A destrución da saúde pública gratuíta a favor da privada so para quen a pode pagar

Ribera Salud, posúe xa neste momento 16 hospitais e 74 centros clínicos, diseminados por todo o país. Representando, un número de camas da orde das 3.600

Por Jose Vieira | 8/12/2025

É necesario que a poboación se decate de que os partidos de dereita, Partido Popular e Vox, están a preparar e, por iso a desmantelar, o goberno actual, que a pesar das corrupcións internas, dalgúns dos seus militantes, oportunistas e deshonestos, que parecen estar ao servizo dos partidos enriba referidos e non dos que forman a coalición actual de centro/esquerda.

A primeira semana do último mes do ano de 2025, saltou unha noticia, amplamente informada, por algúns dos órganos de información menos manipulados polo Partido Popular e por Vox.

Así segundo pode indagar o periódico “El País”, o CEO da empresa Ribera Salud, xestora do Hospital Público (construído e equipado, cos diñeiros de todos os españois), o señor Pablo Gallart, deu instrucións aos seus diversos directores, para realizaren menos intervencións cirúrxicas, e non aceptar pacientes ou procesos non rentábeis, todo isto, para poder gañar entre 4 a cinco millóns máis.

Igualmente se referiu a ordenar que aumentaren as listas de espera, do respectivo hospital, para poderen incrementar, tamén por esa vía, os beneficios empresariais.

Nun audio a que tiveron acceso o medio de comunicación social referido, este mesmo xestor, refire, que a empresa tiña feito un grande esforzo, entre os anos de 2022 e 2023, para reducir as listas de espera, o que ocorría, tras a crise de Covid 19, e que agora era altura de, en súas palabras que transcribiremos “o único que pido é que desfagamos ese camiño”, o que significa o que enriba referimos como sendo aumentar as listas de espera.

Explicando, este mesmo señor, que aumentar as listas de espera, gastaría menos en intervencións, non necesitaría de tantos profesionais nin de tantos recursos dos máis diversos materiais.

Nos servimos desta información do periódico “El País”, así como da restante comunicación social, coa respectiva venia de agradecemento.

Tratase dun negocio, para a empresa Ribera Salud e, por conseguinte o que é necesario é aumentar o seu EBITDA.

Para que se teña unha idea, do tamaño desta empresa, no dominio económico en que elimina o DEREITO UNIVERSAL E CONSAGRADO NA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, para o converter nun NEGOCIO, extraordinariamente rentábel, á custa de retirar o dereito á saúde da poboación española, patrocinado, polo Partido Popular e, en particular, polo seu presidente o señor Feijó, así como, polo seu socio o señor Abascal do Partido Vox.

Así este grupo, Ribera Salud, posúe xa neste momento 16 hospitais e 74 centros clínicos, diseminados por todo o país. Representando, un número de camas da orde das 3.600.

Este grupo empresarial, presenta un desenvolvemento en termos de facturación, cos datos dispoñíbeis e, referidos a 2023, da orde dos 900 millóns de euros.

Reportándonos a un dos seus hospitais, Povisa, situado na cidade de Vigo, esta empresa, teoricamente dispoñen dun gravame de prestación de servizos a cerca de 139.000 persoas da área sanitaria desa cidade.

Esta explotación empresarial, é unha actividade sen o menor risco (o que debe ser un dos atractivos dun certo negocio – o risco), para ser un autentico seguro, onde o único obxectivo do SERGAS, non é prestar asistencia sanitaria a súa poboación, mais si, GARANTIR UN BENEFICIO CORRECTO, SEGURO E SEN CALQUERA RISCO, PARA A EMPRESA RIBERA SALUD.

Non queremos deixar de referir un artigo, de Angel Paniagua en la “Voz de Vigo”, en que afirma que este centro privado, manterán uns ingresos que lle irán garantir a súa estabilidade financeira por dez anos más.

Tamén recibirán máis diñeiro, do Sergas en concepto de reforzo para fármacos, pois, segundo a empresa, este hospital recibe enfermos que necesitan de medicación cuxo custo é elevado.

A explicación destes abonos paralelos, se teñen porque o SERGAS, pagada á POVISA (que pertence ao grupo Ribera Salud), programas especiais de farmacia para alén dos concertos estabelecidos.

Mais, esta empresa descubriu co SERGAS unha mina, que lle permite aumentar as participacións daquela, baseadas en que estou a atender un exceso de enfermos.

Se rexistraran ingresos extraordinarios de 12,6 millóns de euros, desde o ano de 2013, mes de maio.

Esta situación está recollida nunha sentenza, que a empresa obtivera a seu favor, por virtude do exceso de enfermos, antes 125.000 e agora 139.000.

Segundo sabemos este hospital desta empresa, só consta ter un único ano en que rexistrou perdas financeiras, de cerca de 1,9 millóns de euros, o ano de 2010. Parece estraño, pois, coincidía co ano en que terminaba o anterior reparo.

Na actualidade os beneficios deste hospital se cifran en máis dunha decena de millóns de euros.

Deixando de parte este insoportábel caso de complicidade dos partidos que están a desmantelar a Saúde Pública, o Partido Popular co seu principal dirixente e responsábel señor Feijó, acompañado co seu “xefe ideolóxico” o señor Abascal, para darmos unha nota sobre o maior grupo de empresas de saúde privada en España, o designado grupo QUIRÓN.

Este grupo, é posuidor e xestor de 57 hospitais, de 128 Centros Clínicos e un número de camas de 8225.

En próxima oportunidade falaremos máis detalladamente sobre este grupo.

Non podemos deixar de referir que é unha certeza absoluta que se instala no goberno un goberno de coalición ou non, entre o Partido Popular do señor Feijó co Vox de Abascal, a xeración que nos precederá só será tratada, de calquera enfermidade, se tiver diñeiro en efectivo, para pagar na “boca da caixa do hospital o centro onde recorra”, o prezo de súa saúde.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.