Como financiar a crise (II)

Por  José Vieira

Desde esa altura, os países que foron intervidos e algúns outros, intentaran lanzar a idea da creación dun fondo, para situacións de aperto de tesouraría.

Como funcionaba a situación, os bancos Centrais dos países que estaban en dificultades ou non, facían a emisión de títulos de débeda pública, que non obstante as empresas de rating, facían a súa avaliación da posibilidade o risco de quebra do país.

Para iso crearon unhas puntuacións, que facían un escalonamento dos xuros a pagar por cada emisión, sendo naturalmente máis penalizadas as emisións de máis largo tempo. Nesta base, as entidades emprestadoras, invertían e gañaban ríos de diñeiro pois, conforme eran máis altas as puntuacións, nas subastas, máis xuros recibían e máis difícil o servizo da débeda, para o país debedor.

Se procuraron encontrar solucións, para a creación do tal fondo (nos referimos ao Fondo que sería unha especie , no entanto os países do norte da Europa, coa Alemania a cabeza, secundada pór a Austria, e os países  nórdicos, e como non pór a Holanda, xamais autorizaron que algo se fixese.

Cabe avanzar cunha pequena explicación, que ten a ver coas facilidades con que se obtiña créditos uns tempos atrás, para a obtención de vivenda propia. Parecía que a  banca en España, tiña diñeiro que nunca máis acababa, e aí estaba o erro, pois a  banca española, se socorría de préstamos, da  banca dos tales países que estiveron en contra, da creación do fondo de socorro, cando  estalou a crise pois, sobre todo a Alemaña era o principal acredor dos bancos e Caixas de España.

¿Que pedían entón os gobernos máis endebedados?

No fondo o que os países pedían era a posibilidade de poder vir a repor as súas finanzas en situación saudábel, mais para iso, necesitaban de ter naturalmente a posibilidade de contraer créditos, con taxas equilibradas e non especulativas, para pagar as súas débeda e o  respectivo servizo das mesmas.

Son famosas desde entón as chamadas batallas no euro grupo trabadas pór o ex-ministro das finanzas da Grecia, Yanis Varoufakis, de todas elas, sempre ficou cun sabor amargo, posto pór o ministro alemán igualmente tamén da finanzas, Wolfgang Schauble que, sempre se opuxo a axuda aos países en dificultades.

Este señor sempre se esqueceu que o mundo, perdoara en 60% a débeda da Alemaña, da Segunda Guerra Mundial, de aí o milagre alemán, conforme o describe o antigo ministro Ludwig Erhard, no seu libro “O ben estar para todos”. Non esquecer, que foi a Alemaña o principal beneficiario do Plano Marshal (de iniciativa do secretario de estado, xeneral George Marshal), para a súa reconstrución.

Somos membros de pleno dereito, da Unión Europea (EU), en principio, un espazo que comprende a existencia de 27 países, independentes entre si. Tamén a España forma parte do Euro Grupo (1), ou sexa, 19 países, que temos a moeda común o Euro.

Despois, existe para alén de todo, un organismo chamado ECOFIN (cuxas siglas significan, Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea), que se ocupa dos mercados financeiros, circulación de capitais, política económica, asuntos fiscais e relacións económicas entre os países da U.E.

Unha das funcións do ECOFIN, é preparar os orzamentos anuais da U.E., dos problemas xurídicos e prácticos da moeda única.

Posteriormente se quedou constituído, tras a revisión do tratado de Lisboa, en 2009, o Consello da Europa, pasando a ser un dos sete organismos da U.E.

Antes de avanzar, de como se obtén os financiamentos especiais, para os países, fóra dos fondos estruturais estabelecidos, que necesitan de apoio financeiro, debemos referir, que a U.E. como unha especie de federación de países, debía ter unha Constitución, que a rexese. Tal non acontece pois, cando a Comisión encargada da elaborar (dirixida polo Antigo Presidente da República Francesa, Valéry Giscard d’Estaing), a distribuíu para ser referendada pór os distinguidos países, logo foi vetada e como tal non pode ser posta en funcionamento.

