Desde este raciocinio, un ecosistema se transforma, nun potencial fonte de receita monetarias e, unha posíbel zona de “negocios empresariais capitalistas”.
Por Jose Vieira
Se ten vindo a falar, dunha forma insistente, desde a última década do século pasado, que os problemas medioambientais son consecuencia dos mercados fallaren e, que estes fallos se deben a que entre os mercados reais e os ideais, existe un desfasamento ou unha non coincidencia.
Igualmente se ten admitido, nunha determinada tese, que eses fallos teñen orixe na falta de avaliación monetaria, dos chamados servizos ambientais, no mercado e, como tal, non son valorados, iso por tanto, leva hai degradación dos ecosistemas.
Así imos avanzar unha definición de ecosistemas, que debe ser entendida sobre dúas óticas:
Biolóxico: Sistema biolóxico constituído por una comunidade de seres vivos no medio natural en que viven
Exemplo – “ecosistemas terrestres”
Social: Medio social, profesional o educativo no cal evolucionan un grupo de persoas.
Exemplo – “Unha cozinha dun restaurante debe funcionar, como un reloxo, pois é un ecosistema, moi delicado”
Posta esta puntualización, podemos dicir que a crise ambiental está directamente relacionada, cos ataques perpetuados polos seres humanos, a través de procesos como a desertización e erosión, a destrución da biodiversidade, a escaseza de auga potábel (auga doce), acidificación dos océanos, da elevación da temperatura terrestre, etc.
No entanto, tomando en consideración a tese da non atribución de valor aos chamados servizos ecosistemicos, utilizados do noso entorno natural, entón os fenómenos da degradación enriba referidos, non debían de ser atribuídos, nin ao exceso de consumo, desperdicio, ou á explotación irresponsábel deses mesmos recursos, mais si, a falta de valoración deses bens, que igualmente son escasos.
Dunha forma moi simple, os bens escasos, por natureza, ao teren valor monetario, son activos patrimoniais e, se igualmente atribuímos valor aos servizos ambientais, que un calquera ecosistema fornece, entón estaremos perante un activo económico.
Desde este raciocinio, un ecosistema se transforma, nun potencial fonte de receita monetarias e, unha posíbel zona de “negocios empresariais capitalistas”.
Introduzamos e precisemos, o concepto de servizos ecosistemicos, como sendo o que permite analizar o vínculo que existe entre o funcionamento dos ecosistemas e o benestar humano.
Volvendo ao tema da valoración dos servizos ambientais e, a posibilidade de seren comercializados no mercado, logo os académicos e políticos, os foron introducindo, no mundo das preocupacións empresariais.
Desde esa situación, técnico económica, se estabeleceu unha chamada de atención ao deterioro, dos servizos esenciais, proporcionados polos servizos ecosistemicos, pasando a ser obxecto das chamadas axendas medioambientais, quere nacionais quere a nivel mundial.
Así, a teoría económica neoclásica, que é soporte do neoliberalismo, en termos ideolóxicos, toma como bo, que os ecosistemas sexan os resultantes dos servizos que son indispensábeis, para o mantemento da sociedade. Claro, que estes implican custos e, dentro destes, os custos de oportunidade, o que determina que se estabeleza un equilibrio, tal forma, que os custos marxinades, sexan iguais aos beneficios marxinades.
Máis, o neoliberalismo, sustenta que para iso, non hai necesidade de calquera intervención dos Gobernos, só que estean perfectamente definidos os dereitos á súa propiedade. Todo estará perfecto, coa existencia de mercados competitivos.
No entanto, asumimos que nos é imposíbel asimilar os servizos ambientais, como bens económicos, permitindo así a súa comercialización.
Xuntaremos a este aproveitamento dos neoliberais, o gran negocio en perspectiva, que son os servizos de que se farán as consultaras de asistencia técnica, resultantes das aplicacións de informes de medición, avaliación e, tamén as informáticas, dos medios da natureza, para confinar e facilitar a comercialización do que chamaremos, negocios co ecosistema.
Pasemos agora a forma de evolución dos ecosistemas e, de acordo coa publicación do “Millenium Ecosystem Assessment” (por siglas MEA), que se pode traducir por: Avaliación dos Ecosistemas do Milenio, diremos que este traballo foi desenvolvido por cerca de 1400 científicos, durante uns cinco anos.
Estes identificaron catro grupos ou categorías de servizos ecosistemicos, conforme esquema abaixo representado, por xentileza e copia de MEA (2005).
Estes son por aqueles identificados en tres grupos, inicialmente como dicimos enriba e, ao que posteriormente engadiron un quarto.
SERVIZOS DE SUMINITROS PRODUTOS OBTIDOS DO ECOSISTEMA | SERVIZOS DE REGULACIÓN BENEFICIOS DA REGULACAO DOS PROCESSOS DO ECOSISTEMA | SERVIZOS CULTURAIS BENEFICIOS NO MATERIAIS DOS ECOSISTEMAS |
Auga fresca | calidade do ar | Espirituais relixiosos |
MadeIra | Regulación do clima | Recreación e ecoturismo |
Fibras | Regulación da auga | Patrimonio cultural |
LeÑa | Controla da erosión | Estéticos |
Recursos Xenéticos | Polinización | Educacionais |
Bioquímicos | Tratamento de residuos | |
—————————– | Protección de tormentas | ———————— |
E un cuarto
SERVIÇOS DE SUPORTE | ||
Servizos necesarios para a produción dos outros servizos ecosistemicos | ||
Formación do solo | Ciclos de nutrientes | Produción primaria |
Este enfoque da MEA, representa un avance moi grande, ao caracterizar os servizos de soporte como base, para outros servizos e, ao mesmo tempo, designar que algúns, son de soporte par permite dicir, que adoptan unha clara postura, para o seu desenvolvemento sustentábel.
Este modelo non concibe o chamado “capital fabricado”, o que representa unha mudanza moi importante ao afirmar que a vida no planeta, así como o respectivo benestar das xentes, non pode estar dependente de ningún tipo limitativo acordado.
Para nós, un dos principais avances deste informe, vén a ser as posibilidades de diálogo, que o mesmo abriu, ao posibilitar a posta en discusión entre a economía e a ecoloxía.
Este avance ten a ver con que a maioría dos traballos de investigación ecolóxica, non teñan en conta co ben estar das persoas. O mesmo pasa cos estudos sociais, que non fan ou non están directamente ligados, aos servizos ecosistemicos e, como estes, afectan os sistemas sociais.
Queremos alertar, que unha das limitacións que ten creado máis cuestións, ten sido que este modelo levanta restricións no chamado “stock-fluxo”, que é o modelo utilizado e entendido polos ecoloxistas, ao procuraren entender os ecosistemas (segundo Nogaard, 2010).
Este modelo de “stock-fluxo” é un clásico, de como Weber e outros científicos sociais, dominan, a racionalidade “tecno- instrumental”.
E isto nos trae dúas consecuencias: a primeira é que, o contexto social sobre que os ecosistemas son afectados, son practicamente ignorados e, a segunda, que decorre desta e, que ten a ver, coa creación dun encadramento ideolóxico que o xustifique, cunha base científica (obxectiva).
Así concluiremos, que non é de estrañar, que a economía clásica, máis reducionista e instrumental das ciencias sociais, dominase o estudo, do que agora se presenta con dimensión humana da conservación da natureza (Cohen, Demeritt, Robinsone, Rothman 1998)
Se el primero en comentar