A busca do voto dos mozos

Así que temos como tarefa urxente motivar e dar apoio decidido e oportuno aos mozos, para que estes por falta de apoios, non teñan a tentación de imitar os seus ancestrais, que por razóns case sempre económicas de dependencia, se tornen unha nova xeración de extrema dereita, nin teñan que continuar buscar o seu futuro fóra da súa terra.

Por Jose Vieira

Non temos a certeza absoluta, mais os números estadísticos non acostuman ser moi enganosos, o que realmente acontece normalmente é que a súa interpretación, deriva demasiadamente dispar, de acordo cos intereses particulares de que os le.

Así, o que estamos a ver e a constatar estatisticamente, un pouco por toda a Europa, é o abandono das persoas máis mozas, de toda a participación na vida política, dos seus entornos máis próximos e, como consecuencia, dos seus países.

Por outro lado, tamén o que se verifica igualmente e, agora por toda a Europa, é un vento quente e estimulante, que acerca os votos, como que arrastrados por esas condicións atmosférica a unha dereita, que cada vez máis se aproxima a unha extrema dereita, que diriamos que está despertando o monstro do peor fascismo posíbel.

Na actualidade, como non podía deixar de ser, doutra maneira, esa onda avasaladora dunha dereita que camiña aceleradamente para o extremismo, é como que unha epidemia que vai lastrando por todo o sub continente Eurasiático.

Mesmo os propios partidos que se din de defensores da social democracia, non son outra cousa do que dereitistas avergoñados. Véxase o caso do SPD alemán. Se hoxe estivese no poder Hitler na Alemaña os membros deste partido dito, de social democrático, verían que o seu certo lugar era seren nacionais socialistas (apaniguados do señor Hitler).

O mesmo acontece coa Suecia, que sempre tiña o coidado de ser un país de grandes referentes do socialismo democrático, pasou deliberadamente para unha forte dereita, con tendencia moi pocuo sociais (para non dicir peor).

Recordemos o grande dirixente e defensor do bo estado social que foi Olaf Palme, que foi asasinado e, que até hoxe non son líquidos os responsábeis polo seu asasinato.

Nin vale a pena falar da extrema dereita do goberno da Polonia así como da Hungría, pois, nin sequera son democráticos nin respectan os dereitos humanos…, no entanto, quen goberna a Unión Europea, ve sen si inmutar, a violación dos máis elementais dereitos humanos deses países e os premia cos diñeiros do PRR (os fondos de retoma económica da Europa).

Unha autentica vergoña para todos os demócratas europeos, pois, ese goberno da EU, soamente os hai penalizado de forma testemuñal.

Véxase a Italia, antes un certo gardián da democracia e da liberdade, do tras segunda Guerra Mundial (coa eliminación do socio fascista do eixe, formado pola Alemaña, a Italia e o Xapón, que era o goberno italiano de Mussolini), hoxe ten un goberno dunha señora que procesa os ideais do retorno ao fascismo do seu admirado Mussolini.

Non nos podemos esquecer o esforzo imposto por o goberno americano a todos os seus socios da OTAN, para fornecer material de guerra e prolongar a guerra entre a Rusia invasor e a Ucraína, sendo esta gobernada por un goberno que promulga e exerce unha política de exclusión social que faría envexa ao goberno de Hitler (véxase o noso artigo “Apuntamentos sobre a política que impón Zelensky na súa Ucraína”).

No entanto a EU, non só fornece equipamentos militares sen límites para que cada vez haxa máis mortos dun lado e do outro da contenda, cando pode ser evitada a guerra, mais os Estados Unidos da América do Norte querían vender e eliminar os excesivos stocks de armas de que dispuña as grandes empresas de armamento.

Mas deixemos por momentos, a mancha que se propaga dunha forma imparábel ou iso parecer do fascismo na Europa, para falar dun conxunto de razóns que parece ser os motivos de ser polas votacións que se están a encargar de facer esta viraxe a extrema dereita fascizante.

