Por José Vieira
Como podemos observar, a través da practica do día a día, vemos que cada vez son máis precarios os empregos e ao mesmo tempo se esixe maior formación para niveis de operación, que non ten calquera necesidade de especialización.
No artigo anterior, falamos do traballo, sempre coa advertencia que para Marx, o que crea o valor, non é a creación de uso.
Este é naturalmente un punto esencial na teoría, o que realmente para el crea o valor, é o traballo na súa xeral concepción, como contrapartida do dispendio de enerxía do traballador.
Como non pode deixar de ser do que estamos a falar é do traballo no sentido abstracto. Dito doutra forma este en si non produce valor, este aparece de forma natural, como consecuencia do emprego que se lle dá, dentro da organización social.
Entramos na consideración das máis valías, e na súa clasificación de absoluta ou relativa.
É precisamente neste momento que o sistema capitalista intenta levar por adiante as súas ideas neoliberais na actualidade, cousa que vén sendo preparada, desde os tempos de Karl Marx, polos seus detractores.
En xeral nas teorías defendidas polos economistas liberais e sobre todos polos da escola de Chicago e seus seguidores, o que intentan e, o ten conseguido, é a xuntura dos dous tipos de máis valías resultantes das análises económica dos procesos produtivos, efectuada por Marx, se trataba e trata, dos dous tipos de máis-valía, o relativo e o absoluto.
Claro que, a teoría do valor, de Karl Marx, é indiscutibelmente a grande ausente, da formación e principios ideolóxicos dos sindicatos actuais. No entanto, os certos especialistas da teoría do valor, se encontran do lado dos técnicos que serven os capitalistas.
Estes técnicos non o son en realidade, polo menos coherentes pois, as súas intervencións son unicamente destinadas, con argumentos falaciosos, a facer “o eloxio da loucura”, que é o neoliberalismo de seus “patróns”.
Antes de avanzar máis, sempre queremos volver a repisar que o marxismo, é esencialmente unha forma de “práxis política”, inspirada na concepción e doutrina de Karl Marx. Xamais á sido na súa secuencia unha teoría política. Sempre á sido unha forma de reconstrución do funcionamento da sociedade, dun nivel altamente abstracto.
Volvamos ao fondo da cuestión, ou sexa, recuperemos a dirección a que conduce a acomodación das máis valías, que pertencen non ao capitalista, na súa totalidade, no entanto, debía ser repartida con especial énfase aos traballadores.
Esta situación de total insaciabilidade capitalista, leva a que se lle chama imperialismo, como lle chamou Lenine, cando quixen dicir que se trataba dun capitalismo altamente desenvolvido, cuxa súa esencia e obxectivo é o monopolio (ou as súas outras formas, como oligopolios e grandes concentracións empresariais).
Recordemos o problema da desigualdade, e esta abordaxe, se debe ao físico, Victor Yakovenco, que dividiu a poboación en dous tipos, de acordo cos seus ingresos, sendo un a quen el chamou o “segmento superior” e o outro a que chamou os restante, que considerou que representarían entre os 90 e os 95%, os excedentes. Desta súa analices, resultou que nesta parte largamente maioritaria, os restantes, os seus ingresos resultaban da súa forza de traballo. Por outra parte no segmento superior, os seus rendementos proviñan na inmensa maioría da propiedade.
Esta análise, demostra que os encaixes do traballo, por un lado e a de os propietarios por outro, ten distribucións completamente distintas. En calquera lugar e sobre todo nos países máis avanzados.
Esta análise de Yakovenko, que como dixemos era físico, tivo a idea de estabelecer a relación entre o traballo asalariado e o capital, como unha “especie de colisión como de partículas se tratase”.
Así, o conflito existía e se entrechocaban intereses opostos.
Tamén esta noción, se encontra na análise do equipo de Anwar Shaikh, en que os traballadores se moven entre espazos de salarios máis baixos para os máis altos, e que este camiño é terribelmente dificultoso, estabelecendo unha especie de selección natural.
Uns conseguían mellores salarios, outros non e aínda por fin, había os que se ficaban a medio do camiño. Queremos dicir que, da bolsa de traballo, uns conseguían mellores salarios, mentres outros até volvían aos seus antigos salarios, este proceso que é unha autentica dispersión da forza de traballo, se coñece como economicamente como “difusión”.
Con esta difusión derivada, e utilizando os seus principios, se pode demostrar que os ingresos provenientes destas distribucións salariais observadas, así como as resultantes da propiedade se poden deducir dunha forma teórica.
Esta situación teoricamente deductíbel, nos pon unha pregunta de inmediato:
Cales son os límites das loitas dos traballadores por mellores taxas de salarios?
