Cómo será o Capital á praza deste século XXI

Imos tentar, facer algunhas reflexións sobre a marcha do capital á praza do tempo, que nos tocou vivir e, o situar, dentro do posíbel, en tempos futuros. Estas nosas reflexións, son a propósito du documental, que se estrea no país do lado, o próximo día 22, nas súas salas de cinema. Se trata, como dixemos, no título deste texto, “O Capital no Século XXI”, da autoría do realizador Justin Pemberton, que é unha produción franco- neozelandesa.

O guión desta película  documental, se basea no traballo, xa largamente coñecido en España, inspirado nos excelentes libros, do economista francés Thomas  Piketty, titulados “Capital e Ideoloxía”, editados por Edicións  Deusto, que é o seu último e o anterior, por  Fondo de Cultura Económica de España, precisamente co título de “O Capital no século XXI”. Igualmente non podemos deixar de referir, que o documental, asume o nome do seu anterior libro, “O Capital no século XXI”, dos cales se venderon máis de dous millóns e medio de exemplares.

Daremos unha visión, aínda que sucinta do referido texto, sobre todo nas súas liñas que máis interesan para o momento en que estamos a atravesar e, que dunha maneira, máis que evidente, moitos dos políticos de quenda, ignoran e máis do que ignoraren, desprecian, sen competencia para tal.

Posta está introdución, pasaremos a marcar referencias, que son esenciais na súa lectura.

Non podemos deixar de comezar este percorrido, sen referir que cada vez é máis evidente o empeño dos ricos e das grandes empresas, de cada vez o seren máis e, cavar un “gap” cada vez máis profundo, onde as desigualdades, socio económicas, son impresionantes. Con isto queremos dicir que o que está en cuestión para os ricos, é unicamente se tornaren cada vez máis ricos, sen importar que para o conseguir, o terán que facer, ó custa do  empobrecimento, cada vez máis grande, así como a costa de cada vez máis poboación.

Isto non é nada novo, só que desde que os poderosos e ricos conseguiron destruír o  New  Deal (1) (o novo trato), que foi a forma de se recuperar da gran Depresión, que comezou na celebre xoves, día 24 de outubro de 1929, co  crack (caída da Bolsa de Nova York) e, se estendeu, por largos anos, até que se abandonou ben entrados os anos 70 do século pasado, este programa de apoios. Xa veremos a semellanza con outros tempos pasados de mala memoria.

Desde entón, viña a ser preparado, o que veu a chamarse o capitalismo global, configurado polas políticas do  neoliberalismo da escola de Chicago (ver A Nova Orde, de José Vieira, no capitulo dos Amos do Mundo, así como en relación a escola austríaca e ás reunións de  Mont  Pelegrin), en que o resultado ten vindo a ser visíbel, e se mostra  o enriquecemento cada vez máis concentrado nun número cada vez máis pequeno de grande ricos, así como a contra partida dun aumento cada vez máis rápido e profundo do estado de miseria dos  desposuídos.  

Diciamos que está ambición de ver estar a riqueza cada vez máis concentrada nuns pouco, é unha idea que vén desde os longos tempos, ou sexa, desde o  inicio da Revolución Industrial, o século XVIII,  onde os  aristócratas (que eran os propietarios das terras – riqueza  estática), facían unicamente seus herdeiros, o fillo máis vello (a chamada lei do morgado), que era o sistema, que permitía, dunha forma fácil concentrar o territorio sen repartición. Así no inicio dese século, 1% da poboación, que era a aristocracia, detiña a esmagadora maioría da riqueza na Europa.

Esta situación, como non podía deixar de ser, inxusta, xerou unha situación de revolta, o que terminou por levar a poboación de Francia á Revolución Francesa (1789/1791).

No entanto, como todos sabemos, está revolución, non veu a conseguir que as desigualdades deixasen de campear. O que de feito veu a acontecer, a medio e largo prazo, foi a aparición, dunha nova clase, a chamada burguesía. É desde esta que as sementes do capitalismo nascente se comezan a facer sentir, a súa xerminación.

No entanto, un novo soño despunta entre as poboacións do vello continente a Europa, que era o soño, se tornaren ricos, a través da emigración, buscando fóra da Europa, sobre todo nas Américas, a oportunidade que no seu continente non conseguían. Nace así, o soño das riquezas posíbeis de conseguir, nos Novos Mundos.

É neste punto, por exemplo que Thomas Piketty sobrádea que o desenvolvemento do soño dos novos mundos, e as riquezas realmente conseguidas se obteñen á custa da escravitude e das pilhagens nos territorios coloniais. O que, como é evidente, veu aínda a xerar nova concentración de riqueza nos países coloniais e dentro destes, novas concentracións de riquezas en autenticas compañías maxestáticas, detidas por moi poucos. Aquí se ve especialmente como sede destas concentracións, a Inglaterra e a Francia, sobre todo nunha burguesía, que se ía facendo co poder.

