Por Jose Vieira
De que raio estamos a falar? Non hai dúbida de que antes de máis temos que intentar precisar do que queremos falar. Imos facer unha descodificación o máis elemental posíbel, para non mazar en demasía quen le este texto.
Meritocracia, é un termo que vén do latin meritum (que significa -debida recompensa), por un lado e de mereri (que á súa vez significa gañar, merecer), todo isto acompañado do sufixo (xuntado ao final), de cracia do grego krátos (que significa poder, forza). Así, que podemos dicir facendo a síntese mínima, de que se trata do goberno dos mellores, ou llo quixermos, o goberno baseado no mérito (diremos dos que máis valor teñen para gobernar). E como non, entramos no subxectivo. Posto este pequeno esclarecemento, creo que estamos preparados para comezar o asunto que nos preocupa.
A meritocracia tóxica.
Exactamente neste momento me salta unha primeira cuestión que imos explanar, sen máis demoras. E como tal, nos levanta unha cuestión de principio, desde pronto: – As xerarquías son obtidas polo mérito?
Claro que esta cuestión, trae asociada unha dúbida que se pode expresar en se os valores están asociados á capacidade individual, dalgúns, fronte aos restantes.
E, onde se coloca a competición?
Comeza a se deseñar un modelo de organización social, que promovería algúns grupos de individuos, que serían os considerados mellores e por outro lado se situaría os restantes corpos sociais.
Estamos perante outra dúbida, que queremos partillar desde xa, se trata de saber se a meritocracia non será unha fonte de desigualdade social. No entanto, podemos xuntar que para alén da desigualdade indicada, prevalece unha outra, talvez aínda máis grave, a desigualdade socioeconómica. Este parágrafo, máis que unha dúbida a estudar, é unha conclusión necesaria, do texto de partida.
Hai uns días, falamos de que as desigualdades salariais, eran case innegociábeis, ou imposíbeis de suavizar, para aqueles que estaban menos formados, quere academicamente ou en habilidades profesionais, para asumir determinados lugares no cadro socioeconómico da nosa sociedade globalizada. Así, mentres os que se situaban mellor formados para o chamado “día de mañá”, non tiñan calquera dificultade intransponíbel, para chegar aos patróns de salario desexados. Por outro lado, se situaban, como dixemos, os que se quedaban, excluídos de calquera axuste no sentido ascendente.
Temos así, logo á partida, dous grupos, polo menos, ben diferenciados. Se debe entón, por unha cuestión, que nos pode a axudar a entender esta separación clasista.
Para explicitar, gustaranos recordar unha conversa que a moitos anos nos foi repetida unha e outra vez, en varios lugares e por distinguidos arautos (propagandistas de ideas sociopolíticas de entón), que afirmaban: – “Se che sacrificares, se traballares con afinco e sempre como máximo das túas capacidades físicas, poderás algún de aí ser tamén rico, poderoso e chegaras a dirixente”.
Normalmente eran acompañadas de palabras máis piadosas e sacras, onde o discurso tampouco difería, de significado demasiadamente: “os humildes, traballadores e sacrificados na Terra, terán despois da morte o Reino dos Ceos”.
Dous discursos distinguidos, no entanto, o segundo, xustifica a quebra do primeiro. Non hai dúbida da sincronía dos discursos. A única dúbida, está “en quen naceu primeiro, se a galiña ou o ovo”.
Neste momento, non podemos deixar de mostrar outra nova dúbida. Esta é algo, que todos infelizmente temos dalgunha forma a experiencia. Aínda que que nalgúns casos, non se confirman, na totalidade, o que estamos a dicir é, no entanto, a maioría, por cima de calquera posíbel xusteza de números estatísticos, que nos dá a razón. E esta, é a que nos leva a escribir este texto.
Moi recentemente, dous estudosos, dos problemas que afectan a sociedade global, realizaron un encontro, troco de impresións, en forma dunha mesa redonda, en que trataron igualmente deste tema. Se tratou de Yuval Noah Harari (sociólogo, historiador e publicista, israelita e o sociólogo americano) Michael J. Sandel. Por esa razón, non estaremos soas en “este vale de bágoas” que tanto atormentará, as xeracións hoxe activas, como cada vez máis as que seguen.
Comezando por un problema esencial, que é o comportamento das grandes masas, perante as ofertas programáticas dos políticos (sempre que hai eleccións). Partimos do principio, de que estamos a nos reportar, a democracias minimamente estruturadas e estabilizadas. O que temos vindo a verificar un pouco por todo o mundo, por onde se estende a manta deses réximes, ten habido movementos primeiros de aparente iniciativa popular, os chamados “movementos espontáneos populares”, que case sempre son amalgamas de distinguidas orixes e, mestura de ideas, que na maioría, só posúen un denominador común, o estar en contra. Tamén verificamos que co pasar dos tempos, non moitos, deses movementos, xorden aquilo que chamamos “grupos de opinión organizadas”, onde xa se comezan a ver distinguidas liñas divisorias, acabando ese traxecto na formación ou de partidos ou polo menos “descontentos profisionalizados”, esta cognominación é de nosa responsabilidade.
Continuando, nesta senda, nos encontramos con cousas aparentemente difíciles de entender e, moi máis complexas para explicar.
Así, se detectan correntes de masas, que aparentemente, se colocan en posicións sociopolíticas, perfectamente opostas hai súa procedencia socio económica.
Individuos, traballadores de poucos ou ningunha formación política e, con traballos precarios, mal pagados ou mesmo sen traballo, van votar á dereita, en partidos dos seus empregadores, que son os seus exploradores. Nos parece unha incongruencia. Vemos este problema de encaixe completamente anómalo, un pouco por todo o lado.
