Por Telmo Comesaña
Lembrar a inxusta represión á que fomos sometidos na nosa adolescencia e xuventude é para chorar: chorar porque sen ser tan cruel e descarnada, ten cousas arrepiantes: esquecémola. Nas décadas sesenta e setenta xa ía mudando un pouco, e aquilo xa se consideraba un alivio: xa se empezou a poder ir ó cine e a bailar e pouco máis. (o que funcionaba con normalidade eran as tabernas e os prostíbulos. Os homes tiñan que desfogarse, aínda sabendo que era pecado mortal. As mulleres coidábanas máis porque tiñan que ser virxes até o matrimonio).
O por qué deste Limiar debese a unha conversa entre tres vellos e, -un deles era eu-.
Foi un encontro non preparado de antemán e, pouco despois xa estábamos ensarillados coa pandemia: -qué si o goberno non sabe por onde anda…, que si o Presidente da Xunta é un inútil, que si a sociedade está feita un farrapo e ninguén se queixa …etc.- Eu escoitaba e calaba. De súpeto pensei que o mellor era mudar de tema e propúxenlles falar da semana Santa e de toda a parafernalia que arrodea a efeméride. Tiven éxito, ademais daquela época pasamos á procesión do Cristo da Vitoria: houbo de “todo un pouco” porque un deles é moi fiel a causa das sotanas e para él o cristo -aínda que sexa de pau- é moi importante. Xa cando íamos rematando, porque se nos ía o tempo, falouse da procesión do primeiro ano de democracia en Vigo, segundo que estaba na posesión da fala, na organización había unha gran preocupación porque o goberno era un “molle” de comunistas. ( PSOE, PC e outros).
Aconteceu que o concelleiro de Seguridade mudou o itinerario nunha das rúas (descoñezo o motivo) pero a procesión foi por onde sempre, entón eu preguntei si fora o Concelleiro quen mudou de idea. A contestación foi rotunda e alporizada: -Non, foi o guía da procesión quen tomou a decisión, porque o Cristo da Vitoria está por enriba de todos, porque é “Capitán Xeneral con mando en Praza”.
Eu non lembraba cando lle impuxeran ese tan elevado rango a unha talla de madeira cravada nunha cruz tamén de pau.
Que importante é falar para refrescar a memoria.
Qué país, mi má!!
Se el primero en comentar