![]()
Amir Ismaíl, un dos impulsores da plataforma Sanidade Galega con Palestina, é un médico gazatí que desenvolve o seu traballo en Ferrol desde hai décadas.
Por Dani Seixo | 25/12/2025
A comunidade sanitaria galega organízase fronte ao xenocidio. O doutor Amir Ismaíl, que exerce en Ferrol dende hai décadas, é un dos impulsores de Sanidade Galega con Palestina. Nesta entrevista en Roxin Roxal para Nueva Revolución, explica os obxectivos da nova plataforma: unir aos profesionais da saúde na denuncia da ocupación e presionar para o cesamento da colaboración institucional e científica co Estado de Israel.
Amir Ismail chegou a Madrid en 1983, deixando atrás a súa terra palestina, coa ilusión de converterse en médico, deixando atrás unha sucesións de detencións, controis e humillacións que viviu sendo un neno. Este gazatí estudou mediciña na Universidade de Santiago de Compostela e hoxe exerce como traumatólogo no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol pertencente ó Servizo Galego de Saude, pero non esquece a súa orixe e, co xenocidio continuado en Gaza, organizou a Plataforma Sanidade Galega por Palestina.
Se el primero en comentar