
Non pagaremos de novo a súa crise
Os gobernos volverán a pedirnos un acto de fe confiando en que dos millóns entregados as grandes corporacións empresariais decantarán á sociedade coma as migallas da mesa do rico rematan no chan. Volverán a lavarse as mans aducindo que o mercado é libre e se autorregula mentres insuflan recursos as grandes corporacións e inoculan medo e desesperación ás familias traballadoras para que acepten sumisas unha nova redución drástica dos seus dereitos laborais.