Por Jose Vieira
Falaremos hoxe, da Casa Museo de Camaño Xestido, “A Mangallona”, artista de mil facetas, cuxa dedicación a arte, nas súas múltiples facetas é un certo icona, non só galego, como internacional.
Claro que é inadmisíbel. E máis, é inacreditábel
Non obstante, pasamos a ter máis coñecemento, co artista pois, dado que este ten sempre as portas abertas da súa Casa Museo “A Mangallona”, para quen a queira visitar. No entanto, ten que ser contactado telefonicamente pois, verificamos, que xamais o artista, cobrou unha peseta o un céntimo por cada visita e non dispuña dun servizo permanente de guía. Máis, sempre poñen a súa casa a disposición, para visitas de estudo dos colexios, de institutos, e outras institucións de ensino, así como, de quen se quería deleitar, con tamaña riqueza artística, bastando como dixemos, facer unha reserva por teléfono, conforme indica a súa páxina Web, na internet.
Entón, fomos informados, que era o propio artista, que mantiña, integralmente do seu peto a Casa Museo que leva o seu nome.
De novo pensamos, que isto non é un procedemento, nin do gran país que é España, nin tan pouco da terra que o viu nacer e onde reside.
Claro que a historia non acaba neste punto, ou sexa, sen placas de identificación de como chegar à Casa Museo de “A Mangallona”, así como, como sobrevive e sustenta, tan magnifico patrimonio artístico. Esta situación pasou a ser unha incógnita pois, dunha ecuación indefinida.
Como é posíbel, que unha terra como Cangas, de verdade, poda ignorar ou polo menos, estar de costas voltas, para o seu grande artista. Non existe xamais a posibilidade de encontrar unha xustificación.
Máis, este artista por si só, pode ser un atractivo fundamental, para que a terra que o viu nacer e, que teña o orgullo de facilitar as visitas a tan espectacular patrimonio. Sería necesariamente, un punto de visita obrigatorio nos guións do Concello e mesmo das institucións provincial e autonómica.
Este patrimonio extraordinario, é un ben identitário da terra de Cangas e, de cuxas tarefas de mantemento e demais custos se debía ocupar, o respectivo “ axuntamento”.
Só probabelmente un “milagre”, pode permitir que continúe a existir aquí este Patrimonio artístico, dato a completa ausencia de interese demostrado polo executivo do concello.
O feito é que non existe milagre algún, o que existe un amor desmedido a súa terra e, a unha obra que hai moito superou as fronteiras de España, por parte do artista. A verdade é que se trata de que sempre saca do seu peto, o diñeiro para as necesidades do respectivo Museo.
Auga, luz, limpeza, ar acondicionado, desumidificación, montaxe dos cadros, seu mantemento, así como a de os edificios, tratamento do entorno de xardíns, das esculturas exteriores, etc., un sen fin de custos, que saen exclusivamente do peto do artista.
Queremos dicir que o soño do artista, comezou, cando comprou, unha casa en ruínas e, foi adquirindo terreos, parcela atrás de parcela, dando lugar a un basto solar, onde cos seus xardíns alberga os edificios onde se localiza a Casa Museo “A Mangallona”. Despois tivo que acometer unha xubilación total e, aumento do edificio adquirido, e a creación doutros anexos, onde pasou a albergar a súas obras e coleccións. No entanto, nunha outra parcelo de terreo, diante da Casa Museo “A Mangallona”, tamén estabeleceu, unha vez máis a súa costa, unha enorme colección de esculturas e outras obras, nun outro espazo, a que chamou a Capela, onde alberga outra parte das súas coleccións e, unha bastísima e rica biblioteca. Todo, como sempre pagados do seu peto.
Volvemos ao inicio, e verificamos, que todo o esforzo que o artista, ten feito, é destinado a que calquera persoa que estea interesado en ver e disfrutar da súa obra e, das súas coleccións, o poida facer, de forma completamente e gratuíta e sempre que o desexe.
No entanto, a acción do artista Camilo Camaño Xestido, non se extingue na súa Casa Museo, o artista son tamén un cidadán xeneroso, que está sempre pronto a axudar quen necesita, pois, existe tamén o artista interventor, o home que promove exposicións, que está sempre na primeira liña dos eventos culturais, da súa terra e non soan.
Recordemos un dos eventos máis emblemáticos da terra de Cangas, que é a súa Bienal de Arte do Morrazo, á cabeza da cal sempre estivo Camilo Camaño Xestido e, evento do que foi seu fundador, como funcionario do concello respectivo, até se reformar e, mesmo tras, ten continuado a apoiar.
No momento presente, o artista, está a investir uns centenares de miles de euros, nunha ampliación do espazo de exposicións e, ao mesmo tempo, a facilitar o acceso a todo o Museo, para que os discapacitados ou con problemas de mobilidade o poidan visitar, sen restricións, ou barreiras arquitectónicas e, como sempre, integralmente á súa custa.
Unha vez máis, es un investimento do artista, que irá ofrecer unhas mellores condicións de visita a todos cantos desexen ver este excelente museo, así como, permitirá o libre acceso aos discapacitados.
Estas obras están en curso, no momento en que este texto irá ser publicado, debendo durar aínda cerca de cinco meses, até que estean completamente acabadas.
