
Dunha forma moi sensíbel e até pacifica, o presidente Nehru, ordenou que os respectivos territorios de administración portuguesa, fosen invadidos por decenas de millares de indios, que aos gritos de Vijay, ocuparon todo o espazo xeográfico.
Por Jose Vieira | 2/09/2026
Entre os días 18 e 19 de decembro de 1961, o presidente Nehru, da India, ordenou a anexión dos territorios, que até entón eran considerados unhas provincias portuguesas e, que reparaban nos nomes de GOA, DAMAO E DIU e, un pequeno local chamado Nagar-a-Veli, constituíndo estes o resto do imperio portugués de Oriente.
Só restaba deste a cidade de Macau, que formaba parte dunha concesión, negociada coa China, fai uns case cincocentos anos e, que só terminaba no ano de 2000.
Era dun territorio que superaba, na altura, un millón e trescentos mil habitantes.
Portugal, posuía e administraba estes territorios fai máis de 450 anos, estes estaban encravados, dentro do referido Estado Indio.
A operación foi denominada VIJAY, que en indio significa vitoria.
¿Como se efectuou a operación?
Dunha forma moi sensíbel e até pacifica, o presidente Nehru, ordenou que os respectivos territorios de administración portuguesa, fosen invadidos por decenas de millares de indios, que aos gritos de Vijay, ocuparon todo o espazo xeográfico.
Este territorio que o goberno de entón portugués era dirixido polo profesor António de Oliveira Salazar, tiña como gobernador desa colonia e xefe militar, o Xeneral Vasalo e Silva, este ignorando as ordes de Salazar, entregou os territorios, sen calquera loita, á India.
Así, acabou unha colonia ou un territorio de 450 anos de antigüidade portuguesa, en corenta e oito horas, sen a necesidade dun único tiro.
¿Alguén está a pensar nalgún ensaio do xénero, nalgún outro sitio do mundo?
Ese movemento pacífico fora o camiño que Gandhi ensinara a Nehru, para a toma da India portuguesa.
Claro que entón, o goberno portugués, chamou traidor ao Xeneral Vasalo e Silva, sendo expulsado do exército portugués se tendo que exiliar.
Este, foi realmente aquilo que se pode dicir como un acto de reivindicación dun territorio, que estaba dentro do país en cuestión, sendo como unha ferida, na súa integridade territorial.
Tamén penso que na actualidade, a maior parte dos países soberanos, non admiten que se encontren, locais administrados por outras potencias, pois, son segundo estes, procesos de inxerencias e ao mesmo tempo, como considerando que os países que o admiten, son países, que pouco ou nada, senten o orgullo polo seu lexítimo territorio.
Xa non se pasou o mesmo cos outros territorios coloniais portugueses, especialmente cos africanos, referimosnos esencialmente a Angola, Mozambique e Guinea.
Pois, nestes, a relación era entre o país dominante e os movementos pola autodeterminación, que proviñan desde o seu interior.
Estes mesmos, eran apoiados, desde outros países, que buscaban posicións de privilexio, nas riquezas de subsolo deses territorios, tratando de marcar desde entón posicións neocolonialistas.
Por esas razóns, non había que se confrontar con outro país autónomo, mais si, co que o goberno portugués, dicía que eran os movementos terroristas. que buscaban a súa independencia, dunha forma ilexítima.
Esta actitude, de reivindicar a posesión dunha determinada cantidade de terra, de poboación, de cidades neses espazos, que no caso eran sitos en continentes distinguidos, non era outra cosa, que intentar polas armas, manter estados coloniais, de forma directa.
Claro que aínda hoxe temos exemplos, de neocolonialismos, máis ou menos disfrazados, como son os casos das asociacións de certos países independentes, mais ligados por soberanía con, por exemplo, co Reino Unido.
Mas non nos quedamos por aquí, pois, o maior exemplo de neocolonialismo, é o que desenvolve no presente os Estados Unidos da América do Norte, que o fai, de forma clara e impunemente, pola vía do seu enorme poder militar.
Tamén o fixo do mesmo modo a Federación Rusa, en relación aos antigos países da extinta República Socialista Soviética.
Non podiamos deixar de referir o último caso de expansionismo, racista e fascista, de máxima agresión en todos os aspectos que tocan aos humanos, que é o caso de Israel, que para atinxir os seus obxectivos neocolonialistas, está a practicar un xenocidio sobre o pobo palestino e, más, se expandindo, a través dos territorios alleos, creando falsos asentamentos, ou sexan, novas colonias.
Non podemos deixar de informar que non estamos o século XVI, nin tan pouco o século XVII, por iso, hai que estar atentos á Organización das Nacións Unidas e, non seguir os exemplos, dese déspota terrorista, que repara no nome de TRUMP.
Finalmente, que engadir con toda a sinceridade, que espero que non sexa, pois unha ave de maos agoiros.
Se el primero en comentar