Como podemos estar suxeitos á escaseza

Á medida que aumentan as necesidades, tamén aumentan de forma, até máis que proporcionais, a competición por eses materiais, con vista a obtención de reservas estratéxicas.

Por Jose Vieira | 3/07/2026

Temos que aceptar, por moito que nos custe, que estamos a vivir nun mundo en que a escaseza, está a xerar unhas tensións políticas que nos poden levar desde esas guerras localizadas, a un posíbel conflito xa global.

Os países, especialmente os chamados europeos máis occidentais, diriamos da Unión Europea (UE), procurar asegurar os fornecementos dos seus bens esenciais, para que as súas economías, poidan funcionar, segundo os seus estándares.

No entanto, xa vimos que cada vez máis é difícil senón moitísimo problemático, ter as certezas de que as programacións efectuadas, se veñan a cumprir, dado que hoxe en día, estamos todos ao sabor de dous ditadores, se queira ou non, así os cognominaremos e, que determinan o futuro da chamada zona de influencia americana.

Referimonos a (por orde de importancia de mando) Benjamin Netanyahu e Donald Trump, respectivamente o primeiro ministro de Israel e o Presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA).

Estas ideas da escaseza, foron primeiramente tratadas por Michael Klore, profesor de Estudos da Paz e da Seguridade Mundial, no Humpshire College de Massachusetts, nos USA.

Este estudoso, comezou a alertar este proceso en destrución do réxime normal de case libre acceso dos países de se forneceren dos subministros necesarios sen restricións a non ser a da su dispoñibilidade e tempos de necesarios ás súas entregas, á máis de 25 anos.

Escribindo un libro sobre este tema entón designado por “Carreira ao que Resta”.

Pero esa súa alerta pasou desapercibida a maioría do poder institucionalizado de entón. É que non se vía no horizonte as nubes escuras que hoxe vemos.

Temos que engadir que non se trata só de que o planeta Terra esté a se quedar sen os recursos necesarios ás súas industrias, máis especialmente as súas reservas están a ser cada vez más difíciles de acceder.

Recordamos o aparente sen sentido do desexo do presidente Trump ao querer anexar a Groenlandia, así como, dominar os principais reservas mundiais de petróleo e gas, pois, cada vez as reservas se encontran en zonas, máis restrinxidas e, como tal, tamén en espazos posibelmente máis susceptíbeis de conflitos.

Véxase como unha das cuestións da disputa e, apoio, a Israel non só pola presión do “lobby” judio nos USA, mais tamén, como forma de controlar a distribución deses subministros.

Estas carreiras, chamemos así, como o fixo Michael Klore, obrigan os países teren que dispender cada vez máis, maiores custos na súa obtención.

Pois, na maioría dos países eses materiais, ou non se encontran dispoñíbeis localmente e, como tal os teñen que importar, e os facer transportar por rutas cada vez más complicadas.

Recordemos o bloqueo decisivo, durante a guerra de invasión dos USA, do Irán, polas razóns do uranio enriquecido e, polo petróleo e gas, que xerou que se acumulasen no paso de Ormuz, uns centenares de barcos cos más diversos materiais e como non, petroleiros e gasistas.

Nun recente encontro entre o presidente dos USA e do presidente do Partido Comunista Chinés, este último chamou a atención do seu invitado Trump da chamada “Trampa de Tucidides” (que era un xeneral da antigüidade Grega), que durante a guerra de lo Peloponeso, propuxese unha estratexia de repartición das necesidades esenciais dunha forma equilibrada.

Este consello, en forma de parábola, de Xi Jiping a Trump, foi un aviso aos navegantes e ás aventuras imperialistas do referido presidente americano.

No entanto, non podemos esquecer, que á medida que aumentan as necesidades, tamén aumentan de forma, até máis que proporcionais, a competición por eses materiais, con vista a obtención de reservas estratéxicas.

Así podemos dicir que a medida que se van esgotando as reservas, esta situación, leva a que os posuidores desas materias se tornen cada vez máis ciosos da súa protección.

Casos das rexións, como da Groenlandia, do Ártico, e dos mares da China.

Así podemos nos acercar ao que máis nos parece realmente, capaz de desequilibrar as estruturas actuais, pois, tratase como será posíbel, nun futuro cada vez máis próximo conseguir acceder a esas reservas de materias esenciais, en seguranza.

Así o que vemos que cada vez o peso das dificultades e de posíbeis conflitos, pasa de estar tan asente na escaseza, mas si, na seguranza de poder acceder a esas materias.

É aí que cada vez más, parece que se está nunha progresión, sobre un camiño completamente minado e, que en calquera altura, pode estourar.

Máis pode até que países menos determinantes, dentro do control das nucleares, o que pode resultar que un deses países ao se sentir ameazados, desencadear os seus arsenais nucleares, resultando no fin dunha gran parte do noso planeta ou inclusive da destrución total.

Máis como sempre, os señores políticos, non toman conta os estudos e as previsións, dos estudosos, pois, en xeral aqueles (os políticos), só atenden os seus intereses electorais, os demócratas ou por outro lado os ditadores, como moito, soamente o que xulgan necesario para se manter no poder.

Debemos dicir que polo ano de 1972, o chamado “Club de Roma” publicou o designado Informe de Donella Meadows, ampliaba os límites ao crecemento económico, con base na posíbel e, xa visíbel posíbel escaseza das materias primas e de tuso en xeral e en particular, dos bens esenciais a subsistencia do xénero humano.

Así o que nos parece, é que como temos referido xa bastantes veces, os actuais líderes mundiais, priman por diversa formación, uns acceden ao poder a través de sus fortunas persoais e, dos seus patrocinadores multimilionários, como é o caso do señor emperador, Donald Trump, nos USA.

Por outro lado, outros como é o caso do seu opositor, a medio e a largo prazo, Xi Jiping, tiveron que mostrar, que estaba preparado para ser dirixente dun país con cerca de 1.400 millóns de persoas, e pasar os filtros de formación en todas as materias de gobernación.

Esta diferenza de formación, para alén das distinguidas formacións, tamén entroncan, nun moito común dito popular, que “para todo o mellor é saber esperar para alcanzar o desexado” e, ese proverbio adaptado, nos serve ás mil marabillas para finalizar estas nosas notas.

Así, nin Trump é só un louco, que non sabe o que fai nin ten un obxectivo ben determinado, nin Xi Jiping é un covarde co medo dos USA o que sabe que esperar era unha idea base de Confúcio.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.