A razón de que os americanos eliminaran para sempre ó Xeneral De Gaulle

Charles De Gaulle, pretendeu que a Europa dos pos Segunda Grande Guerra, se reconstruíse, e viñese a ocupar o lugar que lle competía, no equilibrio e desenvolvemento mundial

Por Jose Vieira

Charles André Joseph Marie de Gaulle, foi un xeneral francés, presidente da República Francesa de 1958 a 1969, ano en que renunciou á presidencia.

Este militar, naceu en 22 de novembro de 1890 na cidade de Lille e faleceu, no seu retiro, en Colombey-les-Deux-Églises, o día 9 de novembro de 1970 (precisamente coa idade de 80 anos).

Este xeneral e político francés, sempre loitou por unha Europa independente, como un gran bloque autónomo e sen ser unha colonia dominada polos Estados Unidos da América do Norte (adiante só as siglas inglesas USA).

Esta posición foi combatida por todos os presidentes dos USA, dende o xeneral Eisenhower (coñecido como Ike), por John F. Kennedy, por Lyndon Johnson e Richard Nixon, pois, todos estes sempre dispuxeren todos os medios para afogar a Europa e os seus gobernos nas súas augas e intereses.

Sempre os USA, seguiron a expresión latina que pasamos a escribir e a traducir:

Hac volo sic jubeo, sit pro ratione voluntas”

Que traducido significa: quéroo, ordénoo que as miñas ganas se sobrepoña á razón.

O que acontecía, era que o xeneral francés en cuestión non aceptaba ser un mero monicreque nas mans dos americanos.

Mais pasemos un pouco máis de historia, que non queren recoñecer os actuais políticos, pois, están desde a moito tempo de columna vertebral dobrada ao servizo e ordes dos USA.

Imos referir dúas operacións que foron determinantes no camiño percorrido.

A OTAN, foi fundada o día 4 de abril de 1949, en Washington, nos USA. Esta organización, xamais se tratou dunha alianza entre nacións, mais si, da constitución dunha sociedade, digamos antes unha multinacional (entendida e usada como tales polos americanos, que se senten dentro dela, como o seu certo presidente do consello de administración e, de posesión dun certificado perpetúo de plenos poderes – conforme a frase en latín enriba).

Esta sociedade, é un instrumento ao servizo exclusivo e discricionário dos USA.

Os USA, a utilizan e, aos seus compoñentes, como se estes fosen unhas súas colonias, e como non, integrado por un exército de membros nativos.

Basta recordar, que cando caeu a URSS (a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas), os patróns da Alemaña, os USA, tiñan no seu territorio, 20 bases e cerca de 200.000 soldados.

Recordemos:

Os dous primeiros presidentes da Rusia, herdeiros da URSS, Iéltsin e Putin, tiñan petición para integrar a OTAN, creando así unha forza única militar, no entanto, os USA, rexeitaron. Xa en anterior texto o referira.

Por tanto, pensar que a Rusia, podía xustificar unha ameaza, e os gobernantes americanos quixeron e conseguiron impor esta idea a toda a Europa, co auxilio dos sempre dispoñíbeis ingleses.

No entanto, para que o dominio fose realmente total, tiñan que ter a Francia, mais aí o Xeneral De Gaulle, entendeu a xogada dos americanos e, tivo a “coraxe de asumir as consecuencias, retirando as súas forzas militares da Nato e saíndo desta organización”.

Charles De Gaulle tiña a experiencia da Segunda gran Guerra Mundial e, o seu mao convívio cos mandos americanos e ingleses, todo isto, a pesar de estar a dirixir a resistencia francesa desde a Inglaterra.

Os creadores e fundadores do futuro Tratado de Roma, optaron por crear unha organización, que non tivera conflicto coa OTAN e, onde se podía emprender un camiño da liberación do dominio dos USA.

Non estariamos a ser minimamente correctos se neste momento, non referísemos a figura esencial, para o camiño dunha independencia económica da Europa en relación aos Estados Unidos da América do Norte, se non recordamos a figura de Jean Monnet, que loitou toda a súa vida por ese resurxir da Europa e deixar esas ideas como inspiración definitiva para o Plano Schuman.

O Plano Schuman, foi o que levou a unir as producións nacionais, de carbón e do aceiro, da Alemaña e da Francia e, consecuentemente creación da Confederación do Carbón e do Aceiro, fundada en 1952, que pasou a ser coñecida, polas siglas de CEC, e que sería o embrión da futura Unión Europea (adiante U.E.).

Así a Comunidade Económica Europea (adiante CEE), acabou por se fundar en Bruxelas en 25 de marzo de 1957. Este documento coñecido polo Tratado de Roma, estabelece a Comunidade Económica Europea, como unha forma, teoricamente máis capaz de cooperación entre os países europeos.

Xuntábase as ganas económicas de Jean Monnet e as ganas políticas e militares, do xeneral Charles De Gaule.

Os países que acabaron por constituír a Comunidade Económica Europea (adiante soamente CEE), foi fundada pola Alemaña, a Francia, a Italia, os Países Baixos (Holanda), o Luxemburgo e a Bélxica, sendo o referido tratado, asinado por respectivamente, Konrad Adenauer, Christian Pineu, Antonio Segni, Joseph Luns, Joseph Bech e Paul Henry Spaak, en nome dos seus países.

Evidentemente que os americanos, se apercebiron da xogada europea e, como non, se serviron do seu aliado de sempre, o Reino Unido, téndoo infiltrado, para controlar todo o proceso da creación e desenvolvemento da U.E.

Esta posición do Reino Unido, ten sido á praza do tempo, non unha acción de certa cooperación, mais si unha posición de que este país, co seu peso específico, pódese desde dentro, controlar o resto da Europa, por forma de que nunca deixase de ser o patio de recreo dos USA.

Basta recordar, que o último golpe se tratou xa os nosos días, coa saída do Reino Unido (ou Inglaterra) da U.E. o designado Brexit.

Mais, como sempre fan os ingleses, aínda están pegados a U.E., controlando até as últimas consecuencias a total dependencia da respectiva unión, do xugo americano.

Vemos, a través deste texto, a razón porque os americanos, erradicaron dunha forma total e definitiva, a figura dun dos máis importantes políticos e militares europeos, do século XX, pola simple razón, de que este político desexaba oporse a hegemonia total e absoluta dos USA, pretendendo realmente repor en seu certo lugar a Europa.

Charles De Gaulle, pretendeu que a Europa dos pos Segunda Grande Guerra, se reconstruíse, e viñese a ocupar o lugar que lle competía, no equilibrio e desenvolvemento mundial.

Isto non conviña aos americanos e, como tal, boicotearon a autonomía europea.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.