As eleccións de todos ós europeos, o día 7 de xullo en Francia

as poboacións da UE, non se poden sentir cómodas, cos partidos que dirixen os seus país e que en vez de velar polo progreso das súas poboacións, velan polos intereses bélicos dos USA, para vender armas e empobrecer as súas poboacións, con inflacións innecesarias

Por Jose Vieira

Cremos sinceramente que estamos no fin dun ciclo, probabelmente que este, se atopa no medio dunha cadea, constante e continúa, en que os varios elos da cadea non son nada máis que ciclos con idiosincrasias propias e cuxos tamaños e restantes dimensións, tamén son distinguidos.

Pensamos que os propios ciclos, ao seren de distintas intensidades e tamaños, quebran unha correcta idea de que estes ciclos, se debían mostrar cunha correcta homoxeneidade, canto a súa duración profundidade e ao seu sistema de desenvolvemento, mais nada de máis erróneo.

Tampouco podemos deixar de chamar a atención de que estes mesmos espazos, a que chamamos ciclos, teñen a súa aparición, non simultaneamente nos mesmos momentos en todas as partes deste planeta.

Chegados a este punto, non nos resta outra que evidenciar, que as súas formas de propagación, teñen algo de climático, o que queremos dicir, é que existe unha gran incerteza, canto a súa chegada, intensidade e puntos de aplicación e propagación.

Sen querer ir máis atrás basta ver como se foron desenvolvendo as convulsións socio/políticas á praza do mundo, tras a Revolución Francesa de 5 de maio de 1789 e que durou até 9 de novembro de 1799.

Por curiosidade, como vemos, a duración para os estudosos da história da Revolución Francesa, foi duns 19 meses, e como chiste, tamén a Revolución dos Cravos (a revolución de 1974 en Portugal), durou até ser anulada polo golpe do xeneral Ramalho Eanes conluiado co grupo militar dos 9 (a fronte do cal estaba o maior Melo Antunes) e como non con Mario Soares, que despois foi presidente da República Portuguesa apoiado pola CIA e o goberno dos Estados Unidos da América do Norte.

Mudáronse os tempos, mais as actuacións humanas, continuaron no seu descalabro constante e continuo, até chegarmos a esta deriva actual.

O que estamos a ver ben na península ibérica ben no resto da Europa, é o desencanto das capas máis mozas por todo o que refírese a unha sólida formación política. E neste caso, tanto ten ser de que cuadrante sexa.

Como podemos respingar dos datos das hemerotecas dispoñíbeis, o desinterese pola formación teórica socio/política, ten vindo a caer cada vez máis nitidamente á medida que as poboacións envellecen, e neste caso, estas cada vez se centran en auténticos guetos a proba de todo o que non sexa, a seu bloqueamento a todo o que poida ser innovación.

Por outro lado, os mozos ou até os menos mozos as chamadas capas intermedias, non ten disposición nin paciencia para non só absorber as grandes alternativas que poden sobresaír das distinguidas formacións políticas.

Por outro lado, as capas máis mozas, están traumatizadas pois, non vén os políticos de esquerda, proporcionaren alternativas que cobren as súas expectativas, e máis, as veñan a cumprir.

Máis, os electores, tamén se senten confusos e até traizoados, pois, o que veñen son os partidos que se din como de esquerda, presentaren propostas, que máis parecen que os seus partidarios son de dereita. Así os de esquerda se aplican a buscar electores a dereita en vez de tentaren e cumpriren programas que seduzan e dean satisfacción aos anhelos dos votantes de esquerda.

Estas políticas, a que chamamos de obscurantismo político, o que fan é que os seus antigos votantes, como castigo por se sentiren traizoados polos seus partidos tradicionais, voten de forma máxima por partidos de dereita e, máis até, usando o vello proverbio, “canto peor mellor”, o fagan en partidos da extrema dereita.

Estas tendencia se están verificando por toda a Europa, como se dun “tsunami” se tratase. Isto ten a ver até coas imposicións e as propias liñas de orientación, que son diariamente emanadas polo estado colonizador da Unión Europea, nos referimos aos Estados Unidos da América do Norte (USA), que tamén é outro elemento de frustración sentida polas capas mellor formadas e, que por arrastro, demostran a súa frustración perante os colectivos.

Son as imposicións en termos, non só económicos, mais sobre todo, na súa independencia política.

