O experimento de afirmación de poder discrecional demostrado polos americanos, foi o primeiro e definitivo arranque para o inicio dun fin que se podería entrever, desde pronto, se non fósemos, todos inxenuos e benintencionados.
Por Jose Vieira | 19/12/2024
Comezamos por unha transcrición e tradución de nosa responsabilidade dunha cuestión posta por Noam Chomsky:
“Por primeira vez na historia da especie humana, desenrolamos claramente a capacidade de autodestruirnos”.
Non temos a mínima dubida, en subscribir integralmente esta frase, pois, os nosos xefes políticos, ben na Europa ben os ditadores imperialistas dos Estados Unidos da América do Norte (USA), non fan outra cousa que non sexa lanzar madeira ao lume (como se di na nosa cultura popular), para que a fogueira arda o máis fortemente e rápido posíbel.
O que están a facer estes políticos, case sen excepción, é acelerar dunha forma irreversíbel, a destrución da humanidade e, como tal, o planeta en que habitamos, para que este se transforme nun pedazo de materia, inerte, desértica e inhóspito, como por exemplo, a paisaxe lunar.
Non existe infelizmente calquera vacilación, en se poder afirmar que o proceso tivo o seu inicio, perfectamente ben marcado cando en 1945, foron deflagradas polos USA, “as bombas atómicas” sobre a poboación xaponesa, cando este país xa se encontraba a negociar a súa rendición.
No noso modesto entender, o experimento de afirmación de poder discrecional demostrado polos americanos, foi o primeiro e definitivo arranque para o inicio dun fin que se podería entrever, desde pronto, se non fósemos, todos inxenuos e benintencionados.
Mais o principio de destrución, non se ficou pola aniquilación dunha poboación, que pertencía a un país inimigo, pois, tivo desde pronto unha continuación constante e continúa, de ataques aparentemente más discretos, mais non moi menos irresponsábeis.
Queremonos referir aos constantes actos de destrución do noso “hábitat”, que son perpetuados, sobre todo polas nacións máis desenvolvidas economicamente /financeiramente e, que en linguaxe corrente, son os países imperialistas e subministradores de armamento e ao mesmo tempo os instigadores dos conflitos bélicos, neste mundo de “val de bágoas” completamente secas e inoperantes.
Temos vindo a poder constatar os efectos da destrución do medio ambiente, de que é testemuño a traxedia acontecida na autonomía de Valencia neste final de outubro. No entanto, a través de campañas moi ben “orquestradas”, se desenvolven os negacionistas, de mans dadas cos belicistas imperialistas.
Facendo crer que realmente existen negacionistas, cando estes só son froito dos efectos dun marketing, de ideas que impón aqueles que desa “doutrina”, resultan seren os beneficiarios líquidos de tamañas campañas criminais.
Todos nós convivimos a diario con todo isto, pois, non se trata dun segredo, antes polo contrario, chegaron a tal desaforo, de que até se burlan de non cooperar, cando se desenvolven encontros, internacionais (chamadas conferencias), con vista a pór os parches nas distinguidas situacións.
Tanto ten seren para tentar diminuír os impactos medioambientais ou sexan para parar conflitos bélicos, que previamente espallaron polo mundo, de acordo cos seus intereses económicos (nos referimos, como non podía deixar de ser, aos imperialistas americanos).
Claro que nos xorde a pregunta normal, que se pode formular da maneira seguinte:
Que está facendo a poboación en xeral para posibelmente reverter esta situación ou polo menos a atenuar, dando un pouco máis de vida ao planeta e as súas poboacións?
Practicamente nada, pois, aos políticos non lles interesa ir contra os seus empregadores no futuro e, como tal, para alén duns poucos ben-intencionados, mais en fin de carreira (recordemos o actual Secretario-xeral das Nacións Unidas, António Guterres), se limitan a unhas cantas reunións que despois os señores con poder e ou dereito de veto, as boicotean e inutilizan calquera efecto, desde que este estea en contra os seus intereses mercantís.
Existen algúns focos poboacionais, que tentan reaccionar contra este estado de cousas, mais que son casos illados e cando parece que poden se estender ou propagar, os poderes constituídos polos “Amos do Mundo”, normalmente tratan con toda a velocidade, os illar, desacreditar e adoutrinar as poboacións en sentido contrario aos intereses xerais.
Non deixa de ser significativo, que algúns dos maiores contestatarios, se encontran en poboacións perdidas no espazo e normalmente indíxenas, que tentan defender a súa integridade como sociedades.
No que toca á defensa do medio ambiente (sobre todo ao quecemento global), non podemos deixar de facer xustiza ao caso da Bolivia, país, en que a súa maioría poboacional, é realmente indíxena e como tal, polas súas propias idiosincrasias defenden con toda a forza posíbel os dereitos da nai natureza.
Algo de semellante tamén pasa no Ecuador, onde tamén prevalece a orixe indíxena da poboación e, como é necesario divulgar, é o único país con grandes reservas de petróleo, en que o goberno ten feito esforzos, no sentido de non permitir que o petróleo sexa explotado, e que, por tanto, sexa un fósil e o continúe a ser.
Este é en xeral a posición máis común dos pobos máis próximos às súas orixes, pois, dalgunha forma senten como se estivesen a violar a nai natureza ao faceren a extracción desmedida dos combustíbeis fósiles.
No entanto, non nos equivoquemos, pois, moitas outras poboacións indíxenas, pretenden ver na explotación dos combustíbeis, fósiles unha forma de obteren os medios financeiros para facilmente chegaren a un estado de “benestar” feito de explotación destrutiva, a través da produción do petróleo entre outras reservas do subsolo.
Así o que vemos de forma moitísimo líquida, é a países como os USA e Canadá, entre moitos outros, a desenvolveren unha carreira, como se tratase dun sprint a ver quen destrúe máis rapidamente e máis eficientemente o medio ambiente.
Aproveitamos este para referir unha frase do presidente Obama dos USA, que dicía nun seu discurso, “que estamos nun século de independencia enerxética”, mais como sabemos, este concepto non ten sentido práctico, o que realmente temos que reter, é que coa maximización da utilización dos combustíbeis fósiles, o que facemos é rematar inexorabelmente o mundo en que vivimos.
Finalmente o que podemos engadir, é que aínda que de forma insuficiente, é que algúns países da Europa, están desenrolando, fontes de enerxía alternativas.
Mentres como dicimos enriba os USA, en especial, non ten unha política coherente nin obxectiva de enerxías alternativas, às obtidas a través dos combustíbeis fósiles e, por outro lado, están tentando empurrar o mundo, sobre a súa influencia, para unha guerra global nuclear, sobre o signo da destrución total deste mundo en que vivimos.
Se el primero en comentar