Queremos dicir que existe unha páxina na internet, onde se mostra a Casa Museo “A Mangallona”, e onde se dan as indicacións necesarias para se chegar até ela.
Avanzamos que todo este patrimonio artístico e cultural, está situado no lugar de Coiro, parroquia do concello de Cangas e, a uns xustos tres quilómetros do edificio do Axuntamento de Cangas. Así, dirixíndose a Coiro, a Casa Museo (edificio principal e respectivos outros anexos) e, se sitúa no lugar da Carballeira, número 1. No mesmo lugar, mais do outro lado da rúa, no número 1b se sitúa a Capela, a Biblioteca e un gran conxunto de esculturas, algunhas de grande porte.
A Casa Museo de Camaño Xestido, que é propiedade do artista, está dirixida por un Patronato, da Fundación que leva o seu nome e de que é Presidente de Honra, sendo é dirixido por súa filla Xiana.
Para dar unha pequena visión da importancia do referido Casa Museo, podemos avanzar que están alí miles de obras do artista. E onde, se exhiben a mais, unha considerable colección de obras de outros artistas, entre os quais se destacan un deseño de Salvador Dali, un cadro restaurado de Botello, pezas de Delarra, Huete, Dalia Bialcovschi, de Xoan Pinheiro e de Antonio Nores, e de moitos outros pintores e escultores un pouco de todo o mundo.
Esta é a parte máis coñecida do referido museo, no entanto, alberga as máis distinguidas coleccións de obxectos, que o artista Camilo Camaño Xestido, foi coleccionando á praza de máis de 50 años. Entre elas existe unha impresionante colección de fósiles, provenientes de Cape Town, estudados e recoñecidos pola Universidade de Stelembohe da África do Sur.
Nunha rápida abordaxe, ao espazo da Casa Museo, este se espraia por 11 salas, distribuídas en tres edificacións da seguinte maneira:
Sala 1 (sala soto), situada no soto do edificio principal e dedicada a primeira etapa de “consolidación do pintor”.
Sala 2 (sala L), conten obra, catalogada entre 1970 e años 80.
Sala 3 (sala G), da figuración ao conceptualismo, período de 80 a anos 90 (series: negra Afroamericana e negra Berlín). Tamén é o salón de actos da Casa Museo. Encontrándose equipada cos medios áudio visuais pertinentes, onde se realizan varias actividades culturais.
Sala 4 (sala bc 1), colección de distintas artistas, quere nacionais quere estranxeiros.
Sala 5 (sala bc 2), catalogada como a época do construtivismo e pasaxe ao costumismo.
Sala 6 (sala fondos), contén a serie arquitecturas, danzas e tradicións, dedicada ao arquitecto Antonio Palacios, así como fondos do artista.
Sala 7 (sala bc 3), local de traballo de inverno do artista e, zona máis intima do pintor, cun espectacular teto pintado
Sala 8 (sala obradoiro), local de traballo habitual do pintor e de conviviu e encontro cos seus amigos
Todas estas salas se encontran no edificio principal de “A Mangallona”
No edificio situado ao lado do principal, se encontra o chamado Casa da Pedra Moura, onde se encontra a
Sala 9 (sala Pedra Moura), que está presidida por unha enorme pedra granítica e onde se exhiben unha colección de retratos de diversas épocas.
No exterior destas dúas edificacións existen numerosas esculturas, de diversos autores.
Pasamos ao outro lado da rúa e, encontramos no acceso a casa denominada Capela-Biblioteca, unha colección de esculturas de diversos materiais, de distinguidos artistas e épocas, aí se encontran a
Sala 10 (capela), onde figuran unha serie de obras de recorte sacro e outras tamén do artista.
Sala 11 (biblioteca), paredes meias con este espazo de exhibición, se encontra unha impresionante biblioteca, con unha colección de libros das mais variadas temáticas, para alén de arte e enciclopedias, así como de áudio visuais xuntados por o artista.
Non podemos deixar de referir que para alén de todo o que deixamos escrito, a Casa Museo “A Mangallona”, tamén ten unha actividade moitísimo relevante no campo das publicacións artísticas. De entre outras, destacamos os “Cadernos de “A Mangallona”, con títulos publicados como
I.-“Arte e natureza”, guía dunha instalación do artista.
II.-“ Casa-Museo de Camaño Xestido ´A Mangallona´”.
III.-“Camaño Xestido – Na procura dun mundo. propio-unha viaxe do unto ao branco”
Non podemos deixar de referir a existencia dunha espectacular, obra en curso, titulada “ Retratos e autorretratos”, que será o número 4 de “ Cadernos da Mangallona”, obra de máis de 500 retratos elaborados polo pintor. Unha obra que, será un das maiores contribucións actuais, á arte do retrato, no país.
Queremos deixar un sincero desexo.
É que mal sexa posíbel os desprazamentos dentro do espazo da Galiza, non se esquezan de visitar esta CASA MUSEO DE CAMILO CAMAÑO XESTIDO, onde a arte pontifica grazas á xenerosidade infinita deste gran artista galego (no entanto, é necesario deixar acabar as obras de expansión da Casa Museo Camaño Xestido (uns cinco meses máis) e, marcar a visita por teléfono, que vén expresado nas seguintes direccións:
https:// mangallona. blogspot.con e en email
@mangallona@gmail.com
Será un bo comezo para despois destes sucesivos confinamentos
Se el primero en comentar