Abordaxe a Teoría do valor (I)

                     Por José Vieira

A moi tempo que temos as ganas de falar algo sobre a teoría do valor traballo, dada a súa importancia sempre que nos somerxemos na economía. No entanto por distinguidas razoes, tal operación acaba por pasar ao lado e ficar sempre a agardar nova oportunidade. Imos a ver se desta vez a levamos até onde sexa máis fácil para todos a súa percepción. Esta teoría é case tan vella, como é a economía, como ciencia autónoma, dentro do grupo das ciencias sociais. Dela nos falan Adam Smith, David Ricardo e como non, Karl Marx.

A noción de valor, ten a ver coa cantidade de traballo que é necesario empregar, para ser posíbel producir un determinado ben. Neste momento, salta a pregunta de que no valor dun determinado ben, só entra o traballo final dun produto acabado, e como tal, de inmediata e xeral utilización, ou ao contrario, tamén debemos engadir os valores, que momento a momento, se incorporan, nas distinguidas fases de preparación das materias primas, que entrarán na composición dese produto final (interrogación).

Para orientación temporal, o señor Adam Smith, naceu en Kirkcaldy en 5 de xuño de 1723, falecendo a 17 de xullo de 1790 en Edimburgo. Era un escocés, que habitou este mundo exactamente o século XVIII, o chamado século das Luces.

Canto ao señor David Ricardo, era un xudeu safardi- portugués, un destacado membro do pensamento clásico, nacendo en 18 de abril de 1772 en Londres e morreu tamén en Londres en 11 de xullo de 1823. A este economista, se acostuma atribuír tamén, a calidade de ser o pioneiro da macroeconomía moderna. A razón se debe, a súa preocupación de facer unha análise fundamentada, entre os beneficios obtidos e os salarios necesarios pagados para obter o produto. Desde esa análise, se evidencia a chamada lei dos rendementos decrescentes. Tamén hai sido un dos fundadores da teoría cuantitativa do diñeiro. Dificilmente se encontra outro economista, especialmente clásico, cuxos seus pensamentos sexan compartidos por tantos e distinguidos estudosos do pensamento económico, que van desde os neoclásicos até aos marxistas ingleses. Foi igualmente un empresario financeiro de moito éxito, conseguindo unha gran fortuna.

Saltemos un poco e falemos agora da teoría do valor.

Dicía un profesor que tiven de teoría monetaria, que as cousas de valor se definían polo uso que se lles daba. Non sendo un marxista, o Profesor Teixeira Ribeiro, tiña perfectamente claro, que dentro das teorías sobre o valor, pontificaba naturalmente a teoría da utilidade. Así, falariamos da teoría sobre o valor, axiña utilizariamos a teoría da utilidade, facendo axiña unha incursión no que chamaremos a teoría da utilidade crítica.

Cada unha destas teoría, foron contestadas pór os distinguidos economistas, de acordo coas súas orientacións.

Continuaremos co chiste do profesor Teixeira Ribeiro, que alén do argumento presentado, tamén engadía que a cantidade de uso, de utilización, revisaba maior ou menor valor al ben en cuestión. El dicía que por exemplo, “os garda choivas se definían pola utilidade que tiñan”, quería dicir que satisfacían unha determinada necesidade e como tal esa era a súa utilidade. Estaría a falar dun valor de traballo concreto o dun traballo abstrato, a que valor se refería?

Entremos un pouco máis, no valor das cousas, presentemos este exemplo: Porque un determinado diamante debidamente laminado e traballado, vale máis do que un copo de auga? A resposta a esta simple cuestión parece evidente, pois probabelmente a extracción do diamante e súa preparación para aparecer debidamente facetado e laminado, á sido moito máis traballosa do que obter un vaso de auga.

Cabe aquí unha chamada de atención pois, non ten nada a ver coa lei da oferta e da procura. Nada de confusións.

Para Marx, o valor do traballo, é tanto tomado no aspecto cualitativo, como cuantitativo, aquí xorde pronto unha contradición cos capitalistas, que pura e simplemente desdeñan do aspecto cualitativo, pois o vén como consideracións de transformación en mercadorías pura e simples. Así Marx aumenta e dá máis importancia e categoría ao valor, estabelecendo a diferenza esencial entre prezo e valor. Mas vai máis lonxe, fai a distinción entre o chamado valor de uso e o valor de troco, nocións que xa viñan sedimentadas desde Adam Smith. No entanto Marx, que unha cousa pode ter valor de uso, e por outro lado non ter valor de troco. Calquera cousa que pode ser obtida polo home, sen calquera traballo para a obter.

