Austeridade para que e para quen

Estas austeridades foron impostas, como podemos saber, pola Unión Europea e, naturalmente aproveitadas polos respectivos gobernos para os seus propios fins

Por Jose Vieira

A pregunta que imos por, non é da nosa autoría, mais corre nas bocas de moitos, dos que a estas tarefas de escribir, sobre estes temas.

Haberá necesidade dunha austeridade brutal para trabar o problema dos déficit da debeda pública?

Non só cremos que non, así como temos a certeza, de que non o é, na maioría dos casos.

Tratase realmente dunha decisión política, con toda a clareza de de estar a ocultar a utilización dos medios para outros destinos.

Dito doutra maneira, politicamente os executivos, ou quen neles ordena, teñen outras prioridades.

É exactamente neste punto, en que debemos derivar un pouco, pois, o que interesa ao sistema económico en que estamos a vivir, é aplicar esa austeridade, divulgando auténticos escenarios de terror, no caso de non se cumprir as normas que nos impoñen.

Claro que gran parte das poboacións, xa viviron as chamadas restricións impostas pola Unión Europea, en especial Portugal, Irlanda e como non Grecia.

Estas austeridades foron impostas, como podemos saber, pola Unión Europea e, naturalmente aproveitadas polos respectivos gobernos para os seus propios fins.

Estamos habituados en que en determinados momentos e con determinados gobernos, sempre ou case sempre de dereita con fortes conexións á extrema dereita, como foron os gobernos do Partido Popular en España e os gobernos do PSD (Partido Social Democrático) en Portugal.

Estas políticas de estrema austeridade, non endereitaran as finanzas, como desde o inicio xa se prevía, mais que foron extremadamente eficaz para o efecto que era pretendido, que era:

A REDESTRIBUICIÓN DOS RECURSOS DAS CLASES TRABALLADORAS PARA AS ELITES INVERSORAS, QUE SAO AS CLASES RICAS E PODEROSAS.

Continuamos a ver a austeridade, ou polo menos as súas caras, de autenticas caveiras, como se anunciasen o fin do mundo, con discursos de calamidade xeral e inevitábel, se nao se recorta en todo o que é ben estar dos traballadores e en políticas sociais (saíde pública, educación gratuíta e pública e demais servizos públicos).

Todo isto cun único obxectivo de como xa o afirmamos, en nome da saúde da tesouraría pública (un timo en que a maioría da poboación cre a pés xuntos), de trasladar os réditos de tal austeridade para o peto dos ricos e ou a través das empresas.

Tamén no discurso de promoción catastrófico das restricións aos gasto e, como vimos a dicir, só sao de recortar, os que se destinan a gasto de ben estar social para as clases traballadoras, se anuncia a bombo e platillo, que nos temos que armar, pois, a guerra está inminente e, estamos completamente desarmados.

É entón, neste momento, que os ricos e poderosos, vestindo as roupas dun patriotismo, que necesariamente es de inspiración e imposición dos Estados Unidos da América do Norte, impoñen aos seus gobernos, a transferencia de todo o diñeiro posíbel, non habendo agora, calquera receo, en relación aos déficits, para gasto en armamento.

Más venden até a idea de que os gasto en armamentos producen un multiplicador da economía moi maior que outros desenvolvementos desta, non militares.

Mas todo isto é moi grave, mentres política económica, mais o efecto sobre a poboación é aínda moi peor, pois, como xa temos referido noutros textos anteriores, a dereita utiliza a frustración provocada pola austeridade, nas capas poboacionais máis anciás e até retiradas da vida activa produtiva, así como nos máis mozos, que xera un descontento enorme, dicindo que todo é responsabilidade dos gobernos de esquerda o até só socialmente máis comprometidos, en gastar o diñeiro en políticas sociais e agora nao haber diñeiro.

No caso de España, até divulgan a informa de que nao vai haber diñeiro para pagar as pensións ás poboacións xubiladas.

Cabe recordar unha lección de economía de toda a vida, que se pode resumir da seguinte maneira:

Todo o recorte efectuado en gasto sociais, xamais volve a ser reposto e, como tal vai a beneficio das clases máis ricas, atraves de eventual crecementos dos seus beneficios corporativos”

Maiores lucros para as empresas, máis beneficios para os patróns.

Non se pode deixar de referir que o valor na economía, se crea de forma invariábel a través da explotación e, como no momento actual, se está a tentar impor a contracción dos horario de traballo, sen perda de remuneracións, a presión por parte dos ricos e poderosos co Partido Popular en España e o PSD en Portugal, é evitar a todo o custo a posibilidade de transferencia de riqueza, ou como se debe dicir, da redistribución do capital.

No fondo, con estas políticas de presión e explotación salvaxe, en que cada ganancia de produtividade dos traballadores, 80 a 85%, fica enteiramente colado aos beneficios dos patróns, mentres soamente entre 15 e 20%, líquidos se colan nas mans de que o suda e se sacrifica por esa ganancia.

O drama é que en cada momento de crise, a maioría dos economistas liberais, intentam salvar o sistema, responsabilizando os traballadores, da insaciabilidade dos patróns.

A defensa da hexemonía a ultranza, consiste en que eses mesmos economistas liberais, intentan e están a conseguir polo que se vé, que o que ten que interesar á poboación en xeral e o que interesa a esa clase procedente de ricos e poderosos.

Terminamos este dicindo, que continuamos a ser dominados por unha mano chea de ricos e poderosos, mentres os explotados somos miles de millóns.

Nunca acabamos de comprender que xuntos nada nin ninguén pode máis do todos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.