Convén nao esquecer que Rosenberg, non só foi un destacado membro da dirección do KPD (Partido Comunista Alemán) e, até deputado polo partido, para ter vindo a abandonar o partido e, no entanto, se considerar un certo comunista, mais sen partido.
Por Jose Vieira | 25/08/2024
Imos falar algo sobre ideoloxía, o máis simple posíbel para que resulte fácil a asimilación das ideas dun dos elementos máis prominentes da teoría e historia política do século pasado: iremos falar de Arthur Rosenberg.
Este historiador alemán, de formación marxista, naceu en Berlin en 19 de decembro de 1889, falecendo en Nova York o 7 de febreiro de 1943.
A pesar de ser de formación historiador en especial de historia antiga, sobre todo grecorromana (especialista de historia constitucional de Roma), foi un notábel filosofo político.
Este texto está baseado na análise do libro sobre a República de Weimar, de Arthur Rosenberg.
Esta análise, está efectuada por distinguidos articulistas e, reunido en libro, sempre á volta do pensamento de Arthur Rosenberg, aínda que tamén conte con críticas “A antigüidade clásica e democracia moderna”, que corresponde ao sub titulo do libro en cuestión.
En xeral, é sempre unha boa práctica de análise, o decurso de tempo, para deixar que se sedimente o chamado po que as ideas sempre transportan en si mesmo.
A principal forza de Arthur Rosenberg, está en ir sempre de forma moi directa, ao ámago das cuestións, facendo xuízos de forma moi significativos, dunha forma, por veces até chocante.
A crise se declara dunha forma cabal o ano de 1923, no período do goberno saído das eleccións de 1920, ou sexa, polo ministerios ditos de Fehrenbach. Isto facía mostrar xa unha nube en que escondía unha “contrarrevolución capitalista”, mais que espreitaba xa a Alemaña de entón.
Mais, por exemplo, Arthur Rosenberg, sobre a implantación do fascismo na Alemaña, escribe en determinado momento, o seguinte: “…nun país como a Alemaña en que tres cuartas partes dos votantes pertencen á poboación traballadora, no parlamento, unha maioría deste é burgués, só sería posible se os partidos capitalistas se queren parecer populares, fan todas as promesas posíbeis, as capas de poboación máis pobres”.
E continuando, “entón se o parlamento alemán (Reichstag), quixese aplicar unha lexislación extremadamente capitalista, utilizando os instrumentos reais da democracia legal, o goberno non encontraría totalmente en contra a oposición legal, sobre todo dos partidos SPD e do KPD e até de moitos dos deputados dos partidos burgueses”.
Non parece ter calquera dubida Rosenberg, de que tamén moitos dos deputados da burguesía terían moitas reservas en aprobar esa lexislación.
Así parecía e foi o único camiño para o fascismo a transformación do réxime nunha ditadura, non so polos partidos SPD e KPD, mais tamén polos nacionais socialistas de esquerda, así como polos traballadores cristiáns (obreiros cristiáns).
Dunha forma aceitada a ditadura eliminou os marxistas librando igualmente os patróns capitalistas, de calquera sospeitosa idea de seren controlados polas correntes máis esquerdistas, dentro dos seus propios partidos.
Esta conclusión a que chega Arthur Rosenberg, é realmente o cerne da cuestión, ao sinalar que a ditadura foi necesaria, polas circunstancias referidas e porque estaba xa no horizonte dos dirixentes políticos, a crise económica e, como tal, parecía non haber ningunha política posibelmente popular, para salvar a situación ou iso o fixeron crer os políticos lideres do fascismo, pois, para estes, non había outro camiño viábel, a non ser unha política extremadamente capitalista (conducente a levar á implantación dun sistema fascista).
É neste, punto que as xustificacións de Rosenberg, se tornan máis atacábeis pois estas, son bastante débeis, o que non quere dicir que non estean correctas.
Aquí aparece a crítica con impecábel rigor, da historiadora Adelheid von Saldern, que analiza os argumentos de Rosenberg, a través de cada unha das fases en que este analiza a historia do século XX, na implantación do fascismo na Alemaña.
Tratase da crítica ao libro “histórico-científico” de Rosenberg, e está esplanado nun libro en que varios autores, expoñen nos seus artigos analices e opinións acerca da obra do autor referido. Este foi editado en 1986, por iniciativa da editorial Muster-Schmidt, de Gotinga, onde existe unha gran tradición cultural, que se expande na Universidade da cidade. É por tanto, a través deste texto, que la historiadora Adelheid von Saldern, se explana sobre as varias fases do traballo de Rosenberg.
