Abordaxe a Teoría do valor (II)

  Por José Vieira

No anterior texto sobre o valor, nos quedamos en que os ambos membros da ecuación referida e que agora repetimos:

“10 kg de trigo = 4 metros de tecido”

Non era indiferentes ó significado, cando se trocaba a orde para:

“4 metros de tecido = 10 kg de trigo”

Este descubrimento, se debe a Karl Marx, ¿quen foi este señor? Tal como fixemos con Adam Smith e con David Ricardo, tamén imos recordar de forma moi sucinta de quen se trata.

Tratase dun filosofo, e economista, de orixe xudaica alemá. Naceu en Tréveris na provincia do  Reno, na Alemaña, o día 5 de maio de 1818, morrendo en Londres o día 14 de marco de 1883, sendo enterrado como  apátrida no cemiterio de  Highgate, tres días despois da súa morte.

É esencialmente coñecido por dúas das súas obras máis divulgadas, “O manifesto Comunista”, publicado a primeira vez en 21 de febreiro de 1848, conxuntamente co seu amigo e protector Engels. O ano de 1867, trae unha estadía en casa dun seu amigo de Hanover, Kugelmann, se publica o primeiro volume da súa obra titulado “O Capital”. Nesta obra analiza o proceso de produción capitalista. É entón, que desenvolve a Teoría do Valor-Traballo, e mostra a concesión da máis valía e da explotación, que segundo el, levaría en última estancia a uns lucros decrescentes e como tal ao fin do capitalismo industrial. Os volumes seguintes do Capital, só foron posteriormente publicados tras a súa morte por seu amigo Engels.

Foi tamén un escritor polifacético pois, practicou varios xéneros literarios e até o periodismo, pois e moitos dos momentos de súa vida, pasou por inmensas dificultades financeiras, e con eses artigos publicados en varios periódicos, obtiña algún diñeiro para o mantemento de súa familia. No entanto, o seu principal protector, á sido sempre o seu gran amigo, compañeiro e filosofo Engels, que coa súa xenerosidade, evitou que a familia de Marx pasase fame.

A pesar de ser considerado un apestado, en España, sobre todo polos partidos tradicionais, a Alemaña, da cidade de Berlín, concedeulle unha das máis importantes prazas públicas, así como lle levantou nese local, a el e seu compañeiro e amigo Engels, dúas excelentes estatuas de bronce.

Regresando a teoría do valor, e utilizando a forma primitiva da ecuación 10 kg de trigo = distinguidos produtos (por exemplo os 4 metros de tecido, un par de zapatos, unha carteira de pel, etc.), isto quere dicir que non se esta perante un traballo concreto pero antes si, un traballo abstracto. Tamén nos quere dicir que a cantidade de trigo, que é unha mercadoría, o seu valor regula as proporcións de troco e ou non troca, dunha cantidade de valor doutras mercadorías.

Se agora invertésemos as posicións da ecuación en causa, o que veriamos é que agora o trigo tendería un valor xeral, non dependente do seu uso, no entanto o posuidor do trigo sabe que poderá obter, tamén por troco, un número de mercadorías case infinito.

Convén agora referir, que Karl Marx, contra o que moitos dos seus detractores, especialmente os que ou non o comprenderon ao se tornaron seus inimigo políticos, afirmaron que fixera unha ruptura co que pensaba na súa xuventude, non  é verdade, xamais se verificou unha ruptura  epistemolóxica entre o seu período máis mozo e o período de maior madureza, ou sexa o período de Londres. 

É durante esta súa etapa chamada de  madureza, en que a súa obra se torna máis  sistematizada e, onde xorden os conceptos económicos máis destacados, como sexa a Teoría do Valor, onde  pontifica a apropiación da máis valía, por parte dos  capitalistas, sendo esta unha forma de explicación das distinguidas crises  capitalistas.

Será interesante, antes de proseguir, en afirmar con Erich Fromm, como xa o dicimos enriba, que o fundamental é idea de entrega(explotación) do home traballador, na obra de Marx, ao capitalismo.