Cando se está dentro dunha certa organización sindical, se sabe que existen límites para exercer presión, de forma a obter un equilibrio entre o mantemento dos postos de traballo e a melloría salarial. Segundo Howard Botwinick, estes se poden derivar dunha teoría da competencia real (1).
Supoñamos agora dúas empresas, unha de baixos custes, e outra de custes máis altos, nos referimos a custos do traballo, salariais. A presión a que nos referimos, a que tería máis marxe de actuación, sería aquela en que os custos salariais serían máis baixos.
Non esquecer que moitas das veces os custos salariais máis baixos se obteñen con máis tecnoloxía (chamada intensidade de capital ou capital intensivo).
Pasemos a outra das necesidades das poboacións, o chamado estado de benestar. Esta necesidade está máis que patente na maioría, ou sexa, nos 90 a 95% da poboación, xa referidos.
Existen autores, que afirman que esta situación, o chamado “estado do benestar”, a que chamamos New Deal, e que se desenvolveu, despois do fin da Segunda Guerra Mundial e durou até á crise do petróleo de 1973, se debía as tributacións dos ricos e, por tanto, estes eran o seu soporte.
Estudos levados a cargo, por Ahmet Tonak e Anwar Shaikh, contradín a afirmación anterior, que foron sobre todo, atribuídas a Samuel Bowles e Herbert Gintis, tendo os primeiros chegado a conclusión que a maioría da redistribución fora efectuada dentro da clase traballadora (case todos os pagados de impostos dos traballadores que máis gañan se redistribúen pór os que menos gañan).
Falamos tamén do salario social neto, que é a diferenza entre o que pagan en impostos e reciben en saúde, educación e outros apoios.
Como exemplo, podemos dicir que nos Estados Unidos da América, este é bastante pequeno, mentres na Suecia, cun gran benestar social moi maior, o salario social neto era cero. Isto é sintomático e, ao mesmo tempo, sorprendente.
Queremos afirmar que, é a rentabilidade das empresas capitalistas, que regula tanto a oferta como a procura. Imos explicar un pouco máis, esta nosa afirmación. Recordemos que para Keynes, as decisións de investimento dos empresarios se debían a chamada procura agregada.
Para Keynes, esta era unha variábel que determinaría as outras. Así unha demanda agregada insuficiente xeraba desemprego. Esta era sen dúbida unha idea clara de Keynes, que ía encontra das opinións correntes na altura e oficiais. Así, el propuña outro tipo de equilibrio, que sería entre os ingresos e os gasto, ou sexa, entre o encaixe e a demanda agregada.
Claro que a explicación estaba na procura agregada como sendo a cantidade de bens e servizos, que os consumidores, as empresas e os Estados estaban dispostos a comprar, a un determinado nivel de prezos, sempre dependente da política fiscal, monetaria ou doutros factores determinante.
Considerada coa ecuación DE A=C+I+G+(X-M) en que
– DA é a procura agregada
– C é o consumo
– I é o investimento
– G é gasto publico
– X son as exportacións
– M as importacións
Se acostuma representar graficamente como unha curva do tipo abaixo
Simplificando, cambiando por unha recta descendente da dereita para a esquerda, se ve perfectamente como as cantidades son maiores, eixe das abcisas, de acordo co abaixamento dos prezos eixe das ordenadas.
Así, con base na súa formula e, xustificando a intervención do estado, o modelo Keynesiano, serían oportunas e indispensábeis as medidas publicas destinadas a fomentar o emprego, así como, a estabilidade dos prezos, digamos a inflación.
Non podemos deixar de notar, que Keynes considerou que a inflación dos anos 70, non era orixinariamente da demanda agregada, antes si, unha inflación de custos, sobre todo dos combustíbeis, que afectaron a industria así como, os particulares nos seus consumos.
Abaixo, presentamos un esquema das solucións que se poden tomar, dentro das políticas keynesianas, para loitar contra inflación.
Recordemos a formula indicada enriba DE A=C+I+G+(X-M)
(Ex) é o tipo de cambio
Agora expomos o sistema empregado para loitar contra o desemprego, tomando como base a mesma ecuación
Ambos os cadros sínteses, son da autoría da Yrepa, que agradecemos coa debida venia
No entanto, nunha análise posterior, a pesar das políticas aplicadas, chegou a coexistir, simultaneamente, desemprego e inflación. Isto significou que se deu aquilo a que se chamou o estancamento.
Así, en 1973, o nivel de desemprego nos USA, era do 2,6% e en 1983, 10 anos despois era do 7,8%. E a pesar diso os prezos continuaron a subir.
Esta situación trouxen como consecuencia o fin do Keynesianismo e a chegada en pleno do monetarismo de Milton Friedman.
Se el primero en comentar