Así, como unha forma de regulamento xeral, foi posto en vigor un acordo de forma de funcionamento da U.E., a través do Tratado de Lisboa de 2009. No entanto como calquera tipo de regulamento xeral, este ten tido moitas alteracións, provocadas por alteracións xurdidas no decurso da propia U.E., así como coa adición de novos actos e resolucións (2). De calquera maneira é esta a base de funcionamento actual da U.E.

Como calquera Constitución ou mesmo un regulamento, o Tratado de Lisboa, indica cales teñen que ser as regras a seguir para se obter a creación dun organismo adicional aos xa existentes, así como, o seu respectivo funcionamento, quere dos actuais, quere para novos instrumentos.

O que acontece realmente, é que existe un conxunto de países, que posúen a mesma moeda, os do chamado Euro Grupo, no entanto, non existe unha estrutura fiscal nin financeira, de soporte para o Euro.

Todo pasa como se o euro fose unha moeda de circulación obrigatoria, nos países adherentes, realmente postizo, dado que non existe realmente unha política financeira común de soporte.

O Tratado da Unión Europea, que entrou en vigor en 1993, prevía a creación dunha Unión Económica e Monetaria, coa introdución dunha moeda única. Esta sería o resultado da introdución dunha serie de condicións, que se irían aplicando de forma gradual.

A pesar de todas as limitacións, técnicas e estruturais, o euro pasou a circular o día 1 de xaneiro de 2002. Como curiosidade, o Euro non só circula na Europa, así como nos territorios, chamados do ultramar franceses, dado que forman parte integrante do estado francés. Igualmente existen dos países, que utilizan o euro, e non pertencen a U.E, se trata do Kósovo e de Montenegro. Tamén o euro é practicamente a moeda utilizada en Cabo Verde dada a proximidade política con Portugal.

Posto estas primeiras informacións sobre a U.E., se pode concluír que existe unha gran incerteza, a volta do euro e que non diminuíu tras a crise de 2008. Diriamos que o que tivo un correcto xiro con novas ameazas. Estas resultan obrigatoriamente das tarefas que debían preceder e acompañado a introdución do euro nos distinguidos circuítos económico/financeiros.

Podemos indicar que se creou unha crise cos recates financeiros, cos sucesivos fallos da Pacto de Estabilidade e Crecemento, a falta de confianza institucional e por último de máis recente ou sexa o Brexit.

Finalmente, os países que adheriron ao Euro, sempre confiaron que á súa volta se estabelecía un cinturón de estabilidade, de seguranza e de solidariedade institucional.

Non existe sequera un consenso, acerca de encontrar solucións para as debilidades estruturais, pois uns son adeptos de centralizar decisións fiscais e como tal a creación de eurobonos, outro grupo está polo labor dunha maior liberdade fiscal, pais a pais, impondo como contra partida, que os países sexan integralmente responsábeis polos seus éxitos e seus erros.

O único punto en que parece estaren todos de acordo, inclusive o antigo Presidente do Banco Central Europeo o señor Mario Draghi, é a falta de integración existente.

A integración peca pola falta dunha certa unión fiscal e pór a falta dunha xubilación bancaria certa.

Unha debilidade a xuntar ás enriba referidas, ten a ver cun cada vez máis débil estado das economías europeas, complicada aínda máis cunha conxuntura internacional, en franca crise económica.

Existe un mecanismo de estabilidade chamado MIDE (Mecanismo Europeo de Estabilidade), que xa emite bonos conxuntos. No entanto, o fai dunha maneira limitada, cunha forte fiscalización dos países que son os principais tomadores (acredores pór a compra dos bonos), que son a Finlandia e a Alemaña.

Por último, antes de pasarmos as solucións posíbeis, que apuntaremos no próximo artigo, os países antes da adopción do Euro, tiñan un instrumento interno para conformar as súas contas, que era as desvalorizacións monetarias. E co Euro iso se acabou.

Notas:

(1)   – Os 19 países do Euro son: Alemaña, Francia, Italia, España, Grecia, Portugal, Irlanda, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Letonia, Estonia, Lituania, Malta, Austria, Chipre, Eslovenia, Eslovaquia e Finlandia

(2)   – Recomendamos a lectura dunha larga brochura, sobre as alteracións ao Tratado de Lisboa, que ten como título Historial dos Tratados da Unión Europea

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.