Para Marx, como as clases dominantes, detén o poder, e son os domos dos medios de produción, estres definen dunha forma interesada e arbitraria ao que é o non legal. Isto permítelles castigar todas as condutas que poidan estar contra os seus intereses.

Os sucesores e seguidores de Marx, cada un quere ser o máis fiel seguidor, das súas doutrinas, pois, de aí xorden as tendencias que diriamos leninistas, as leninistas-marxistas, o trotskismo, o maoísmo e mesmo o marxismo libertario.

Os seus desenvolvementos, sociolóxicos, deixou un legado que deu inicio aquilo a que chamamos a socioloxía moderna, con continuadores, como Max Weber ou Émile Durkheim.

En 2008, se elaborou un documental, que examina de que maneira as ideas de Marx, nos poden axudar a entender as crises económicas, o guión deste foi escrito por Slavoj Zizek, Jacques Ranciéere, Antoni Negri e Michel Hardt.

Non hai dúbida que falar de Marx, aínda hoxe en España é case tabú, para nós, xa vai sendo o tempo de deixarmos de ter prexuízos absurdos e fascizantes.

Recordemos que o presidente cesante da Comunidade Europea Jean-Claude Juncker, home claramente de dereitas, dunha forma elegante e mostrando non ser analfabeto económico, defendeu a validez e a calidade de Marx.

Marx, dato non só as súas ideas, mais tamén esencialmente pola súa militancia e intervención, estivo moitas veces non só fóra da súa Alemaña, como en distinguidos países, como na Bélxica, na Franca (París) vindo sempre a súa Alemaña, mais mesmo así acabou a súa vida, como  filosofo, político e activista, fóra de súa terra, ou sexa en Londres.

Regresando a teoría do Valor, nos fixamos naquilo que Karl Marx referiu como sendo de máis Valía (que en alemán se dixen Mehrwert), esta expresión moitas veces utilizada polo autor, é empregada como “a diferenza entre o valor final dun determinado ben ou mercadoría, e a suma dos valores dos medios de produción utilizados, máis o valor do traballo”.

Este diferencial, é a base do lucro no sistema capitalista.

Marx,  al analizar a orixe do lucro  capitalista, toma como punto de partida a Escola Clásica Inglesa, que conforme xa referimos no artigo anterior pois, xa o propio  Adam  Smith, refería que o traballo incorporado nunha mercadoría, era inferior ao traballo comandado(aquilo que a mercadoría podía, unha vez vendida, comprar en horas de traballo).

En Smith esta era a razón do lucro, no entanto, el consideraba que estaba asociado á propiedade do capital, pois este era o principal rendemento do propietario da empresa, e non o seu rendemento como xerente. Para el, o lucro non era explicado como un overhead, sobre os custos de produción en termos de salarios. Para Smith realmente quen creaba o lucro era o mercado, a oferta e a procura.

Por outro lado, David Ricardo, que tamén xa referimos, consideraba que os salarios dos traballadores, xiraban a volta dos mínimos de subsistencia, que consideraba como naturais. Se había escaseza de traballadores o salario subiría e se subir, máis traballadores aparecen en busca dese traballo e o exceso agora de oferta, faría volver os salarios ao estado natural. Así para Ricardo, o lucro sería ese residual, do que restaba despois do empresario ter pagado todo o que tivera necesidade de despender, para producir ese ben.

Marx, reaccionou,  discordando das ideas  ricardianas, cando descubriu que a teoría de Ricardo, non só se reducía ao elemento biolóxico, antes pór o contrario incorporaba elementos sociais e culturais e máis, verificou que o lucro en Ricardo dependía en parte da produtividade física do capital e como tal abandonou as bases  ricardianas, que na súa fase de xuventude, serviron como “ leitmotiv” que espertaron a súa curiosidade.

