![]()
A vitoria de Mamdani, é o exemplo, perfectamente acabado de que non existe de antemán, ningunha guerra que se poda considerar perdida, sen se ter ido debidamente a pelexala.
Por Jose Vieira | 12/07/2025
“Sempre parece imposíbel até que se consegue”
Son palabras de Nelson Mandela, que son consideradas como esenciais para continuar unha loita sen treguas contra a implantación de novo o fascismo da extrema dereita mundial, favorecida polo actual presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
Volvemos a falar de Zohran Mamdani, que pode ser un excelente exemplo, para os partidos que teñen en súas bases e, as practican de verdade, os dereitos e as garantías dos cidadáns e, como tal procuran afastar para sempre as principais razóns das desigualdades sociais.
Volvemos a este tema, aínda que agora o enfoquemos para outras liñas xerais, porque cada vez vemos menos activos e talvez até cansados, para non dicir desmotivados os dirixentes dos partidos máis sociais europeos.
Diremos mesmo que o adianto da extrema dereita é de tal modo forte e ben estruturado, que eses tal elementos considéranse xa derrotados antes de pegaren nas pensas de guerra.
A vitoria de Mamdani, é o exemplo, perfectamente acabado de que non existe de antemán, ningunha guerra que se poda considerar perdida, sen se ter ido debidamente a pelexala.
Por iso, abrimos este con as palabras de Mandela, que venceu o que de verdade estaba de antemán perdido, polo menos para a maioría da clase negra do apartheid da África do sur.
Realmente, nada se debe perder, sen unha loita persistente e responsábel en que predomine o interese colectivo, sobre os escuros intereses moi particulares, que moitas veces afastan os fins colectivos.
Aquel novo gañador de soamente 33 anos, na noite de 24 de xuño deste ano de 2025, as seguintes palabras que traducimos do seu respectivo discurso:
“Temos gañado, porque os neoiorquins teñen defendido a cidade que poden permitirse. Unha cidade en que poden algo máis que loitar”
Este mozo político, o que fixo durante o período de preparación da súa campaña, foi promover a unión dos cidadáns desta cidade, barrio por barrio e estar en permanente contacto cos mesmos, ouvindo as súas queixas as súas necesidades e as súas ambicións.
A súa campaña non foi illada e só, el levou toda a poboación a participar, na súa campaña, sendo unicamente o condutor dese gran autobús da implicación da poboación de tomara a seu cargo o camiño que desexaba seguir.
Non foio unha campaña, onde o único esforzo presentado para gañar as eleccións, era como de costume a cantidade de millóns de dólares de doazóns dos empresarios que despois ían cobrar o respectivo investimento nas obras e nos fornecementos á cidade, com os respectivos intereses.
Estes procuran que esta cidade lles de realmente a oportunidade de con o seu traballo, aínda que duro, lles permita pagar a hipoteca, que lles permita poder mandar os seus fillos para o colexio e seguir unha carreira universitaria. Que teñan unha cobertura de verdade de saúde, sen teren que se empeñaren de cada vez que algún elemento da familia ten que ser internado nun hospital.
É este o segredo desta vitoria, pois, este foi o programa do demandante que gañou as eleccións mais si a súa aposta en ser a poboación que se empeñou en levar a efecto este programa dunha futura administración.
Claro que os nosos actuais elementos políticos que defenden o pretenden defender os dereitos e as garantías dos cidadáns, na Europa, en que vivimos, nin cren, que se deben loitar contra as desigualdades sociais, pois, son elementos estábeis dunha burguesía estabelecida, nun chanzo de vida sen calquera dificultade de presuposto, e como tal realmente a súa implicación en conseguir mellores condicións de vida, dos seus electores, é realmente superficial.
No actual estado da sociedade é necesario unha preparación desde o inicio dunha candidatura sexa a que chanzo sexa, debidamente programada e sobre todo persistente constante e, sen fallos, non pode haber hiatos de implicación, pois, como di o noso bo pobo, “hai que comer todos os días”. E isto é o que non interesa ou non quere o presidente dos USA.
Como no seu discurso tras ter ganancia as eleccións Mamdani afirmou: “somos un partido en que loitamos polos traballadores sen pedir perdón”
Aquí deixamos a mensaxe de que é necesario xente nova, que queira dar a volta “a tortilla” de modo en que esta se coma, cunha persistencia constante e continúa e que se parta de base coas aspiracións reais da organizacións populares.
Se el primero en comentar