A guerra esquecida (crítica de La guerra contra las mujeres)

Por Angelo Nero

“Non é doado escribir estas letras arredadas da preocupación viral destes días, porque a mente lisca, fuxe a territorios nos que a incerteza e o medo imperan. Mais dándolle unha volta, se acaso algo si teñen que ver, porque o maltrato do corpo da muller como arma de guerra vén sendo unha criminal pandemia esparexida en todo tempo e lugar  na patriarcal historia da Humanidade; porén, tan só tras as estarrecedoras guerras iugoslavas de fins do século pasado, pasou esta moura temática aos medios de comunicación de masas.”, así comezaba o historiador coruñes Dionisio Perira un lúcido artigo no diario Nós, titulado “Estamos en débeda”, poñendo o foco, nestes tempos nos que semella que non hai máis problemas no mundo que a emerxencia sanitaria que nos azota, na sempre esquecida violencia contra as mulleres exercida como arma de guerra. “Como a cultura da violación non coñece fronteiras, é preciso lembrar que, nunha salvaxe represión nunca recoñecida de xeito oficial, os que humillaron, forzaron e logo asasinaron Anuncia Casado nas Terras de Viana, Carmen Sarille en Montecubeiro (Castroverde), Juana Capdevielle en Rábade e a tantas outras, eran galegos.”

O artigo de Dionisio Pereira animome a mergullarme no corazón das tebras, das máns do periodista Hernán Zin, a través do seu documental “La guerra contra las mujeres” (2013), aproveitando que está disponible nunha coñecida plataforma audiovisual, xunto a outros dos seus interesantes traballos: “Nacido en Gaza” (2014), “Nacido en Siria” (2017), ou o máis recente, “Morir para contar” (2018), que xa reseñaramos nestas páxinas.  Se nas primeiras cintas puña o foco sobre como as sufrían a guerra os máis febles, os nenos, e na última o facía sobre os que a contaban, os reporteiros, neste traballo que nos ocupa Zin quixo mostrarnos, con toda a súa crudeza, recorrendo varios conflictos da nosa historia máis recente, ó longo do mundo, como o corpo da muller é empregado como un campo de batalla, dun xeito sistematico, programado, buscando a humillación do enemigo, a transmisión do medo, convertendo a violación nun arma de destrución masiva, máis sen reconto de víctimas, pois estas mulleres son masacradas ante a total pasividade do mundo.

Durante tres anos, Hernán Zin recorreu varios continentes, recollendo as testemulas de medio cento de mulleres que pasaron polo o inferno e viviron para contalo, convertidas en esclavas sexuales en Ruanda, Sudán, Bosnia, Uganda, Colombia, Congo… un inventario de cicatrices que sangran en cada palabra pois, como apunta o director: “a moitas delas visiteinas unha e outra vez ó longo dos anos, pois a idea era mostras que as consecuencias dunha violación non duran un día, sino que son para sempre.”

Relatos tan terribles como o de Jane, que foi secuestrada e violada brutalmente cando era aínda unha nena, na guerra do Coltán –a tan esquecida guerra mundial africana-, “Os ruandeses evaronnos á selva, golpearonnos ó longo do camiño. Cando chegamos ataronme a unha árbore. Ián e viñan cando estaba atada. Violabanme, orinaban sobre mín, metíanme paus… ignorando as miñas suplicas, o meu dolor…”. O o de Leila, a miles de kilómetros de distancia, na guerra de Bosnia, que foi violada por decenas de soldados serbios, durante tres anos, e que, pese a tan terrible experiencia “siguen adiante coas súas vidas, loitando, sorrindo, con pasión, con valentia. Son seres humanos dos que se tiña que falar moito máis nos medios”,  cómo ben dixo o director.

Impresionante tamén a testemuña de Denis Mukwege, o Doutor Milagre, xinécologo congolés que en 2018 recibiu o premio Nobel da Paz polo seu traballo na rexión devastada pola guerra de Kivu, “Creo que se isto continua é porque o mundo garda silencio. Cando todas as mulleres do mundo entendan que as súas compañeirs están sendo destruídas e eliminadas sin razón rebelaranse e dirá: non ás atrocidades cometidas contra as mulleres, non ás violacións, non á tortura de mulleres por intereses económicos. Entonces os homes baixaran a cabeza.” Durante os últimos vinte anos, o doutor Mukwege tratou a máis de 50.000 mulleres e nenas violadas, facendo ata dez ciruxias diarias, e mesmo foi ameazado de morte en varias ocasións por facer denuncia pública desta noxenta práctica de guerra.

Hai extimacións de que poderían ser ata 200.000 as mulleres violadas na guerra do Congo, ás que hai que sumar as 60.000 que foron agredidas sexualmente na guerra civil de Sierra Leona, as máis de 40.000 en Liberia, as 60.000 en Yugoeslavia, e as miles de mulleres e nenas de Uganda, Colombia, Afganistán, Irak… O denominador común a todas elas é a impunidade, a pasividade das autoridades mundiales ante o uso da muller como campo de batalla, e que debería ser considerado como un dos mallores crímenes contra a humanidade.

O traballo de Hernán Zin quizáis non sexa o máis doado para levar estes tempos de confinamento, nos que quixeramos evadirnos da realidade que nos rodea, máis non está de máis aproveitar para botar unha ollada a outras realidades que, desgraciadamente, levan tanto tempo silenciadas, como a guerra contra as mulleres.

Como apunta Hernán Zin: “o silencio non axuda. Tralo silencio parapetanse os agresores.


Tú eres nuestra única fuente de financiación. Con tu ayuda podremos seguir ofreciéndote nuestros artículos:

Ayúdanos a seguir con Nueva Revolución

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.