Solicitan á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo a comprobación inmediata das incidencias e a depuración das responsabilidades ante os numersos incumprimentos da normativa, así como a adopción inmedita «das oportunas medidas de prevención e protección que a situación require».
Según expoñen no seu escrito de denuncia a organización asistencial por parte da Estructura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde para Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos está a ser «lenta e insuficiente» e que os traballadores e traballadoras do ámbito sanitario, cualificados como de «risco» están a contar na realidade «cun nivel de protección inferior a outros colectivos».
Para os denunciantes, o procedemento de actuación do SERGAS está a levarse «en base a criterios obsoletos», dado que en este momento se coñece que un dos maiores riscos é precisamente «a capacidade de contaxio das persoas asintoáticas ou con síntomas leves».
Segundo indican, o pasado 20 de marzo dende o Servizo Galego de Saúde enviouse un correo electrónico ao personal sanitario non facultativo no que aínda que se indicaba a necesidade de manter unha distancia de seguridade mínima «nas salas e no relevo» obrigábase a «realizar encamados» sen os medios de protección necesarios.
Doutra banda, sinalan que «está a darse a circunstancia de que o persoal de transporte sanitario conta, na maioría dos casos, con maiores medios de protección que o persoal do propio hospital» e que isto supón un risco non só para os traballadores e traballadoras, senón para os propios doentes e as súas familias.
Asemade, e «en contra do criterio indicado para o resto da poboación», ao persoal que estivo en contacto con casos de coronavirus confirmados «estáselle a dicir que igualmente ten que vir a traballar» cando nin tan sequera se dispón dos medios de protección adecuados, facendo referencia non só ao persoal santario, senón ao persoal de limpeza, administrativo e de cociña, o que está a provocar «un estrés emocional grave».
Dende a Xunta de Persoal, sinálase que urxe dotar de material a todas as traballadoras e traballadores do centro, tanto luvas de nitrilo como mascarillas de seguridade, batas desbotables de protección e gafas de protección porque tal como se está a xestionar a crise do Covid-19 por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo no referente ao ámbito de saúde pública «non está a procurarse o risco de contaxio» obviando os criterios preventivos máis básicos en materia de saúde laboral para evitar a propagación da enfermidade.
Por todos estes motivos, veñen de solicitar ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social a verificación destes particulares e a depuración de responsabilidades ante os numerosos incumprimentos da normativa así como a toma inmediata das medidas de protección que sexan pertinentes.
Se el primero en comentar