A esencia do ser

o existencialismo se opón tanto ao racionalismo como ao empirismo, estando estes centrados na valoración da razón como principio transcendental. Está tamén en contra a hexemonía da razón como fundamento de reflexión filosófica

Por Jose Vieira

Somos contemporáneos no seu país, no auxe das contestacións contra o poder estabelecido.

Nese espazo de tempo e, en especial do continente Europa, que ocorreu ao final dos reaxustamentos políticos, tamén un “tsunami” pasou pola cabeza dos europeos.

“O home é libre porque non ten nin necesita de ningunha determinación allea, por virtude da estrutura pre-consciente da consciencia”

Este era unha das expresións, que corrían nos varios encontros, que se sucedían no París de entón.

Mais non só, pois as dúbidas eran constantes e, se buscaban respostas que nin sempre eran non só aceptadas, mais servían para crear máis necesidades existenciais.

Que estaba a acontecer por entón?

Estaba a se implantar dunha forma máis xeneralizada unha corrente filosófica, literaria e artística en xeral, que decorría das inquietudes dos filósofos, uns cristiáns e outros agnósticos, así temos:

– Filósofos cristiáns: Soren Kierkegaard, Gabriel Marcel e León Chestov.

Como precursores destes os escritos de Blaise Pascal e sobre todo o ruso Fiódor Dostoyevski.

– Filósofos agnósticos:Karl Jaspers e Albert Camus.

– Filósofos ateos: Friedrich Nietzsche, Martin Heidegger, Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir.

(Notas: 1) pretendemos centrarnos en Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir e en Albert Camus,

2)tamén hai varias traducións de textos desde o francés que son de nosa responsabilidade)

Aínda durante a Segunda gran Guerra Mundial, o século XX, o ano de 1941, un conxunto de intelectuais, funda en París un grupo clandestino, titulado de “Socialismo e Liberdade”, tendo nomes que ficaron célebres no mundo como, Simone de Beauvoir, Maurice Merleau-Ponty, Jean-Toussaint Desanti, Dominique Desanti, Jean Kanapa e claro Jean-Paul Sartre. Eran na altura estudantes da Escola Normal de París (*École Normale).

Contamos unha anécdota, moi coñecida, cometida por un deses membros, enriba referido, consta así: “na primavera de 1941 Jean Desanti, nunha reunión do grupo, suxeriu cunha vehemencia feroz, que o grupo pasase a asasinar os máis destacados colaboracionistas co réxime de Vichy, que era o que gobernaba entón a Francia, sobre as ordes do réxime nazi de Hitler. Suxerindo en especial a Marcel Déat. Entón Simone de Beauvoir, sinalou que sería unha misión imposíbel dado que ningún deles era capaz de fabricar e lanzar granadas. Así se abortou a idea dos atentados”.

Posta esta anécdota como ilustrativa de que había grupos que reaccionaban dunha forma estruturada contra o poder.

Dentro deste grupo, enriba referido, nas décadas do final da Segunda Guerra Mundial do século XX, toman unha importancia esencial no desenvolvemento da filosofía e da coherente posta en cuestión dos poderes estabelecidos, as figuras de Jean-Paul Sartre, súa compañeira de toda a vida Simone de Beauvoir e Albert Camus (conforme referimos na nota).

Antes mesmo de darmos unha resumida biografía de cada un imos tentar uns apuntes sobre o que é o existencialismo.

Nunha primeira abordaxe, o existencialismo se trata dunha corrente filosófica que considera, (en trazos moi simplificados), que non existe unha natureza humana predeterminada e que é a liberdade de consciencia, de elección de accións o que produce certa revelación e creación de sentido.

Así, “O home é libre porque non ten nin necesita de ningunha determinación allea por virtude da estrutura pre-consciente da consciencia”.

A súa base está centrada nunha visión filosófica sobre o propio suxeito.

Ao pensar que a existencia humana é un fenómeno situado, entón se propoñen estudar a propia condición da existencia, en termos das súas posibilidades.

Por outro lado, para os existencialistas, a existencia precede a esencia e como tal o ser humano é libre e independente de toda a categoría abstracta. Isto implica que a liberdade debe ser exercida con responsabilidade individual implicando a plena consciencia das decisións das accións individuais inflúen no entorno social.

