Unha vez máis os Estados Unidos da América do Norte, determinaron e fixeron cumprir, os intereses das grandes compañías de produción armamentistas, que impuxeron os seus intereses, sobre todo o que era conveniente, para eles e non para o resto do mundo.
Por Jose Vieira
Comezamos polo fin, pola caída continuada da rentabilidade, e o aumento dos custos da débeda que están asfixiando a capacidade de inversión, que reduciron o emprego, actuaron sobre os salarios e actuaron sobre os prezos.
Debiamos comezar antes, dicindo que o imperialismo americano,¡ arrastrou de forma parva, a toda a Europa covarde, ao servirse desta, para vender os seus excedentes de material de guerra, a través da expansión da OTAN, desde o seu anterior espazo, até as portas da Rusia.
A OTAN, é a Organización Tratado do Atlántico Norte e, como tal, esta asociación de países, deixou a moito de estar restrinxida a ese límite xeográfico, para servir unicamente, como mercado de expansión, as necesidades de vendas das empresas americanas de material de guerra.
Así o que temos visto, é realmente toda unha Europa, de xeonllos e mans postas, facendo a ola, ás determinacións que nos son impostas polos intereses, políticos e económicos dos Estados Unidos da América do Norte.
Cabe aquí un pequeno esclarecemento, pois, tanto ten que estea no poder o partido Republicano, como o Demócrata, son ambos, cada vez máis indefinidos, imperialistas ao uso.
Esta situación é tao grave e, no entanto, non vimos ningún país, do entorno Europeo, a sequera ponderar ou verificar, cales as consecuencias das medidas que irían tomar, ao acordar, coas ordes do imperialismo americano.
Estas mesmas ordes, acabarán despois por ser seguidas, fóra do ámbito xeográfico europeo, por distinguidas razóns, mais sempre para satisfacer o despotismo, proporcionado polo imperialismo americano.
Até aquí, estamos a situar este texto, en consideración, sobre o que se pode chamar, seguimentos incondicionais, ou sexa, sen verificaren cada un dos países, os intereses dos seus cidadáns.
O que están a ver, é a imaxe transmitida polas cadeas de televisión e demais órganos de información, sobre a invasión da Ucraína pola Rusia. E como tal, o efecto fácil e sentimental, vén ao decima, naturalmente coa lágrima fácil. Así o que veñen é os desaloxados, as casas destruídas e, as peregrinacións en busca de acollemento pola Europa. Por certo, cousa que humanitariamente ten sido totalmente facilitado, segundo un criterio dun espléndido humanismo, que non dubidamos, mais o que non comprendemos, é como outros pobos que chegan a esta mesma Europa, non ten tratamento idéntico. Isto nos leva a pensar, que os ucraínos, son refuxiados de primeira clase con dereito a tratamento de maior calidade.
Parécenos realmente ver, outra cuestión que non entendemos, pois, estamos ollando submisamente, para o sacrificio de toda unha poboación do país invadido, cando atempadamente esta situación, se podía trabar en debido tempo, como é do coñecemento xeral.
Unha vez máis os Estados Unidos da América do Norte, determinaron e fixeron cumprir, os intereses das grandes compañías de produción armamentistas, que impuxeron os seus intereses, sobre todo o que era conveniente, para eles e non para o resto do mundo.
Reportémonos ó século pasado, ao século XX e, vemos, que desde eses idos, os americanos, non ten feito outra cousa, senón invadir territorios, que non se sitúan no seu continente (o que tiña que ser era non poder ser tocado en seu territorio polos conflitos), destruíndo poboacións, para facer prevalecer os seus intereses de dominio impiedoso, para a súa expansión comercial e de influencia, sempre coa suprema xustificación, na punta da lingua, para espallar a democracia ou a perseverar (parece que estamos a ler un texto da expansión dos descubrimentos de novas terras, do século XV/XVI, en que se xustificaba a colonización, pois era para expandir a fe católica). Tal entón como agora, eran e son xustificacións absurdas e mentireiras.
Falamos das súas “invasións”, desde a Guerra da Corea ou do Vietnam, en que de ambas, saíron sen gloria, no entanto, escoaron o material de guerra que tiñan en stock, se desfixeron de certos continxentes de súa poboación que consideraban problemáticos.
Despois, seguiron para o Oriente Medio e fixeron o mesmo, con mentiras sobre mentiras, como as das bombas de destrución masiva, buscando con esas xustificacións, que todos recordamos inexistentes, unha vez máis, escoar material de guerra por un lado, e coa perspectiva das súas empresas de reconstrución gañaren un fabuloso pastel coa recuperación do que os seus exércitos destruíron.
Unha vez máis negocio redondo. Recordemos o Iraq.
Reparemos que as empresas de produción de material de guerra americanas, estaban cos seus almacéns plenos de stocks, das súas producións e, así, tiñan a necesidade de imporen ao goberno de quenda, que resolvese o problema. E como os gobernos son seus empregados atentos e submisos, este puxo mans ao traballo, impondo a compra de armas, aos seus socios á forza, da OTAN.
Máis, os obrigou a aumentaren os seus gastos militares, para alén do que xa estaban contratados.
Polo menos por estas razóns, non estiveron interesados en parar a invasión, con negociacións posíbeis, a tempo e horas e, que permitisen chegar a un acordo, entre a Rusia de Putin e a Ucraína, con vista a unha solución salomónica.
