As mentiras impostas polos americanos e polos seus escravos da Unión Europea

a U.E., tal como está hoxe en día, gobernada e dominada, dunha forma moi máis severa polos americanos do que o máis dependente estado da federación de estados da USA

Por Jose Vieira

Por esta razón, comezamos este texto, por unha pregunta de carácter moi xeral e, para a cal, gustábame que fose posíbel, entender as razóns, polas cales, son elevadas a categoría de críbeis, afirmacións de tal maneira sesgadas, que non resisten ao máis pequeno sopro de verificación.

Estamos aquí a nos referir a unhas cantas afirmacións de militares, que van as cadeas de televisión afirmar, falsidades de tal maneira visíbeis, que dá mesmo a idea, a quen as escoitan, que eses señores están a dicir un “recado”, imposto polos seus mandos, aínda que sabendo perfectamente que non se din “ipsis verbum”, o que lles mandaron, lles cae a espada do seu severo regulamento militar.

Agora xuntemos as falsidades dos políticos emisores, máis as falsas xustificacións militares, dun calquera acontecemento e, proclamadas aos catro ventos, esas falsidades, resultan ser verdades incontestábeis para todo o mundo.

Claro está que ese todo o mundo, está cada vez máis esclarecido e, parece que os aplausos, son cada vez menos fortes e resultan que vén soamente das galerías dos seus sometidos.

Parece ser ese o día a día dese conxunto de oficiais das informas “convenientes”, para que non sexamos alcumados de rigorosos ou aínda peor do que iso.

É por de máis coñecido, por todos os que se dignan ler estas notas, que fechamos os dous últimos anos, cunha invasión da Rusia á Ucraína, e xa neste último cuadrimestre, coa represalia efectuada por Israel, sobre o pobo palestino, vingando un ataque terrorista dun grupo armado palestino ao territorio de Israel.

Polo momento non entraremos en consideracións sobre o que levou a invasión da Rusia a Ucraína, así como, porque ese grupo armado palestino, practicou ese acto de terrorismo e se non se tratou dun acto de lexítima defensa.

Como xa avanzamos, non imos profundar o caso da invasión da Ucraína pola Rusia, pois, moi recentemente publicamos outro texto en que esclareciamos que se trata nese caso nunha guerra desencadeada pola Ucraína contra os ucraínos de lingua rusa e as poboacións dos territorios das dúas republicanas pro soviéticas, iniciada en 2014.

Tratouse dun golpe promovido polos americanos, e liderado pola súa secretaría de estado, na altura Victoria Noland e na actualidade.

Imos continuar, cunha análise dun departamento militar israelita, recentemente publicado, en que plantexa a posibilidade de que o goberno dos Estados Unidos da América do Norte (USA), se expoña a unha condena moi seria, no seu propio país e non só, se continúa a enviar e apoiar con material de guerra, os exércitos israelitas, na súa escalada sobre o territorio de Gaza.

Entre outras razóns, máis que evidentes do xenocidio que o exército israelita está a levar a efecto na Franxa de Gaza, xúntase esta semana o masacre efectuado no Irán, como cerca de 200 mortos, unha vez máis co apoio dos USA.

¿Preguntamos como unha U.E., se deixa “embarcar”, en ser cómplice en situacións como esta?

Como podemos, os países que cobren esta agrupación de países das máis variadas sensibilidades, aceptar que sexamos participes nestes crimes, non só civís como militares, polo apoio non só expresado, como material?

Non nos resta outra conclusión que non sexa avanzar, que a U.E., tal como está hoxe en día, gobernada e dominada, dunha forma moi máis severa polos americanos do que o máis dependente estado da federación de estados da USA.

Sentimos vergoña, que despois, de termos un pasado vergonhoso como estados escravistas e coloniais, a Europa, termos vindo a recapacitar, dando a independencia aos territorios dominados, nos albores dos anos 60 do século pasado, sexamos agora a Europa dos 27, un espazo composto por varios países, perfectamente colonizados e administrados, non de Bruxelas, mais si desde Washington.

Este estudo, apareceu na revista Military Review, o día 7 de novembro de 2023, esta asume a posición como sendo o órgano profesional do Exército dos USA, e a súa autoría é do Dr. Omer Dostri.

Bruxelas non é máis do que a voz do seu dono, os USA (His master voice”

Imos transcribir un texto de de a “HUMAN RIGHTS WATCH” (a tradución é de nosa responsabilidade): “Ao continuar a proporcionar a Israel armas e cobertura diplomática, mentres se cometen por Israel as atrocidades coñecidas como o xenocidio da poboación palestina…, os USA se arriscan a seren cómplices dos crimes de guerra cometidos”.

Non temos moitas esperanzas que esta condena, proporcionada polo escrito do dr. Omer Dostri, sexa seguida polas cúpulas militares americanas e moi menos polo vendedor de armas, chamado Joe Biden, así como toda a camarilla do seu entorno.

Do que non temos dúbida é que os USA, se senten estar por cima do ben e do mal, pois, quen determina o que é o ben e o mal son eles mesmos.

Os Estados Unidos da América do Norte, non encaran outra posición no mundo de hoxe, que non sexa a de “O DEUS ABSOLUTO”.

Chamamos a atención, para o título do artigo do dr. Omer Dostri, que reza así: “O fin da estratexia se disuasión de Gaza”. O que podemos engadir, é que quen manda en Israel, son os que deteñen o poder na súa matriz que é os USA.

Terminamos este pequeno texto, indicando que os USA, para alén de cubriren os chamados crimes de guerra en que se veñen involucrados coa súa filial Israel, tamén dan cobertura a crimes civís, como de corrupción do señor primeiro ministro de Israel, pois, se é afastado do poder, terá que ir parar a prisión a expirar os roubos que cometeu e as corruptelas de que é o responsábel, o primeiro ministro de Israel o “señor” Benjamin Netanyahu (membro do grupo da Knéset e presidente do partido Liqud).

Así, unha vez máis, non entendemos como temos unha U.E. de pozilames (significa covardes) e incompetentes xefes.

Como é posíbel que non se respecte os tratados internacionais, en que se comprometeron a non expandir a U.E., aos países que tiñan feito parte do pacto de Varsovia.

Por imposición dos USA, a través do seu cabalo de troia o Reino Unido.

Porque non se considerou, entón o alargamento ao que realmente se pretendía historicamente, crear unha paz duradeira, ligando un espazo multinacional desde Lisboa até Vladivostok?

Esta é unha posición histórica, defendida, por exemplo, por un dos maiores historiadores do século XX, Fernand Braudel (1902 a 1985), seguindo outro gran historiador, George Duby, en súa excepcional obra “O ano mil”.

Pois a resposta é moi simple, e coñecida de todos, pola acción do dúo de gobernantes ditadores globalistas, Donald Reagan e Margareth Thatcher, respectivamente presidente dos USA e primeira ministra do Reino Unido. Que decidiron que a función do Reino Unido era dinamitar, desde dentro, calquera iniciativa independentista da Europa.

Por outro lado, tamén a U.E. sempre tivo como seus presidentes da Unión, nada máis que incompetentes e servís empregados dos USA, como por exemplo, Durao Barroso que gaña o lugar, ao ser o anfitrión da reunión dos Azores, doutro incompetente e nulo como o italiano Romano Prodi, dunha belicista como Ursula von der Leyen. Infelizmente soamente foi excepción, até hoxe, a presidencia de Jacques Delors.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.