A IGM lamenta a total eliminación da programación sobre memoria na Deputación de Pontevedra

A plataforma, que agrupa a asociacións de memoria de todo o país, solicitou por rexistro unha entrevista co presidente, Luís López, para pedir a reactivación das actividades sobre a materia

Por Iniciativa Galega Pola Memoria

Malia anunciarse a continuidade do departamento, en doce meses apenas transcenderon sendas entrevistas coa Fundación Bóveda e Castelao, sen resultado ningún, e a presentación dun libro de memorias xa contratado polo goberno anterior

A Iniciativa Galega pola Memoria, que engloba a asociacións memorialistas e culturais de todo o país, vén de presentar no rexistro da Deputación de Pontevedra un escrito solicitando unha entrevista co presidente do organismo, Luís López, a fin de instalo a recuperar a programación sobre memoria que se viña realizando nos últimos anos e que ficou totalmente paralizada desde a súa chegada á presidencia.

A plataforma lamenta que a celebración do seu primeiro aniversario como presidente non puidera incluír ningún balance nesta materia xa que, segundo o transmitido á opinión pública, as únicas actividades realizadas en doce meses foron sendas entrevistas coa Fundación Alexandre Bóveda e a Fundación Castelao, das que non transcendeu consecuencia ningunha, e a recente presentación dun libro de memorias dun fuxido, xa contratado polo goberno anterior. Malia que, tras a constitución do goberno provincial, no 2023, anunciouse a continuidade do departamento e fíxose público que o lideraría o deputado pontevedrés Rafael Domínguez, non han transcendido nin as súas liñas de traballo nin os resultados da labor desempeñada neste período polo funcionariado adscrito.

A IGM agarda que, no que resta de mandato, a Deputación de Pontevedra recupere as liñas de traballo que a converteran nunha referencia na loita polo dereito á verdade, á xustiza e á reparación que consagra o dereito internacional, e que no período anterior se viñan realizando man a man co movemento memorialista.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.