Como exemplo vexamos as restricións impostas a Rusia, que desequilibran toda a xa débil economía da UE (Unión Europea). A destrución por comandos da USA, do oleoduto e gasoduto de fornecemento de petróleo e gas ruso máis barato a Europa e até en que eran socios a Rusia e a Alemaña.

Claro que as poboacións da UE, non se poden sentir cómodas, cos partidos que dirixen os seus país e que en vez de velar polo progreso das súas poboacións, velan polos intereses bélicos dos USA, para vender armas e empobrecer as súas poboacións, con inflacións innecesarias.

Con todo este panorama autenticamente preparatorio para unha nova gran guerra, como sempre en territorio aliado dos USA, e en que a poboación a ir para o matadoiro, non sería outra que non fose a europea.

Como están a raciocinar as poboacións da Europa?

Con toda a naturalidade, ao veren que os partidos de esquerda que sempre debían ser os soportes das garantías e dereitos dos seus cidadáns, e en vez dos protexer, están de forma deliberada a responder afirmativamente a chamada as fileiras militares, e entrar nesa guerra que non é desexábel, para satisfacer dos dous cerebros americanos.

Aquí non podemos deixar que o actual presidente da República da América do Norte, o señor Joe Biden, non é máis do que un suxeito soportado pola súa familia e, que case con toda a certeza non está en seu xuízo perfecto.

Probabelmente sexa unha mestura dalgunha enfermidade proveniente da idade e o desexo de vender armas e manter o liderado económico que os USA, perderon para a China.

Mentres que o outro señor, Donald Trump, é algo distinto, mais nin por iso deixa de ser unha autentica bomba de reloxería. Tamén nos parece, igualmente un ser perturbado, mais para alén do parecer ser, é un belicista, un sexista, un racista e, fundamentalmente un retrogrado, así como, con moitas semellanzas no mao aspecto co tamén expresidente, dos USA e seu homónimo Donald Reagan (foi pésimo en todas as actividades que exerceu, un mal cowboy, no cinema e un ditador fascinante e extremista, impondo os mercados e a privatización de toda a economía que podía dar beneficios.

Se ollarmos para o que está a acontecer en Francia, non podemos pensar que é un problema soamente dese pobo e, que por aí se fica. Os problemas de tendencia políticos dos franceses, se propagan como fogo na pólvora.

Recordemos que co ascenso da dereita desde os tempos do pai de Marie Le Pen, o señor Le Pen, o seu populismo, aproveitado de forma máis sutil, mais más eficiente pola súa filla, se ten expandido por toda a Europa, non soa polo seu talento político, mais tamén pola falta de capacidade dos dirixentes da esquerda europea, que todo ten feito, para faceren descrer aos seus votantes, a súa militancia.

A esquerda europea, o que ten feito, é desprezar a clase traballadora, así como, os mozos, os castigando, cunha auténtica política de desamparo, os deixando orfos.

Como reacción, como enriba xa referimos, estes antes de máis tamén reaccionaron, cos instrumentos que tiñan nas súas mans, a abstención e como non os votos, dando o seu aos partidos populistas de extrema dereita.

En Francia, creouse unha Nova Fronte Popular (NFP), esta agrupación, o que pretendeu facer non hai sido outra cousa, do que crear unha fractura no fortíssimo muro do Reagrupamento Nacional, que propón para primeiro ministro o mozo Jordan Bardela, brazo dereito de Marie Le Pen, que reserva para si, o lugar de Presidente da República de Francia, o sexa o actual lugar de Emmanuel Macron.

Polo momento, o que se parece desenvolver unha concentración de todos contra o Reagrupamento Nacional de Marie Le Pen. Esta mesma situación, pero menos evidente na altura, xa se tiña desenvolvido cando, da reelección de Macron.

No entanto, desde esa altura, até aos nosos presentes días, o fogo ten estado a estenderse por todo o espazo europeo, impulsado polo castigo que as masas están propondo contra o desvarío das esquerdas incompetentes e mentireiras, mais que non saberemos se serán capaces de reaccionar, unificando o seu voto en torno a ese NFP, o próximo domingo día 7 deste xullo.

Non nos parece moi fiábel o actual líder desta agrupación de recurso, no entanto está aí a figura moi respectada de Jean-Luc Mélenchon, un certo home de esquerdas e europeísta convicto.

Que o bo senso e San Mélenchon salve esta Europa zombi.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.