Amnistía Internacional pide investigar o posíbel «uso excesivo» de forza pola policía na folga do metal de Vigo

Varios centenares de traballadores do metal volveron tomar as rúas de Vigo esta quinta feira. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)

Tal como lamentou a ONG, as imaxes difundidas do conflito mostran «disparos indiscriminados» contra unha concentración de persoas, algo prohibido polas normas internacionais sobre o uso da forza.

Por Nós Diario

Amnistía Internacional pediu ao Ministerio de Interior e ao Defensor do Pobo que investiguen o posíbel «uso excesivo» da forza na actuación policial durante os diferentes días de folga do sector do metal en Vigo.

Tal como lamentou a ONG, as imaxes difundidas do conflito mostran «disparos indiscriminados» contra unha concentración de persoas, algo prohibido polas normas internacionais sobre o uso da forza.

«Ante as cargas policiais rexistradas estes días contra traballadores en folga do sector do metal en Vigo mostramos a nosa preocupación polas posíbeis vulneracións de dereitos humanos cometidas pola Policía Nacional», declarou a coordinadora da campaña Dereito á Protesta de Amnistía Internacional Vigo, Monstserrat Jáudenes.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.