De novo se verifica, as confrontacións entre potencias, como resultado desas concentracións. Xorde o conflito, da Primeira gran Guerra Mundial, onde se pode sumar, a importancia cada vez máis crecente, dos nacionalismos e das tensións sociais resultantes, que foron aproveitadas polas distinguidas potencias.

Unha consecuencia inmediata, foi o crecemento perfectamente extremo, por toda a Europa, dunha pobreza xeneralizada.

Por exemplo verificamos nova ollada dunha procura de riqueza popular, nos Estados Unidos, perfectamente inducida por unha autentica histeria bolsista, pois, se proclamaba a todos os ventos, que o que era bo para a bolsa tamén sería para os individuos. Como sabemos hoxe de fonte experimental, xamais isto foi unha verdade absoluta, nin sequera relativa. Novo debacle americano.

No entanto a devastación europea, no tras a Primeira gran Guerra Mundial, carrexou para a poboación, un estado de pobreza e de carencias de todo o tipo, así como a transferencia de cada vez máis riqueza para cada vez menos persoas. Se concentra a riqueza en menos xentes. Esta situación trouxen, a insatisfacción das persoas, coincidindo con períodos de grandes inflacións (especialmente ben documentados, este período, en dúas obras literarias do premio Nobel da literatura, John Steinbeck, “O obelisco Negro” e “As Viñas da Ira”).

A consecuencia desta secuencia de desorientación económica e social, fixo proliferar, os nacementos dos réximes nazis e fascistas como sucedeu en Italia, na Alemaña, en España, no Xapón e en Portugal. Estaba a crearse as condicións obxectivas para o rexurdimento dos conflitos expansionistas dos países do eixe (Alemaña, Italia e Xapón), que tivo como consecuencia a Segunda Guerra Mundial, con todas as súas transformacións subsecuentes.

Entra aquí a reconstrución da Europa e o rexurdimento dos vellos grupos de capitalismo industrial, no entanto, este era o portador agora dunha riqueza dinámica mentres o século XVIII, as aristocracias, eran os posuidores dunha riqueza estática, o sexa das terras.

Con isto chegamos aos anos de 1979/1980, cando aparecen os dous políticos que implantaron, as sementes, de aínda maior desigualdade e, inxustiza social.  No entanto e, estrañamente, as liñas de conduta de moitos dos gobernos actuais, que se din de esquerdas,  socioeconómicas, non fan outra política, que non sexa, seguir a raxatabla, os seus sistemas, de  desnacionalizar, de privatizar todo o que era rendíbel, eliminar, o máis posíbel, o estado de ben estar, deixando no total  desamparo as poboacións máis vulnerábeis.  Se tratou na América do Norte, de Donald  Reagan que foi presidente entra 1981 e 1989 e na Inglaterra, de Margaret Thatcher, que foi a primeira ministra, desde 1979 até 1990. Este período, chamamos, o inicio da longa noite do empobrecimento e da eliminación da chamada clase medías ou acomodada.

Desde entón, as súas palabras de orde, de ambos os lados do Atlántico, se resumían en que a ideoloxía capitalista tiña que ser cada vez máis dura, sen atender as poboacións que non fosen as dos grandes grupos económicos. En resumo, que o Estado tiña que ser cada vez máis débil, devolvendo ao grande capital a forza que tivera o século XIX. Todo tiña que estar na man dos grandes privados.

Estas políticas, practicadas polos “Amos do Mundo” (2), funcionaron e, como resultado, aumentaron as desigualdades sociais, o que resultou na fractura das clases. A solidariedade e a fraternidade pasaron a ser palabras baleiras de calquera sentido.

Estaban lanzadas as sementes para que xamais, nin o capitalismo fose o mesmo, tornándose nun sistema de dominación salvaxe, en que os cada vez os máis ricos, 1% da poboación, non teñan outro obxectivo, que non sexa a escravización total e, co abandono das poboacións. O que significa, para os grandes grupos, é manter unha bolsa de traballo, sen capacidade de discutir salarios, nin a súa sustentación, nin calquera protección ou seguridade social.  Esta xa é a perspectiva que se ve en cada esquina, do Mundo en que nos toca vivir. 

Será que se aproxima novo conflito social?

Queremos dicir, que Thomas Piketty desenvolve dunha forma maxistral e cunha clareza pedagóxica impresionante estes temas, o que se torna imprescindíbel, para quen desexe afondar a sen razón do asalto dos grandes grupos á sociedade en xeral, a lectura coidadosa destes dous volumes de cerca de dous mil follas.

NOTAS:

(1) Se tratou dunha política de proposta por Franklin D.  Roosevelt,  que o día 2 de xullo de 1932, durante a súa campaña para presidente dos Estados Unidos, prometeu, un “Novo trato”, que sería a súa forma de volver a dar esperanzas a poboación, que se encontraba emerxida na gran Depresión e, cuxa política do entón presidente,  Herbert  Hoover, fallara completamente, como é reflexo a lei proteccionista  Hawlei- Smoot.

(2)Ver “A Nova Orde”, onde se mostra con detalle os xogos de poder e a destrución das clases laboriosas populares. O autor José Vieira

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.