Así, fai sentir que nada pode ter valor de troco, sen ter valor de uso.

Cremos que é habitual o concepto de troco pois, desde a antigüidade se cambiaban as cousas o que significaba que as persoas sentían que había un valor de troco. Mais atención, o valor de troco está inerente a que alguén estea interesado en efectuar ese troco. A isto se chamou, o carácter social, que é un atributo do valor do troco. É necesario por tanto existir unha relación social.

Imos entrar, no que se denomina traballo humano. E desde este momento, avanzamos co traballo en sentido concreto e o traballo en sentido abstracto. Situacións que iremos definindo, máis adiante.

Para iniciar de forma máis comprensíbel esta diferenza, recordemos que os traballos tamén son distinguidos, consoante quen os practica. Dito dunha forma máis económica, o traballo concreto, é aquel que se destina a operar un valor de uso, mentres o traballo en xeral, é o producido polo gasto xeral de enerxía humana, e este é o traballo abstracto.

Desde este punto, podemos afirmar, que o valor de troco existe, pois neste está incorporado e materializado, un determinado traballo humano.

Cabe unha chamada de atención, pois moitas veces se crítica que o traballo dun traballador máis lento nas súas tarefas, non é igual ao dun máis dilixente. Non é así, o traballo non se mide polo traballo individual, outro si pola media de traballo necesario para producir un determinado ben.

Xorde aquí un outro elemento en consideración, que ten a ver coa cantidade de traballo necesario, para a produción dun ben, e este é o estado da técnica existente para o producir. De aí que se poda dicir que unha mesma cantidade de traballo, pode producir distinguidas cantidades de bens, de acordo coas condicións técnicas ou de locais de explotación das materias, por exemplo.

O mesmo acontece, con dous tipos distinguidos de traballadores, se un é altamente especializado na súa actividade, e o compañeiro non o é, o máis adestrado pode producir moito máis produtos do que o menos preparado. Estamos a falar de traballo complexo, para o máis especializado e traballo simple para o menos especializado.

Xorde aquí unha necesidade de esclarecemento, de como se determina o valor?

Así, o valor debe ser determinado, polo traballo simple, que sexa necesario para producir ese ben, en condicións reais. E atención, determinadas mercadorías ao non poderen ser creadas de novo, o seu valor non pode ser regularizado polo valor de troco. Un exemplo o cadro de Leonardo da Vinci da Gioconda.

Até ao momento nos situamos en posicións diatéticas, seguiremos agora máis estritos.

Claro agora se pon o carácter dobre na produción das mercadorías, ou sexa, expreso nas mercadorías, como diría Marx.

Volvemos agora ao que David Ricardo dicía, ao distinguir o traballo cualitativo e o traballo cuantitativo, o que el non comprende “é que a súa distinción cuantitativamente supón a súa unidade ou igualdade cualitativamente”, o que significa que non chega ao traballo abstracto, conforme Marx.

Se trata de que Ricardo non entende esta ecuación:

“10 kg de trigo = 4 metros de tecido”

É exactamente aquí que resulta a unidade do cualitativo ambos son bens producidos por un traballo humano abstracto.

A comprensión desta dobre natureza, contida na produción das mercadorías, forma o eixe a volta da cal xira na economía política, como chegar à forma do valor, que é como se expresa a compra dunha mercadoría ou outra mercadoría e abstraendo sucesivamente até a formación do valor diñeiro.

“Estamos entre a forma relativa e a forma equivalente do valor”.

Volvendo á ecuación enriba indicada, Marx chama al lado dereito, forma relativa de valor e ao segundo membro forma equivalente. Son termos excluíntes, antitéticos, pero tamén dependentes pois se condicionan reciprocamente.

Probemos cambiar a ecuación en termos de forma

“4 metros de tecido = 10 kg de trigo”. Se alterou o mecanismo de relación, concluíndose que a mesma mercadoría non pode na mesma expresión de valor, figurar en ambas as formas ao mesmo tempo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.