Nunha fase de máis madures, Marx mostra que o valor do traballo non resulta da venda de súa forza, nin tan pouco da súa habilidade. “Pero dentro dun padrão uniforme de produtividade física dentro de cada ramo de actividade e para cada tipo de ocupación”, se igualarían os máis aptos cos menos. Isto leva a que realmente en Marx o valor do traballo é algo abstracto, pois o valor medio dun salario para determinada actividade e respectivo día de traballo, sería dado polo mercado.  Aquilo a que chamou a demanda agregada dos capitalistas.

 “Para  Marx, en principio o salario capitalista é «xusto»: o  capitalista non necesita explotar seus obreiros do seu salario de mercado para  lucrar, o lucro ten unha causa concreta, este ten por causa a propiedade privada do capital, mais supor que el sexa unha remuneración automática deste mesmo capital, unha vez investido, é, para  Marx, » fetichismo»(1), pois supón que unha cousa poida xerar súa remuneración, que o capital produza lucros e/ou xuros como unha  laranxeira produce laranxas”. Para os capitalistas, como unha espoliación, como se fose o traballador un escravo, no entanto, a remuneración será un valor menor do que o valor total das mercadorías por el producidas durante a súa xornada de traballo contratada para a respectiva produción. (extraído das análises de Carl Menger).

Marx, define maxistralmente esta situación, chamando xornadas de traballo simultáneas, pois unha sería pagada e a outra non.

Un exemplo, do que acabamos dicir, son as xornadas que fan os traballadores sanitarios, prolongando os seus horarios, co mesmo soldo, (antes da crise do  coronovirus), para que os gobernos de dereitas, non contratasen sanitarios para as necesidades, nin sequera para o  preenchimento, dos postos deixados polos xubilados.

Neste momento, volvemos a referir o tipo de traballo, concreto o abstracto?

Como vemos para el, o que crea o valor non é o traballo creador do valor de uso, mas si o traballo en xeral, producido por un gasto de enerxía humana, o que non é outra cousa que o traballo abstracto.

Para el, o traballo non é en si, valor por natureza, o que produce o valor o é exclusivamente pola organización social en que é empregado. Unha das características do traballo, e producir, crear, transformar, a diferenza en Marx, e que introduce o socialmente necesario, e esta e unha distinción radical introducida por el. Significa por outro lado que Marx tiña en canta o mercado da competencia. Como tal, para este as características das mercadorías e o seu valor de uso e o seu valor de troco.

No entanto, Marx tamén foi máis lonxe e definiu dous tipos de máis valías, unha absoluta e outra relativa, que resultan moi importantes dentro das súas concepcións. Cun exemplo se pode abarcar facilmente non só estas diferenzas, así como maior comprensión, do texto.

Supoñamos que existen dúas fabricas que producen un mesmo produto, unha delas e menos evolucionada tecnicamente e por iso dispón de menos equipamento técnico. Nesta empresa cada obreiro está ao seu servizo durante 8 horas, no entanto, só necesita dunhas 5 horas para facer a súa tarefa completa. Na outra empresa máis evolucionada tecnicamente, un obreiro estará na mesma 8 horas na empresa, no entanto, só necesita de 3 horas para producir o mesmo que na outra o seu compañeiro necesita de 5 horas.

Así no primeiro caso, o salario do primeiro traballador se paga cun traballo de 5 horas, estamos entón perante unha máis valía absoluta. Por outro lado, na outra fábrica máis evolucionada, debido ao diferencial de dúas horas (5-3), se trata dunha máis-valía relativa.

Notas: 

(1)-   Fetichismo, é un concepto creado por  Karl  Marx, na súa obra O Capital, co  quere significar, como sendo unha creación mental, onde a sociedade que produce  mercancías, como se estas,  aparentemente, puidesen ter unhas ganas independentes de quen determinaba a súa produción. Quería con isto dicir, que era unha acción como que fantasmagórica.

Así o fetichismo mercantil, e a súa forma particular, ocuparon unha parte importante do sistema logico-conceptual teórico do pensamento marxista especialmente, durante unha fase da súa vida, en que daba clases e conferencias.

José Vieira

                                                            07/04/2020

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.