Tamén é correcto, que as grandes masas onde se encontran estes, que saltan as súas barreiras de intereses político, están completamente fartos de aguantar, dualidades gobernativas en que uns substitúen os outros e, non se conseguen ver diferenzas significativas nos seus futuros horizontes. A esta saturación chamariamos a “morte das ilusións para os, máis necesitados”
No entanto, isto é, só un pequeno problema, pero a situación se pon aínda máis complexa.
Estamos nun mundo onde a tecnoloxía, cada vez máis desenvolvida, se torna agresiva para moitos dos traballos, menos especializados e, de rango máis volátil. As grandes masas comezaron, a unhas dúas décadas, a notar ese perigo e, a sentir presente na súa pel. Ausencia inxustificada da acción responsábel dos sindicatos. Esta ameaza, que es real, xa está á porta de cada un.
Axiña, as grandes masas se senten asoladas pór o contrario, do que estaban fartos, ou sexa, antes non conseguían distinguir no bipartidismo, as vantaxes que un podía ofrecer, en relación ao outro, pois, estes practicaban só o que os grandes señores mandaban, indiferentemente do partido que estivese no poder. Estaban sempre mal e iso tiñan por certo que non querían.
Logo, despois dos movementos sociopolíticos, ditos espontáneos, xorde outra gran confusión, se formaron tantos partidos e, a panoplia de opcións é tal que, se encontran en situación de confusión.
Mesmo antes da chegada da pandemia, esta situación se tiña demarcado de certa forma dramática. Vexamos na Europa, o adianto na Francia, do partido de Marine Le Pen, a perda de votos dos sociais demócratas, por todo o resto do espazo europeo e, a perda de posición do partido laborista no Reino Unido.
Diriamos que, as grandes masas de traballadores e pequemos empresarios, veñen un futuro moi negro no horizonte e, non depositan a súa confianza nos de sempre. Chegou ao fin o seu voto corporativo. O desalento, é tal que, non resta outra que votar en contra, a ver se algo muda. A esperanza, andará na Europa, un pouco menos do 40% (nivel medio de abstencións).
Será só isto, que mostra o cambio de intencións?
Recuperemos outra das máis importantes reflexións. A globalización neoliberal, deu lugar a unha desigualdade insultuosa, de encaixe e riqueza, na economía. Antes estaba “dominada”, polo fenómeno da produción. No entanto, agora, ninguén ten dúbidas, que quen domina o sistema político, son as finanzas (a financeirización da economía), o diñeiro por diante, en detrimento dos cidadáns.
Entón, moitos dos elementos das grandes masas, especialmente os máis anciáns, e que realmente xa non están no activo, votan cos máis ricos e poderosos, situándose aquí unha das contradicións. O porqué, deste tipo de voto, é realmente o medo que que estes teñen ao poder sentir que a súa hostilidade, lles retire o apoio aos seus soldos de xubilados.
Como raciocinan os que están no activo?
O mundo os tragou completamente e para eles, parece non ser posíbel outra situación se non aceptar ás esmolas que son propostas, polos poderosos empregadores. Entón iram abandonar os partidos que sempre os representaron, no bipartidismo. Ese é o plano intuído por unha gran maioría, a outra restante desa gran masa, se sente confusa con outras opcións xurdidas e, como non, votan en contra do seu interese.
Toda esta xente se sente desprotexida pois, non posúe a formación, nin académica nin técnica e, nin as habilidades para se tornaren operadores imprescindíbeis na nova economía, a que chamamos da “insustentabilidade neoliberal”. E porque non posúe esas condicións, para poder afrontar o mercado de traballo actual (enténdase de escravitude)?
Difícil acceso ás escolas de especialidades recoñecidas, difícil acceso ao ensino universitario considerado de primeira liña, difícil poder pagar a súa formación en reputadas escolas no espazo estranxeiro.
Estas trabas ten como consecuencia que os menos acaudalados, non posúen o acceso aos medios hoxe adecuados para facer fronte aos desafíos que se lles deparan.
Unha vez máis, estamos perante unha desigualdade, non inocente, do réxime neoliberal globalizado. Os Amos do Mundo (1), necesitan de exércitos cada vez maiores de persoal dispoñíbel, por calquera prezo e sen obxeccións nin reclamacións.
Así que, aparece aquí, unha palabra que é unha barreira intransponíbel para a maioría, na busca dun traballo digno. As calidades para exercer ese posto de traballo. Se trata de ter mérito.
Estamos exactamente ao momento inicial deste texto, estamos perante a meritocracia e esta é tóxica, pois, inhibe a vida digna dunha gran maioría. Esta meritocracia está intimamente ligada á posibilidade de poder acceder a formación capaz, conveniente e necesaria.
Esta barreira, a de a “meritocracia tóxica”, é outro dos elementos que se deben adicionar, nos cambios de estratexia utilizada, polas grandes masas descontentes.
Estes, na Europa, veñen que esa meritocracia, en xeral, está ocupada por ou os que mandan máis (os que ditan as regras dos gobernos de quenda), ou entón, na man de autenticas monarquías de políticos. Estes ocupan necesariamente os lugares dos partidos visíbeis. Logo o rexeitamento do descontento. De aí votar coa dereita máis criminal posíbel.
O mellor exemplo, desta situación foi a elección de Donald Trump en 2016, pois estas foron as razóns que o elixiron e, que case o sustentaban, outra vez, no poder. Isto é o que se está a pasar do lado de acá no Atlántico. Esperemos mellores e máis esclarecidos días.
Nota: (1) – Ver “A Nova Orde” do autor deste texto José Vieira
Se el primero en comentar