Podemos desde xa avanzar, que desde as súas primeiras formulacións, o existencialismo se opón tanto ao racionalismo como ao empirismo, estando estes centrados na valoración da razón como principio transcendental. Está tamén en contra a hexemonía da razón como fundamento de reflexión filosófica.

Antes de nos centrarnos no tema central do existencialismo, queremos dicir que dunha perspectiva deste movemento, a experiencia humana xamais poderá estar condicionada a tornar como sendo un absoluto, o pensamento racional, pois, este nega a subxectividade ás paixóns aos instintos, que son tan humanos como a propia consciencia.

Centrémonos en o tema central do existencialismo

Deste parágrafo, podemos extraer que a súa oposición ao positivismo, lle retira ao existencialismo o carácter antiacademista.

Non podemos deixar de reflectir que esta corrente filosófica, logrou persistir a moitas outras, que foron xurdindo de forma contemporánea. Puntualizando, o existencialismo, foi por algúns detractores, como unha moda, que xurdiu nun momento dunha gran crise de contestación, entre outros temas do poder, como enriba referimos.

Así tamén esta estrutura filosófica, xorde igualmente tamén como unha reacción contra a filosofía tradicional.

Non estamos de acordo cando se di que esta ten un carácter vivencial, pois, nos parece moi máis do que iso, a pesar de discutir e propor solucións a problemas que son inherentemente da condición humana.

De entre destes, podemos indicar o absurdo de vivir, o significado ou o non significado do ser, os problemas existenciais das guerras, a noción eterna do tempo, a liberdade quere sexa metafísica quere física, a relación entre o home e o deus home, a fe, o agnosticismo e o ateísmo, a natureza humana e, como non, a vida e a morte.

O existencialismo, pretende encontrar solucións que sirvan e resolvan os problemas inherentes a propia condición humana, tales como: o absurdo de vivir, a significancia e a insignificancia do ser, a problemática das guerras, a liberdade, o problema da eternidade do tempo, ou sexa o problema da metafísica e da física. A natureza do home a dicotomía entre o deus e o home, e como non a vida e a morte.

Quere Sartre quere Camus, viviron durante a Segunda gran Guerra Mundial do século XX, e puideron constatar, presencialmente a decadencia quere ética quere moral, fundamentados en valores abstractos como súas probas.

Queremos deixar, no entanto, a idea de que esta filosofía, que procurou encontrar unha xustificación para a comprensión do individuo e a súa existencia, non foi xamais un corpo teórico homoxéneo.

Nota biográfica de Jean-Paul Sartre:

O seu nome completo era Jean-Paul Charles Aymard Sartre, nacendo en París en 21 de xuño de 1905, falecendo igualmente en París no 15 de abril de 1980.

Da súa formación académica, resaltamos: Lycée Henri IV, Escola Normal Superior de París, Cours Hattemer, Liceo Louis-le-Grand e Universidade de París. Foi un grande purista da lingua e un excelente escritor, sendo galardoado co Premio Nobel das Letras, pola Academia Sueca, rexeitando a súa aceptación por cuestións ideolóxicas.

Practicou os xéneros da novela, o teatro, o ensaio e a crítica literaria.

Recomendamos a lectura das seguintes súas obras, “O ser e o nada” e a Náusea, logo se despertará en cada un o desexo de querer coñecer máis deste grande filosofo.

Foi sempre coherente coas súas ideas até a súa morte. Foi un dos grandes apoios das xuventudes nas famosas contestacións do maio de 68 en Francia, cuxa influencia se estendeu por todo o mundo occidental.

Nota biografía de Alberto Camus:

Este filosofo foi dramaturgo, un grande periodista, que naceu en Dréan, na Alxeria, en 7 de novembro de 1913 que ao tempo era unha colonia francesa. Veu a falecer en Villeblevin en Francia a 4 de xaneiro de 1960. A súa formación filosófica, correu sobre forte influencia dos filósofos alemáns Schopenhauer e Nietzsche e de máis existencialistas dese país. Naturalmente foi influenciado por Sartre e Franz Kafka, por Samuel Beckett en súa dramaturxia.Veu a ter problemas de convivencia con Sartre xa ao final da súa accidentada vida.

Súas principais obras: O home rebelde, A morte feliz, A caída, O mito de Sísifo, O Estranxeiro, A peste e Calígula.

Deixamos para un próximo texto unha abordaxe da enorme figura que foi Simone de Beauvoir

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.