser albo dos ollos de inquisidor (debe estar a tomar como exemplo a santa inquisición – con letra minúscula), foi a sempre excelente universidade de Harvard, que ten servido como motor e farol a seguir en moitas das materias en que esta pontifica.
Esperemos que este espantoso exemplo non veña a ser seguido nas nosas universidades europeas e, que polo momento o bo senso prevaleza na cabeza tan desgobernada deste xerife americano, é que este e os seus multimillonarios apoiantes, queren impor ao resto do mundo a lei do oeste americano.
Á fin e ao cabo parece que tamén na actualidade estes señores queren tamén dalgunha maneira levar ao xenocidio, polo menos mental, do resto do mundo.
Se el primero en comentar