Estamos perante unha Europa en que a súa poboación está moi envellecida, que de certo modo pensa que os movementos que poidan ser de democracia e liberdade, os leven a ter que recortar o seu nivel de vida, pois, estes se encargarían de diminuír as diferenzas sociais.

Este é unha síndrome moitísimo espallado e, moi ben cultivado e divulgado entre as capas, máis anciás, polos partidos de extrema dereita. É unha lacra que está a percorrer toda a Europa como dunha epidemia de peste se tratase.

Igualmente estes están dicindo dunha forma masiva que os mozos non ten oportunidades, pois, os partidos que pretenden diminuír as diferenzas sociais, lles van retirar as oportunidades de poderen encontrar o seu lugar ao Sol.

Por outro lado, o desenvolvemento da economía na Europa, está nunha fase de case estancamento, para non dicir nunha crise en tránsito para unha situación desta inflación.

Tamén temos unha taxa de natalidade moitísimo baixa, dada as dificultades dos mozos, en encontrar un lugar “neste vale de bágoas”.

Coas poboacións máis envellecidas, é moi difícil das convencer, pois, a súa permeabilidade a novos conceptos e cambios de pensamentos, para os cales non están debidamente preparados.

Por outro lado, podemos ver que algúns dos referentes de determinados partidos, que tradicionalmente eran de esquerdas, hoxe por razoes que pensamos ser problemas de idade e, non doutra índole, se posicionan en cuestións vitais, facendo declaracións, que farían envexa a calquera teórico de extrema dereita, tracioando todo o seu pasado.

Mais o peor nestes casos é que con discursos de “facer chorar as pedras da rúa”, intentan manipular as poboacións e, gravísimo que a comunicación social, lles dunha atención desmedida e intoxiquen a mente pública cos seus discursos, que só podemos considerar de dementes.

Tamén podemos ser máis suaves e, dar a saída e fuga a tales arautos do apocalipse, pois, tamén pode ser que sempre estiveron equivocados, cando asumían valores socialmente de esquerda. O diaño que se decida e conclúa.

Así que temos como tarefa urxente motivar e dar apoio decidido e oportuno aos mozos, para que estes por falta de apoios, non teñan a tentación de imitar os seus ancestrais, que por razóns case sempre económicas de dependencia, se tornen unha nova xeración de extrema dereita, nin teñan que continuar buscar o seu futuro fóra da súa terra.

Así temendo esta ameaza, o primeiro ministro portugués, Antônio Costa, avanzou un conxunto de medidas de apoio aos mozos, un autentico regalo a estes que irá por certo, inverter o sentido do pensamento de grandes maiorías das xentes de capas máis novas.

Nesas medidas estes mozos poderán encontrar apoios para as iniciativas que desexen emprender, así como para facilitar a formación das súas habilidades profesionais.

Imos indicar algunhas desas medidas:

– Exención o primeiro ano a traballar, do IRS (até aos 35 anos)

– Cabaz de alimentos a 0% de IVA até ao fin do ano

– Devolución de matrículas do ensino superior

– 17.000 casas para arrendamento controlado para mozos

– Créditos para a vivenda, bonificados con xuros estábeis

– Pases gratuítos para todos os mozos en todo o país até aos 23 anos

– Na cultura, volve a ser aumentado o cheque libro

– En lecer, quen concluír a escolarización obrigatoria recibirá un pase que permitirá ficar unha semana na rede de Pousadas da Xuventude e catro billetes de viaxe da Compañía Portuguesa de Camiños de Ferro.

Cremos sinceramente que é un bo comezo para que os mozos, pensen que é sendo sinceramente social, fraterno e solidario, que se pode triunfar por si propio e afastar dunha vez para sempre eses golpes de extrema dereita como os perpetrados ultimamente polo señor de extrema, extrema dereita e ultra (até parece neofascista), que repara no nome de José Maria Aznar e seu “criado” un tal Feijóo

Haxa bo senso amigos mozos e, “fin a explotación da brigada do reumático”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.