A reunión da ECOFIN, os orzamentos e os tipos de xuro

Non podemos deixar de alertar, no caso de España, pois, tamén está en risco de non recibir unha transferencia dos respectivos fondos, por problemas que o Goberno de España ten para xestionar a sustentación das Pensións de Xubilación.

Por Jose Vieira

ECOFIN, o primeiro que se nos ocorre é saber o que significa para todos esta palabra.

Este consiste nunha reunión onde están representados os ministros da economía dos países que na actualidade pertencen a UNIÓN EUROPEA, e que se convencionou chamar ECOFIN.

Tamén é coñecido polas funcións que desempeña, no conxunto das institucións, da Unión Europea e, como tal, se designa como sendo o Consello de Asuntos Económicos e Financeiros.

As súas funcións específicas se poden resumir nos seguintes itens en que se ocupa de:

– política económica

– asuntos fiscais

– mercados financeiros e movementos de capitais

– relacións económicas cos países exteriores á Unión Europea

Encargase de elaborar os orzamentos da U.E. e, dos aspectos xurídicos e prácticos que decorren da política monetaria.

Tamén ten funcións de coordinación das

– políticas económicas dos países da U.E.

– da converxencia e seu rendemento económico

– fiscaliza e supervisa, as políticas orzamentarias dos países comunitarios

– coordina as reunións internacionais como os varios G-20, o G-7, representando a UE no seu conxunto. A actividade do Fondo Monetario Internacional, vulgarmente designado FMI e as negociacións cos seus estados membros. Tamén representa os estados membros na loita contra o cambio climático.

Este consello, reúnese varías veces cada ano, sendo a próxima reunión o día 6 de decembro de 2022.

Este ECOFIN que debe reunir co “cuorum” completo, o sexa cos seus 27 membros actuais, ten unha misión a desenvolver con diversos dossiers sobre a mesa.

Un destes é a discusión das REGRAS ORZAMENTARIAS EUROPEAS e, un outro é a posibilidade da non transferencia de 7,5 mil millóns de euros dos fondos comunitarios ao Hungría.

Esta recomendación, foi efectuada pola Comisión Europea aos Estados Membros, en razón da existencia de corrupción e degradación da independencia do poder xudicial, detectadas na Hungría por Bruxelas.

Este consello, ten como límite para dar o seu parecer sobre estas cuestións, até ao día 19 do corrente mes de decembro.

Non podemos deixar de alertar, no caso de España, pois, tamén está en risco de non recibir unha transferencia dos respectivos fondos, por problemas que o Goberno de España ten para xestionar a sustentación das Pensións de Xubilación.

Esta situación é un pico de obra para o ministro da Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o señor José Luis Escrivá Belmonte.

Esta é unha patata quente que este señor ten nas súas mans e, que terá que demostrar á Comisión Europea, como estas se irán ser sustentadas, de acordo coas regras da Unión Europea.

Este proceso irá ser xestionado conforme enriba referimos dentro da Ecofin, dado que é esta que ten a competencia para fiscalizar e propor a resolución, dos problemas xurdidos, cando hai discrepancias nos equilibrios orzamentarios.

Este é o caso presente de España e, que o referido ministro terá que resolver, internamente, nun consello de ministros que probabelmente non será nin cómodo nin tranquilo.

Aproveitamos este texto para divulgar que o día 6 de decembro que serán publicados os datos da inflación, para todos os Estados-membros, pola OCDE.

Á súa vez o Eurostat, terá os datos referentes aos prezos das importacións industriais, ao prezo dos produtos industriais nos mercados externos e, todos referidos ao mes de outubro pasado.

Aínda e continuado a xeito de calendario, queremos dicir que a AGENCIA INTERNACIONAL DE ENERXÍAS RENOVÁBEIS 2022, comunicará o seu informe, que é o balance dun sector que cada vez é máis importante, se queremos continuar a vivir, neste planeta e naturalmente as xeracións que nos seguen.

Non debemos esquecer que este é un ano extraordinariamente importante pois, como vemos, se está a ver unha viraxe nos mercados enerxéticos.

Postas estas consideracións, imos entrar noutra cuestión que afecta dunha maneira moi grande unha gran parte dos españois. Tratase do prezo das hipotecas.

Será á praza deste mes de decembro que se saberá os números que nos indicarán se as políticas seguidas para o control da inflación, tiveron o non un desempeño conveniente.

Así os bancos centrades un pouco por todo o mundo, dirán de súa xustiza e veremos se abrandan as súas medidas de subidas de tipos. E por outro lado se o Banco do Xapón, polo contrario sobe as taxas de xuros pola primeira vez, desde os idos de 2016.

O ano en curso, ficará para sempre como sendo aquel en que os bancos centrais apertaron as finanzas dos particulares hipotecados, con subidas dos tipos de xuros, cousa xa non vista desde o ano de 2015. Ese ano, se comezou a monitorizar as decisións de política económica e financeira, de forma continua.

Até novembro pasado, 92 economías, que están controladas por 74 bancos centrais (recordamos que o Banco Central Europeo controla 19 países), decidiron e fixeron 329 aumentos de taxas de xuro.

Así en 2015, foran soamente 48 bancos a tomar esa decisión, en contrapartida en 2021, xa foron 50 bancos o que significou o prenuncio da vaga de aumentos, sobre todo en mercados emerxentes.

Por outro lado, o punto de máis “aperto monetario”, nestes últimos 8 anos, se rexistrou en 2020, aquando do primeiro ano da pandemia da covid 19, cando 93 bancos centrais, baixaron os seus tipos.

Así este mes, se vai mostrar moi movido, pois, vai incluír case 50 reunións de política monetaria e, será moitísimo importante, en relación ao camiño dos tres principais bancos centrais do mundo, que irán indicar o rumbo a seguir, polos seus respectivos gobernos.

Onde se deben centrar a atención, é en saber se a Reserva Federal Americana (FED), o Banco Central Europeo (BCE) e o Banco de Inglaterra, van continuar ou non, a aumentar os seus tipos en 75 puntos-base ou irán baixar o ritmo das subidas, como desde xa, apuntan os mercados de futuros.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.