A pesar de ser moi crítica e mesmo dura, non deixa de recoñecer, todo aquilo que son as explicacións, segundo esta como válidas, considerándoas súas evidencias empíricas, ou porque xamais hai encontrado mellores explicacións para os seus argumentos (dos argumentos de Rosenberg).
Cabe, no entanto, referir que nese texto non se encontran críticas á Historia de Rosenberg, por este se ter defendido, con posicións de esquerda, ou máis ou menos de esquerda, nunha liña moi próxima ao marxismo bolxevique.
Este historiador, Rosenberg, pretendeu desenvolver desde a súa obra, unha monumental historia, utilizando o método do materialismo histórico, tendo como obxectivo, efectuar unha investigación sobre o movemento dos traballadores (obreiros).
A diferenza até entón, o materialismo histórico, só se tiña utilizado para efectuar analices de períodos máis breves no precurso histórico.
Cabe darmos unha idea aínda que moi sucinta do que é o materialismo en Marx. Así o materialismo “sustenta que na certa práctica desenvolvida polo home, é a proba definitiva da verdade dos nosos coñecementos, máis que de traxe no mundo en que vivimos non existe nada que nao poida ser coñecidas (incognoscíbeis), o que pode haber son cousas que aínda non as coñecemos, mais que serán descubrimento e pronto coñecidas, pola ciencia e, ou pola práctica”.
Partindo deste coñecemento, “a consecución materialista da historia, tamén designado como materialismo histórico, ou dunha forma sicretica HISMAT, fai referencia ás doutrinas e marcos de conceptos creados polo filosofo alemán, Karl Marx, conforme referimos no parágrafo anterior.
Estas aplicacións se tornaran máis populares coa súa divulgación e utilización por Engels, Plejánov e sobre todo polo seu directo coñecemento da obra de Franz Mehring.
Este é un gran tributo que Rosenberg, dá ao seguir os tratamentos de prazas períodos da historia, resultantes do seu perfecto coñecemento da obra de Franz Mehring e da súa obra “Historia da social democracia alemán”, en que este autor, estende o método do “materialismo histórico”, nun largo espazo temporal que vai desde 1830 a 1891.
Non podemos deixar pasar a oportunidade de referir, que as analices historiográficas sobre Rosenberg, nunca foron de completo gosto das correntes ou dos autores de esquerda, pois, as súas interpretacións do período das república de Weimar, este non defende ideoloxías ou partidarismos políticos, analiza o máis cientificamente posíbel, abandonando os chamados “tópicos”, da chamada historiografía oficial e corrente da época.
Convén nao esquecer que Rosenberg, non só foi un destacado membro da dirección do KPD (Partido Comunista Alemán) e, até deputado polo partido, para ter vindo a abandonar o partido e, no entanto, se considerar un certo comunista, mais sen partido.
A determinado momento escribiu, para esclarecer as súas posicións, que nese sentido: “Escribín este libro sen ter en conta ningunha opinión partidista nin sequera ningún prestixio dentro de ningún partido” e, máis adiante “ao escreber este libro, sempre vin un só inimigo na miña fronte, a lenda histórica, independentemente se esta procedía quere da dereita quere da esquerda.”
Afirmaba que o que realmente pretendía resolver era unha tarefa científica e non partidista.
Hoxe grandes nomes da especialidade vén a Rosenberg, como un analista marxista, mais independente da revolución, así como das súas consecuencias, recordamos por exemplo a Ralph Hoffrogge.
Máis é importante recordar que Arthur Rosenberg, escribiu todas as súas obras de “historia moderna”, despois de abandonar a súa militancia política no Partido Comunista Alemán.
Podese dicir, parafraseando o proprio que foi un “fervente militante -ultraesquerdista- revolucionario e leninista até ao ano de 1927, que é a data da seu abandono do Partido Comunista (KPD). Pois, chegara á conclusión que as condicións na Alemaña, para unha revolución, desapareceran, no chamado outubro fallado de 1923 e, co aburguesamento do KPD, e a súa total dependencia do Partido Comunista de Moscova.
Así para Rosenberg, despois do congreso de 1927, en que renunciou a militancia no KPD, pois, para este o partido deixou de proseguir os intereses do proletariado mundial e, en vez dese obxectivo, soamente tiña no horizonte os intereses da URSS. (Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas).
No noso modesto entender, Arthur Rosenberg, foi un dos máis brillantes e importantes historiadores/políticos do século XX e, que continúa muitissimo descoñecido da gran maioría.
Se el primero en comentar