Cartilla escolar antifascista

Por Ramón Nicolás / Caderno da Crítica

Chegou a min hoxe, dun xeito un tanto casual, un exemplar da Cartilla escolar antifascista que edita, coa exquisitez que adoita, Libros del Zorro Rojo.

O volume reproduce tanto a primeira edición deste método de aprendizaxe de lectura como o complemento chamado Cartilla aritmética antifascista, textos que foron redactados no seu día por Fernando Sáinz e Eusebio Cimorra a instancias do Ministerio de Instrucción Pública. Acompaña a edición un cartel encartado, da autoría de Mauricio Amster, onde consta o lema “Las milicias de la cultura luchan contra el fascismo combatiendo la ignorancia” que servía de apoio publicitario para a difusión das propias cartillas.

Un documento extraordinario que é, ademais, un símbolo da resistencia diante do fascismo e un manual de lectoescritura entendido como fundamental no proceso de alfabetización da poboación do territorio republicano na guerra civil e operativo, claro é, para divulgar os postulados de resistencia antifascista en plena guerra, incluíndo así imaxes que reiteraban as consignas da II República.

O libro, asemade, acompáñase dun recomendable e esclarecedor epílogo a cargo de Pedro G. Romero. Saúde e República!

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.