Claro, isto sucede por dúas razóns principais; a primeira, para conseguir coa estratexia deseñada polo seu secretario de estado (americano), de acordo comandado polas empresas de armamento, a venda de material de guerra e, a segunda, pola sustentación no goberno da Ucraína, do seu respectivo presidente, aí colocado polo réxime Israelita, que é outro sustentáculo do poderío imperialista da América do Norte.
Este deseño, característico do seu imperialismo, se ten vindo a suceder, por todo o lado e, só tivo que dar orde a Bruxelas, para que todos se axeonllasen e, cumprisen, mesmo contra os intereses das súas poboacións, impondo sancións a Rusia, sancións esas que terían implicacións nefastas para a vida dos Europeos. Aquí como sempre se impos as ganas despóticas do shériff americano. A submisas Europa a todo aplaudiu e participou, pois, non é nada máis que “a voz do dono”.
Xamais os señores imperialistas americanos, quixeron saber se os europeos tiñan posibilidades de resistir a cortes de fornecementos dos varios subministros que dependían da Rusia. Pois, eles americanos si que o eran. A Europa que se arranxase e, até podía ser que os americanos puidesen vender como intermediarios materias e combustíbeis aos europeos, sería “como cun tiro matar varios coellos dunha vez”.
Máis un negocio redondo, vendendo seu gas e petróleo a prezos moi máis elevados do que o facían e, aínda os europeos, consideraban un xesto de apoio e auxilio na circunstancia.
Máis, até lles permitiu, resolver con outra estratexia, de novo perfil colonialista, o bloqueo de petróleo á Venezuela, pasando a cómpralo con prezos impostos e, de saldo. Se tratou dun negocio de oportunidade, que está explotando a seu belo pracer.
Se pregunta:
Mais, se pregunta: a economía dos Estados Unidos da América vai ben?
Na intriga esta pregunta, pois, segundo consta non parece, nin fulgurante, nin necesaria.
A pesar da señora Secretaría de Estado do Tesouro Americano, Janet Yellen (velaí presidente da Reserva Federal Americana – O seu Banco Central), afirmar no Congreso que “estamos entrando nun período de transición dunha recuperación histórica a outro que pode estar marcado por un crecemento estábel e constante” e continúa “O presidente lle cabe facer desta mudanza unha peza central do seu plano, para controlar a inflación sen sacrificar os beneficios económicos que temos conseguido”.
Mais, será isto que se está a pasar nos Estados Unidos da América?
É correcto que a economía americana se recuperou algo, desde a pandemia –“recordemos que esta, estivo ao nivel da situación equivalente as maiores crises da década de 1930 e, peor que aquando da gran Recesión de 2008” – mais queremos deixar claro que de modo algún pode ser cognominada como un éxito como o fixo a tal señora Janet Yellen, pois, de histórica nada. Nin tan pouco en termos relativos con outros países.
O que está a existir, por exemplo, a nivel de emprego, mesmo mostrando os datos manipulados como é habitual, (algo moi copiado en España), a taxa oficial do desemprego está en valores moi baixos, mais o que non se di é nada é da calidade daqueles. Que son precarios, a tempo parcial, de baixos salarios e por temporadas.
Alí, como acá, campea a manipulación desmedida e falsa. Acontece que despois, da pandemia máis americanos volveron a traballar, mais como a súa produtividade é moito máis baixa, a produción non atinxiu o nivel desexado. Isto quere dicir, que a produtividade por traballador está lonxe do habitual e, como tal, o crecemento global, é débil e continuará débil. A resultante desta situación, se fai sentir en custos do traballo máis elevados e como consecuencia, se veñen as marxes de beneficios minguadas.
Se fixésemos un gráfico cos datos coñecidos, veriamos a liña dos custos cruzando a de as produtividades elevándose aquela, mentres a de a produtividade, baixaba, aproximándose a valores inferiores a cero.
Se nos reportarmos aos datos fornecidos polo Banco Mundial, así como aos economistas da OCDE, “estamos realmente perante o risco de estainflación, en medio dunha forte desaceler Xa algún tempo, prognosticamos, esta situación dunha estainflación, só non nos atrevemos a estimar a súa duración. O que sabemos e o estamos a sentir na pel, é que quen realmente sobre as restricións á Rusia son os europeos e máis aínda imos sufrir, chegando o inverno.
Todo isto, para un país imperialista, como a América do Norte, satisfacer as súas necesidades dunha diversión, que pode ser real ou ficticia, para que o seu pobo, encontre unha xustificación de que é o maior do mundo, o mais rico o máis … calquera cousa que queira e, faga unha piña, en torno ao seu goberno, e aquí ten que, o alibi encontrado, hai sido a invasión da Ucraína pola Rusia, coa dobre vantaxe, venda de armas aos seus socios e, a “futura” restauración do destruído, a que serán só admitidos, a tal cometimento, como sempre, as empresas americanas.
É que o pastel é para quen o sabe repartir ou ten poder para tal.
Pobres ucraínos e pobres europeos, pois, temos que estar de xeonllos a encomiar o patrón Americano.
É realmente unha triste figura, dun cabaleiro triste…
Se el primero en comentar