Armas para matar á poboación ou dar mellores condicións de vida a toda a xente

Segundo se queixan os dirixentes da OTAN, parece que o gasto dos europeos, nesta organización, foi esencialmente en servizos, o que significa, salarios, pensións, e moi pouco, segundo os americanos en armas e en infraestruturas.

Por Jose Vieira | 4/07/2025

En 2016, un famoso estudo mostrou que a Europa mantiña seis veces máis sistemas de armas importantes que os Estados Unidos da América do Norte, coa metade ou menos aínda, do presuposto militar dos Estados Unidos”

Este texto, vén como unha reflexión a falta de criterio e de real medida acerca do que se pode facer, como alternativa, a desenvolver conflitos militares, para dar satisfacción aos stocks de material de guerra, das todopoderosas empresas, que ditan as súas propias leis, aos infames presidentes dos EEUU, sexan do partido demócrata, ou do partido republicano.

E o máis grave que acontece de inmediato é que eses “emperadores” son endeusados polos seus “empregados europeos”, que dirixen a Unión Europea, pois, estes non teñen capacidade persoal de defenderen os intereses dos seus cidadáns, mais si deteriorar as condicións económicas e sociais da súa poboación, para cumprir a orde do seu patrón. Diriamos mesmo do seu dono.

Sabemos de fonte segura, que a Europa en 10 anos, gastou para satisfacer os intereses americanos dunhas cantas empresas nada menos do que 3,1 billóns de dólares. Son indicacións efectuadas por unha investigación feita por un dos máis acreditados estudosos destes temas, Adam Tooze.

Se nos fixamos nestes números, imos entrar nun auténtico colapso, diriamos mesmo en schok, pois, en realidade estes números non trouxeron unha mellor vida á sociedade europea e, antes polo contrario, trouxeron inmensos recortes en cláusulas que debían ser prioritarias, como en educación, en saúde pública, en desequilibrios orzamentarias e en termos xerais no ben estar social (en anexo, daremos o cadro deses gasto pais por país, sendo este cadro, coa debida venia extraído dun estudo publicado pola SIPRI).

Centrémonos en o período, que segue ao desmoroamento da Unión de Republicas Socialista Soviéticas, URSS, que corresponde a un lapso de tempo que se sitúa entre 1991 (caída da URSS) até hai invasión da Federación Rusa de Ucraína, ou sexa en 2021, a OTAN, sen a portaxe dos Estados Unidos, gastou cerca de 8,9 millóns de dólares, estimación feita a prezos de 2023.

Chegamos a un punto en que perante tanto diñeiro, mal gastado, que até dubidamos, no entanto, sabemos que esas cifras son infelizmente representan a realidade. Este diñeiro, canto a nós mal gastado, daba para termos todos os habitantes, do planeta terra, unha moi mellor vida e parar dunha vez por todas, o estado de necesidade de cerca de 25 % da poboación mundial.

Teremos tanta necesidade de ter un exercito de tamañas proporcións?

Esta sería unha boa cuestión, que xamais será permitida ser contestada polos dirixentes da Unión Europea, pois, estes son os executores fiedes das ordes dos EEUU.

Vexamos algúns números máis; así, e xa despois de sendas reducións de efectivos do exército da OTAN e, sen contar cos militares dos Estados Unidos, a OTAN en 2000 oscilaba entre 1,3 a 1,4 millóns de efectivos, ás súas ordes (en varias forzas que se agrupaban en 29 grupos).

Copiamos da mesma fonte enriba referida o cadro das forzas o ano de 2023, como segue:

Por país, persoal activo, de tanque dispoñíbeis, como segue

Reparemos no numero de “tanks” que dispón a Grecia, parece inacreditábel.

Segundo se queixan os dirixentes da OTAN, parece que o gasto dos europeos, nesta organización, foi esencialmente en servizos, o que significa, salarios, pensións, e moi pouco, segundo os americanos en armas e en infraestruturas.

Se mostramos un cadro de gasto entre os catro primeiros países da OTAN temos:

País

Persoal ativo

Presuposto anual

Presuposto por militar

USA

1.300.200

175,7 billóns (2022)

135,200

UK

185.600

Entre 12 e 14 billóns

86,200

Francia

205.000

8,45 billóns (2024)

46.100

Alemania

182.000

13,4 billóns

85,200

Itália

181.000

7 /8 billóns

44,200

Queremos, tamén resaltar, que países como a Alemania e outros, prefiren importar armas e sistemas desde a América e Israel, do que das industrias europeas.

E, é impresionante que nos damos conta de que non só é impresionante o que, por exemplo, se compra de armas, mais tamén a cantidade que se compra aos Estados Unidos.

Preguntamos quen son as principais empresas do mundo, que producen armas e as exportan, ditando a política exterior dos distinguidos gobernos americanos e, por iso, son as máis capaces de influír na imposición de gasto militar imposto politicamente polos americanos a Europa.

Abaixo presentamos o cadro seriado por cantidade exportada.

Empresa

País

Lockheed Martin Corp

USA

Raytheon Technologies

USA

Northrop Grumman Corp

USA

Boeing

USA

General Dynamics Corp

USA

BAE Systems

UK

Con estes datos cunha falta de coherencia, esqueceuse que a OTAN foi unha organización que foi creada para contra restar o poder militar da antiga URSS, ou sexa, do política, cunha supervivencia incomprensíbel aos Estados Unidos da América do Norte.

O que demostra é que a Europa ten como ídolo ós americanos que  defendían e defenden  o liberalismo de mercado.

Esta razón, está e estivo fóra de calquera lóxica, dado que, coa disolución do Pacto de Varsovia, coa disolución da URSS, a OTAN deixou de ter razón de existencia.

Más, en vez de se disolver, os americanos a expandiran non só cercando a actual Rusia, como a implantando na proximidade da China seu inimigo, non só comercial, como principal gañador da carreira tecnolóxica actual.

Cremos que quen poida ler estas pequenas notas, podrá facilmente chegar á conclusión, que os americanos e a actual dirección da Unión Europea (UE) prefiren investir en morte, do que en paz e vida.

Anexo:

28/06/2025

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.