Capitáns de Abril: “O obxectivo da Revolución dos Cravos era desenvolver, descolonizar e democratizar”

O noso compañeiro Dani Seixo entrevistou a Carlos de Almada Contreiras, Pedro Cunha Lauret e António Rosado da Luz, tres protanistas da Revolución do 25 de Abril, da que agora se cumple o 50 aniversario.

Por Redacción NR | 17/05/2024

Carlos de Almada Contreiras, naceu en Aljustrel, en 1941, e gran parte da súa vida serviu na Marinha de Guerra Portuguesa. Foi un participante activo na Revolución dos Cravos, el foi quen escolleo a canción “Grândola Vila Morena”, de Zeca Afonso, como un dos sinais para poñer en marcha as operacións que facilitarían a caída da ditadura portuguesa de Marcelo Caetano, na noite do 24 de abril. Co triunfo da Revolución, ocupou varios cargos, foi Conselheiro de Estado, Conselheiro da Revolução e director do Centro de Informações e Segurança Militares, pasando ó retico co grado de Capitán do Mar. E dirixe a colección «Memórias de Guerra e Revolução», onde se editan obras que axudan no estudo e na memoria antifascista da Revolución.

O Coronel António Rosado da Luz, naquela altura capitán, con pouco máis de 25 anos, estaba destinado ó Centro de Instrução de Artilharia Antiaérea de Costa de Cascais, colaborador próximo a Otelo Saraiva e Carvalho, participou nas reunións dos militares rebeldes en Estoril e Cascais, nos preparativos do 25 de abril. Nesa data serviu de contacto, no Largo do Carmo, entre o as forzas sitiantes de Salgueiro Maia e o Posto de Comando, “fui efetivamente eu quem levou, por escrito, a ordem de Otelo Saraiva de Carvalho para abrir fogo e destruir o Quartel General da GNR, se eles não se rendessem e não entregassem Marcelo Caetano que ali tinham abrigado” afirmou António Rosado da Luz.

O capitán de navío Pedro Cunha Lauret, nacido en Lisboa en 1949, foi na mocidade dirixente de Acção Católica, para despois pasar á Escola Naval. Foi un dos fundadores, en 1970, dunha organización de oficiais da Armada de oposición á ditadura, sendo destinado, ó ano seguinte a Guinéa. Xa no continente, foi o enlace entre os o Movemento das Forzas Armadas e o grupo opositor de oficiais no que estaba. Despois do 25 de abril, integrou o gabinete do Almirante José Pinheiro de Azevedo, Xefe do Estado-Maior da Armada e membro da Junta de Salvação Nacional. Na reserva dende 1986, foi membro fundador da Associação 25 de Abril, integrou a sua dirección entre 2005 a 2015.

O martes 30 de abril os tres participaron na palestra Todos eles foron capitáns, organizado polo Ateneo de Pontevedra, circunstancia que foi aproveitada polo noso compañeiro Dani Seixo para entrevistalos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.